Iso que chamamos propiedade
Nestes días aciagos (máis para uns que para outros), é difícil non lle dar voltas na cabeza a mil e unha cousas. A primeira, que estamos dalgún xeito a constatar a categoría da especie humana, grandiosa en moitos casos, ruín e miserábel non poucas veces. Son os extremos entre os que abalamos a maioría porque quimicamente puros e puras non somos ninguén.
Repítese con frecuencia nas redes sociais e na prensa que, despois disto, o mundo xa non será o que era. Concordo ou non, que diría don Mariano. Dunha banda, tivemos (pasado futuro) moito tempo para reflexionar e decatármonos do que é verdadeiramente importante na vida. Doutra banda, a memoria é efémera, sobre todo se non nos interesa lembrar os malos momentos. Mais cómpre matizar.
Entre a xente “normal”, antes da catástrofe, xa había moita secuestrada polo consumismo e a ambición, manipulada con sofisticados métodos polos maiores inimigos da humanidade, o deus Capital e os seus servidores. E tamén existían xa persoas empeñadas en mudaren as cousas, á procura dun outro xeito de poboar a terra. Daquela, as mentes non se van mover por imperativo da lóxica obxectiva, senón pola súa lóxica persoal, a que lles dita o que é a felicidade.
Mais quero pensar que moita xente cambiará de carril porque, se non acreditásemos na posibilidade de rectificarmos a historia como nos recordou Carvalho Calero, estaríamos declarando que non somos máis que un produto biolóxico, incapaz de actuar con liberdade, fatalmente determinados a seguir a ruta que nos sinala a propia natureza ou esa segunda do consumismo.
Como nos tempos máis duros da recesión económica, nos días en que uns padecían os desafiuzamentos e a indixencia mentres o goberno se dedicaba a rescatar bancos, a seguir os ditados da mal chamada Unión Europea, coido que o remedio só pode vir da investigación ao servizo das persoas e o medio ambiente, e do campo recuperado, rehabitado e rehabilitado. Para iso sería preciso revisar o concepto de propiedade. Até que punto somos donas de ter casas derrubándose e terras ermas mentres hai persoas sen o mínimo con que vivir?
Tampouco podemos posuír o ar que respiramos todos e todas. O impacto ambiental de producir e transportar produtos lonxe e desde lonxe, por moita riqueza que xere para o gran capital, non se pode xustificar. Tampouco a explotación dos máis débiles. As esmolas, por grandes que sexan, non poden ocultar esta realidade. Os grandes imperios teñen a cor do sangue. É o sistema e, para sermos competitivos, din, hai que xogar na mesma liga.
De que nos vale ser competitivos se o único que facemos é engordar o xigante que nos engole? É o sistema, si. A tarefa para o día seguinte é cambialo. Precisamos outro mundo. Nun espazo de liberdade, David ten que derrotar a Goliat. Co xigante a comandar o rumbo da terra, todas e todos estamos mortos.