Ter orgullo de nos e do noso

Ter orgullo de nos e do noso

Na nosa nación existen unhas titularidades que non son nen públicas ,nen privadas ,que son os montes veciñais en mán común .Son estas unhas titularidades comunitarias perteñecentes a veciñanza comuneira ,non entendida como ente administrativo ,senón como grupo social .A dia de oxe ,en toda Europa(comunitaria ou non ) , non existe este tipo de titularidade .Somentes existen en Galiza e Portugal .

Que estas titularidades singulares chegasen na nosa nación ate o dia de oxe ,foi debido a resistencia,primeiro da sociedade labrega rural e logo da veciñanza comuneira, a perdelas .En toda Europa ,no século XIX , dominada polo pensamento económico liberal ,estas terras comunitarias foron privatizadas .No Estado Español ,as clases dominantes tamén o intentaron mediante as leixes desamortizadores derivadas da Constitución de Cadiz .A resistencia da sociedade labrega rural na defensa das suas terras comuniarias ,impedeu esta privatización .O mesmo que a loita da veciñaza comuneira no último terzo do século XX,recuperou os montes veciñais ,usurpados 40 anos antes pola dictadura franquista .

Esta resistencia da sociedade labrega rural e da veciñanza comuneira ,non lle saiu de balde .Nesta resistencia por non perder as suas terras comunitarias padeceron multas , cadea , emigración e mesmo mortes (Coirós-Mazaricos 22/Xaneiro/1963) .Os galegos e as galegas de oxe , temos que estar orgullosos de esta loita de resistencia dos nosos/nosas antepasados .Debido a sua loitas ,os montes veciñais en mán común son unha realidade cargada de futuro e non unha reliquia do pasado .

Oxe-en dia ,intereses capitalistas , especulativos e urbanisticos teñen planificado a privatización destas terras comunitarias .Estes sectores económicos non aceptan a existencia de unhas terras situados fora do tráfico do comercio ; e moito menos aceptan que estas terras sexan xestionadas democráticamente pola veciñanza comuneira .O Partido Popular , non somentes ampara este obxetivo destes sectores económicos , senón que tamén pretende a remunicipalización dos montes veciñais en mán común .Para comprobar estes obxetivos ,somentes fai falla votarlle unha ollada as últimas leixes aprobadas ( Axencia Galega da Industria forestal , lei de promoción de iniciativas empresariais , lei de Acompañamento ...........)

Non pode estranarnos o interés de estes sectores alleos ao monte veciñal , amparados polo Partido Popular en privatizar e remunicipalizar os montes veciñais en mán común .Por decilo de un xeito sinxelo ,vailles no soldo .E mais dificil de entender a manobra que estan a facer certas iniciativas españolas (que beben da chamada nova política que creo que a denominación correctga e Política 2.0) ,introducindo na nosa nación a equiparación dos montes veciñais en mán común cos bens comuns e comunais que existen na sua nación .

Monte comunal e monte veciñal non son sinónimos .Os primeiros son de titularidade das distintas administracions públicas , e a titularidade dos segundos son da veciñanza comuneira .En Galiza practicamente non hai montes comunais ( sobor o 4% do territorio ) ,hai montes veciñais (sobor o 33% do territorio) , No Estado Español practicamente non hai montes veciñais (alguns en Asturias e Zamora ) , o que hai son montes comunais . Son pois situacions diametralmente distintas .Polo tanto , introducir en Galiza este debate confuso ,situa ,conscente ou inconscentemente , aos promotores de estas iniciativas en obxetivamente aliados dos intereses captitalistas , especulativos e urbanisticos e do Partido Popular , xa que axudan a conseguir o seu obxetivo , a desparación dos montes veciñais en mán común .

E ainda moito menos se pode entender que se fomente esta confusión ,nada inocente ,por medio de xornadas e actos organizados e/ou financiados por concellos (non todos gobernados pola dereita) , por entidades culturais galegas e mesmo por algunhas comunidades de montes .Tirar pedras contra o proprio tellado , achanzarlle o terreo ao enemigo , non semella ser unha postura intelixente .Defender o monte veciñal con orgullo e defender o noso ,xa que o monte veciñal en mán común e outra forma de pusuir que temos os galegos e as galegas ; e unha seña de identidade da nosa nación .

Nos momentos actuais no que no Estado Español ,gobernado pola dereita española ,apoiado pola esquerda española clásica e coa postura da nova esquerda española de porlle unha vea a deus e outra ao diaño ,estase profundizando na recentralización do Estado (aplicación do artigo 155 a Catalunya , posta a debate do cupo vasco) ,sentir o orgullo de nos e do noso , e unha ferramente imprescindibel .E o monte veciñal en mán común e de nos e noso.