Tempos disruptivos
A palabra "disruptivo" está cada día máis presente. Trátase dun termo utilizado para cualificar aquelo que produce unha ruptura brusca, xerando un cambio determinante. As tres megatendencias disruptivas que están a revolucionar o mundo que coñecemos son: a perentoria necesidade de protexer o planeta, os novos aspectos socio-demográficos e a tecnoloxía.
As tendencias medioambientais relacionadas tanto coa sostibilidade das actividades económicas e sociais como coa emisión de gases de efecto invernadoiro van a marcar pautas de futuro. Por unha banda a necesidade de camiñar cara a economía circular, relacionada tanto co aproveitamento de recursos (baseado na redución e reutilización de residuos), como co emprego de materiais que minimicen o impacto medioambiental; e por outra banda, a descarbonización ou redución ate a eliminación das emisións de gases de efecto invernadoiro nos procesos produtivos.
Fálase moito en materia de mobilidade do abandono da combustión cara a enerxía eléctrica, pila de hidróxeno ou demais tecnoloxías non contaminantes. Pero primeiro hai que ter en conta que a produción desas enerxías ten que ser renovable, é dicir, que non vale por exemplo queimar carbón para producir electricidade. Ademais debemos saber que a mobilidade eléctrica non é una novidade, e foi posta en marcha antes que a de combustión. Máis o problema foron sempre as baterías, un tema no que non se avanzou moito porque non interesaba aos lobbies petrolíferos. Ademais un coche eléctrico ten un 90% menos de pezas que un de combustión, o que implica tamén menos complexidade e polo tanto menos avarías.
As tendencias socio-económicas e os cambios demográficos fundamentais da sociedade actual - tales como o avellentamento da poboación e a irrupción da clase media en países emerxentes como China ou India - están cheos de aspectos a considerar. Aínda que estas tendencias soen ser lentas, a existencia de novas xeracións dixitais están a aceleralas moitísimo. Irrompen tamén a economía colaborativa, o cambio demográfico (descenso de nacementos e incremento da esperanza de vida), a personalización de produtos e servizos e os hábitos de vida e consumo saudables. Pero tamén irrompen negros nuboeiros.
En marzo de 2016 a columnista do Washington Post, Anne Applebaum, publicou un artigo que condicionaba o futuro de occidente ao resultado de tres acontecementos electorais que terían lugar tras a publicación do mesmo. Applebaum explicaba que a tormenta perfecta daríase si gañaba o Brexit en xuño de 2016, en novembro Trump nos EEUU, e un ano despois Marine Le Pen en Francia. Isto último non se deu pero pola contra chegou Bolsonaro ao Brasil e ademais a onda da ultradereita non para de crecer en Europa.
O que está claro é que nos atopamos ante unha profunda crise democrática: por un lado a democracia representativa está a ser cuestionada, e a democracia participativa non está nin se lle espera. Hai dúas circunstancias clave nesta crise da democracia. A primeira é que a cidadanía séntense cada vez menos representada e sen estímulos para esa representación. Os individuos automarxínanse da política clásica e dos seus mecanismos formais e decídense, no mellor dos casos, por participar na vida político-social a través doutras canles ou enfocándose en determinados intereses globais ou locais. A segunda é que o exercicio da democracia representativa deixou de interesar ás persoas máis dinámicas e vai quedando cada vez máis en mans dunha poboación desanimada e temerosa do presente e do futuro. Vense indicios claros de que aos votantes estalles a importar máis a seguridade que a liberdade. Así perdeuse o medo a votar a partidos e líderes demagóxicos que non destacan polos seus valores de respecto á democracia. Estes líderes falan sen pudor de racismo, de deportacións en masa, de torturas a persoas e animais, de supremacía xustificando a violencia machista, de liberdade (esta si) de portar armas ou da defensa de sistemas autocráticos entre outras perlas. O cambio de paradigma económico, laboral e social, provocado polas tecnoloxías disruptivas, xerará unha elevada tensión e sensación de inseguridade. Esta crispación favorecerá a manipulación, que é un dos puntos máis febles da democracia.
Os aspectos positivos da tecnoloxía, por exemplo a democratización do acceso a información, farán contrapeso antidemagóxico diante dos aspectos negativos, e isto provocará unha contradición na que viviremos nos vindeiros anos. Agardemos que a capacidade de control social da tecnoloxía da información poda facer que se impoña ao final unha maior calidade democrática con cambios relevantes no modelo actual de representación.
Por último as tendencias tecnolóxicas que son na maior parte dos casos o catalizador doutras tendencias determinarán un futuro marcado pola tecnoloxía cloud, o big data e a analítica, pero tamén influirán o internet das cousas, o blockchain, a ciberseguridade, a realidade virtual e aumentada, a automatización, a robótica ou a intelixencia artificial.
Tocounos vivir nun mundo que cambia a unha velocidade nunca vista antes noutras revolucións sociais. A mente humana funciona linealmente polo que diante dun crecemento exponencial como o que está a suceder, as persoas non chegan a entendelo nun 90% o que dificulta a comprensión da capacidade disruptiva dos acontecementos ao ser humano. Non queda outra que adaptarse, máis non vai ser doado.