Un Dia da Patria cada vez máis grande
Despois de 51 anos da primeira convocatoria do Día da Patria na Alameda de Compostela, pasadas as graves dificultades dos primeiros anos de represión e xa normalizado como o día no que o nacionalismo galego reivindica a nación, puidera parecer que non é nada máis (nin menos) ca iso: unha cita de nacionalistas para autoafirmarnos berrando Galiza Ceibe e logo xantar xuntas para celebrar o noso día nacional cunha enchente de actividades de temática patriótica.
Porén, para calquera que leve uns anos asistindo o 25 de xullo a Compostela é apreciable que non se trata dunha xornada meramente ritual que repita as mesmas fórmulas unha e outra vez. O Día da Patria medra cada ano. Talvez non se aprecie dun ano para outro, pero si se facemos unha panorámica máis dilatada no tempo.
A diferencia dos actos institucionais que se fan este día e o tratamento que se lle dá nos medios - isto é, cada vez máis baleirado de contido-, o Día da Patria que celebra o nacionalismo é cada vez máis rico e diverso. É evidente que fago referencia a que a nosa é unha loita cada vez máis transversal, mais non só.
Damos por sentado que a nosa loita nacional está atravesada pola loita feminista, a lgbt, a ecoloxista, a obreira, etc. Sería moi doado enunciar isto sen máis, deixando estas reivindicacións como accesorias, simples reclamos para incorporar diferentes sensibilidades ao proceso de liberación nacional. Pero isto non é así. A maneira na que funciona o noso movemento, sempre o dixemos, é a de facer país, é construír un país que está por chegar. A nosa nación, a que reivindicamos e pola que loitamos, é moito máis que a Terra que temos ante os nosos ollos, é un edificio que construímos pedra a pedra e para o cal non hai atallos.
O Día da Patria é unha boa cita para observar como se atopa este proceso de construción porque é un día cargado de discursos, publicacións políticas, debates e, non menos importante, un día no que persoas de puntos diversos do país establecemos contacto e partillamos impresións sobre a política, actualidade, militancia, etc. E o que se percibe é como a Patria, lonxe de ser un fetiche é, malia as dificultades, un edificio de cada vez mellores e máis firmes alicerces.
Isto estase a conquerir non só actualizando e incorporando novas reivindicacións, senón trenzando maxistralmente todas as ramas que xa o conforman.
Por exemplo, o nacionalismo popular tiña claro desde o principio que a loita social e a nacional eran a mesma no noso país, pero fixo falla un traballo político de anos para, por unha banda, elaborar unha teoría sólida e, pola outra, progresivamente, executar este principio na práctica. Fíxose maxistralmente e, aínda así, segue a ser un traballo do presente actualizar a teoría e seguir a loitar na práctica.
Pois do mesmo xeito debe acontecer co resto de loitas transversais á loita nacional. Podemos saber que son tamén a nosa loita e podemos berralo ben alto, pero é un proceso de anos dotármonos de teoría e de coherencia práctica para que finalmente poida ser trasladado eficazmente ao conxunto da sociedade. Coido que a ninguén se lle pasa por alto que unha área onde este traballo está a realizarse maxistralmente é na loita feminista, percíbese nos discursos e nas publicacións políticas que saen este día.
Mais, con carácter xeral, o que me atopo cada novo 25 de xullo (e esta é a idea da que quería falar), é cunha xornada cada vez máis completa en canto aos seus contidos. Percibo como van solidificando ideas que se cadra hai anos eran máis vagas, como algunhas consignas que antes non tocaban nun día coma ese agora son berradas por todas; e namentres isto continúe a ser así e sigamos enriquecendo o corpus teórico do nacionalismo á vez que o materializamos con coherencia práctica, o horizonte dunha Galiza ceibe estará cada vez máis preto.