Joám Luís Ferreiro Caramês

Joám Luís Ferreiro Caramês

Ferrol, 1962 Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Realizou dúas campañas como observador en barcos de pesca para o I.E.O (Instituto Español de Oceanografía) en Terranova e unha terceira no océano Indico. Impartiu varios cursos para FORGA de formación medioambiental. Desde o ano 2005 traballa como Asistencia Técnica na Confraría de Pescadores de Barallobre (Fene). Na actualidade é delegado da Sociedade Galega de Historia Natural- Ferrol. Tamén é coordinador da comisión nacional de pesca do BNG.