Xarabal
Daquela, os estudantes estaban organizados en ERGA ( Estudantes Revolucionarios Galegos), e editaban unha revistiña, tirada a multicopista, que locía o nome de XARABAL.
XARABAL : Nome mariñeiro, que debeu orixinarse na terra
Veño de avistar unha lancha no porto de Cangas do Morrazo co nome de, XARABAL.
Iste nome lévame a lonxanas lembranzas dos tempos do antigo instituto de Cangas, instalado por primeira vez na praia de Rodeira.

Un XARABAL, na linguaxe mariñeira , é un cardume de peixes pequenos, ou, como di o diccionario de Estraviz : “ Pequena bandada de peixes que se comprime ante a presença dum perigo”.
Na idea dos criadores da revista debía remoer a idea de seren a expresión da xente mais nova do estudantado galego; a mocidade estudiantil dos institutos de ensino medio daquel tempo.
Eran tempos duros aqueles,o franquismo estaba dando os últimos chicotazos, cando tiña acontecido o expediente e desterro a terras gaditanas do noso querido compañeiro, o catedrático de literatura FRANCISCO RODRÍGUEZ.
Aquel inicuo feito, conmoveu ao “xarabal” de alumnos do centro que se “comprimiram” e “expandiram ”ante a presença do perigo represivo , e conseguiron, a forza de movilizacións o retornog do seu profesor.
Mas, voltando á nosa teima etimolóxica,supomos que a orixe da palabra XARABAL ,estaría nun, SARABAL, que nos levaría a unha relación coa terra adentro , co ambiente labrego; unha terra de SEARAS ou SEMENTEIRAS.
Un SEARAVAL ,sería unha terra chea de SEARAS do mesmo xeito que entendemos un ROZAVAL como un monte de “rozas”, e un BASTAVAL ( Campanas de BASTAVALES…de Rosalía ),na verdade, sería unha variación dun BUSTABAL, ou terreno cheo de “bustos” ou curros para o gando.
SEARAVAL > SARAVAL > XARABAL
Por tanto, o que na terra é unha sementeira de pan, ou SEARA, será no mar un XARABAL ou nacenza de peixiños novos.
XARABAL; precioso nome para un barco galego e fermoso chamadeiro para unha revista que aspiraba a tempos millores para o noso País !