SODOMA. Poder e escándalo no Vaticano
Hai un principio universal que di que todo o que hai na natureza é natural. A xerarquía eclesiástica apela con frecuencia ao que chama e entende como "lei natural" dun xeito restrictivo para arremeter precisamente contra o que é natural. Claro que como dixo Albert Einstein a Ciencia non ten nada que ver coa relixión e non paga a pena perder o tempo en tratar de explicarlles estas cousas aos que din que creen que Xesucristo naceu porque unha pomba fecundou a súa nai emulando o relato clásico do nacemento de Venus, onde Saturno fecunda ao mar. ¿Que problema hai en que Xesucristo, que era home, fose concibido como todos os humanos?
Se Deus fixo ao home a súa imaxe e semellanza ¿por que se lle nega a diversidade sexual de acordo coa lei natural?, porque se a natureza é diversa é dentro desa diversidade onde entran as catro principais tendencias sexuais coas súas derivacións: homosexual, heterosexual, bisexual e asexual.
Ven esta introdución a propósito dunha lectura de verán, o traballo de investigación que leva por título "Sodoma. Poder e escándalo no Vaticano" do que é autor o xornalista francés Frédéric Martel. Paga a pena de se ler, porque anque un xa sospeitaba da dobre moral de moitos dos xerarcas da Igrexa e mesmo do clero, non se podía pensar que unha institución que basea o seu discurso desde o seu maxisterio en determinados preceptos morais e na verdade, sexa a que ten comportamentos hipócritas e a que máis minte.
Xesucristo como modelo
Chama a atención que sexa homófoba unha institución que fixo de Xesucristo o prototipo de gai ao estilo do mundo clásico, solteiro, ao que non se lle coñece muller e cun discípulo predilecto máis novo, que o acompaña ata a morte, encargándolle á súa nai que o coide coma se fose o seu fillo. Un prototipo por certo adoptado polos prelados gais pois a maior parte da xerarquía vaticana e dos eclesiásticos que están ao seu servizo son, segundo a investigación, homosexuais practicantes, con dobre vida, uns con parella estable ou amantes disimulados por unha relación laboral como asistentes, adxuntos, secretarios e outras clases de colaboradores e protexidos, incluso adoptados.
Hai tamén na cúpula outros homosexuais reprimidos, supostamente non practicantes, os denominados homófilos ou "contrariados", categoría na que estarían os papas Paulo VI, Xoán XXIII, Xoán Paulo II e Benedicto XVI. Os dous últimos, rodeados de homosexuais, fixeron dos seus pontificados unha cruzada homófoba que só se pode entender como un resentimento do que eran eles mesmos. A gran teoría de Ratzinger, e tamén o gran fracaso, foi que os homosexuais estaban chamados á castidade, sobrevalorando aos homosexuais abstinentes e condenando aos practicantes.
Agora tamén sabemos que a maior parte do clero é homosexual e que a súa homofobia en público é unha pose, o escudo co que pretenden tapar a súa dobre vida. Se o caso de Marcial Maciel, fundador dos Lexionarios de Cristo foi un exemplo sorprendente de hipocresía, vivía con dúas mulleres, tivo varios fillos, abusador dalgún dos seus vástagos e de seminaristas, mentres que na organización por el fundada non se permitía aos rapaces que foran de visita sen ir acompañados para evitar posibles relacións sexuais.
O caso do cardeal colombiano Alfonso Pérez Trujillo, que ordenaba aos paramilitares eliminar aos cregos de esquerdas, e obrigaba a que lle puxeran unha alfombra vermella para baixar do seu luxoso coche cando ía de visita a unha igrexa, é patético. Era coñecido como o cardeal condón e Coitus interruptus polas súas cruzadas homófobas e en contra do uso do preservativo, o curioso é que se sospeita que morreu de sida.
