Voto útil é botar ao inútil
Pois outra vez estamos en campaña, e desta volta a cousa pinta interesante, xa non digo pola chea de cores no que se presenta o panorama político do Estado Español, senón como se respira o ambiente; confusión, crispación e medo, sobre todo medo.
Dende moi cativa, sempre escoitaba aquilo de "nas municipais vótase á persoa e nas estatais vótase ó partido". Fíxenme maior e a día de hoxe aínda non entendo nada dese mantra. Nada. Séguese pensando e facendo o mesmo e non aprendemos nunca. Aínda que o tema cambiara un pouco, eu faríame unha pregunta moi simple, dende as últimas estatais cantas veces se falou de Galiza? Eu non o lembro. Suponse que Galiza está representada na Corte Española, pero teño que facer verdadeiros esforzos para lembrar. Ben, si, a veces lémbranse de nós polo marisco barato, pero pouco máis. Si a estas alturas da vida crer que o voto útil é o de "votar o mal menor" é que entón non entendemos nada, "votar ao mal menor" é votar á carcomancia, é seguir empantanados, é seguir esquecidos. Obedecemos ou morremos no esquecemento.
O Estado español ten candidatos ós que ningunha empresa chamaría para unha entrevista de traballo, e con isto xa resumo bastante os representantes políticos de hoxe en día. Vivimos nunha aparencia de democracia, nunha democracia transversal cibernética, penso que si poderamos viaxar ao pasado e lle preguntaramos a un cidadán de Atenas que vivimos nunha democracia, rise de nós outros dous mil anos máis.
Os clásicos PP/PSOE e agora C´s e Vox nunca se preocuparon nin se van preocupar polo que Galiza precisa, para iso non hai que facer ningunha análise profunda, á vista está. En canto a quen sí dicían que Galiza iba estar presente no Congreso, que o ían revolucionar todo, que con eles chegaba o gran cambio... catro anos tiveron para demostralo, pero dedicáronse a facer o que lles mandaba o seu xefe de Madrid e, ou para lucro persoal, loitas de poder, repartos de carguiños, etc, onde vai que última tempada de xogo de tronos aquí xa se estreou, a única diferenza e que no canto de dragóns hai dinosauros.
Catro anos perdidos, catro anos nos que moito teríamos feito, catro anos nos que Galiza estaría no mapa. Mais temos catro anos máis por diante para recuperar a nosa voz, para que os verdadeiros problemas dos galegos e das galegas sexan escoitados, catro anos por diante para recuperarmos en xeral deste debacle. Precisamos unha voz que nos garanta a resolución dos nosos problemas, e non se pode pór en dúbida que esa voz só a ten o BNG. Somos autónomos, non temos amos, só saímos adiante a base de traballo, traballo e traballo. Precisamos máis que nunca e urxentemente esa voz no Congreso para condicionar as políticas dos gobernos do Estado.