50 aniversario de “Memorias dun neno labrego”

50 aniversario de “Memorias dun neno labrego”
50 aniversario da saída do libro "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. Acto de celebración do cincuentenario. O máis vendido entre os mellor vendidos. Saído do prelo na Arxentina un 5 de xaneiro, do ano 1961. Medio século despois da súa publicación, a obra de Xosé Neira Vilas despachou 600.000 exemplares, foi traducida a 14 idiomas, entre eles o chinés, o ruso, o alemán ou o inglés, e coñeceu 31 edicións, a máis recente a que, co gallo da conmemoración dos 50 anos do texto, Galaxia ofrece coa cuberta orixinal de Luís Seoane.