Un bispo e varios curas proporcionábanlle rapaces que captaban para el na rúa e levábanllos ao seu piso secreto. Tiveron que retiralo a Roma onde morreu e onde o enterraron despois de percorrer máis de cen países na procura de rapaces para meter na súa cama. Ía ás parroquias, aos seminarios, ás comunidades relixiosas a buscalos, abordábaos sen preámbulos e dun xeito violento. Obrigaba aos seminaristas a ceder ás súas proposicións. A súa especialidade eran os novicios, os máis fráxiles, os máis novos, os máis vulnerables, aínda que se deitaba con todo o mundo e con moitos prostituos. Hoxe téñeno enterrado na catedral de Medellin rodeado de velas acesas como se fose un corpo santo. ¡Noxento!
O máis rechamante é que tanto Marcial Maciel como Pérez Trujillo eran amigos persoais de Xoán Paulo II, gozando da súa protección, da do seu asistente persoal Stanislaw Dziwisz, e da dos cardeais Angelo Sodano, secretario para as relacións cos Estados e Joseph Ratzinger. A este papa, que foi un teatreiro, misóxino, homófilo e encubridor de abusadores, faltoulles tempo para facelo santo. Cando morreu xa sabían que o ían a canonizar pois quitáronlle o sangue para gardalo e repartilo como reliquias como vin nun relicario posto no altar que ten dedicado na catedral de Xerez.
Tipos e tipoloxías
Ao final da súa investigación Martel establece cinco perfís principais ou modelos de purpurados e cregos en relación coas súas preferencias sexuais: a "virxe louca",mestura de ascetismo e sublimación onde estarían algúns dos papas recentes; o "esposo infernal", consciente da súa homosexualidade pero que teme vivila, oscilando entre o pecado e o arrepentimento, non se aceptan nin se recoñecen como gais e móstranse homófobos; a "louca por amor", o tipo máis frecuente, compartido por moitos cardeais e cregos, son monógamos, con parella estable; o "Don Juan pipé", que son aqueles que van tras dos homes, algúns cardeais e bispos non se reprimen, ligan sen complexos, danlle o número de teléfono a rapaces da garda suíza e seminaristas, e por último o sistema da perversión ou das redes de prostitución, que empregaban os cardeais Alfonso Pérez Trujillo, que rexeitaba para a cama aos prostitutos indíxenas e negros, regateáballes o prezo a pesar de ser rico e cando remataba zurráballes; a "Montgolfiera" e "Platinette", alcumes de dous cardeais dos que o autor non da os nomes "por misericordia", que tiñan a un "xentil home da Súa Santidade" que utilizaba a outro intermediario, un nixeriano da coral do Vaticano, que creou para eles e outros cardeais e bispos da curia unha rede de seminaristas gais, chaperos italianos e prostitutos estranxeiros e un terceiro intermediario que facía de gancho recrutando especialmente a migrantes que precisaban permiso de residencia.
Tamén di o autor que hai unha escasa porcentaxe de cardeais asexuados e castos, heterosexuais que teñen relacións segundo algún dos modelos anteriores pero cunha muller e os depredadores onde coloca a Marcial Maciel.
As regras de Sodoma
Á vista das informacións recollidas e desenvolvidas ao longo do libro Frédéric Martel establece as seguintes regras como conclusións:
1. Durante moito tempo o sacerdocio foi o lugar ideal para os rapaces homosexuais. Na Igrexa os homosexuais séntense seguros.
2. Conforme se ascende na xerarquía a proporción de homosexuais aumenta.
3. Canto máis forte é a obsesión homófoba dun prelado máis posibilidades hai de que sexa gai e practicante.
4. Canto máis progai é un prelado é menos susceptible de ser gai.
5. Na Santa Sé a cuestión gai está detrás dos rumores, as difamacións, os axustes de contas, as vinganzas e o acoso sexual.
6. A cultura do secreto necesaria para ocultar a homosexualidade na Igrexa, propiciou a ocultación dos abusos sexuais e a actuación dos depredadores. Os xerarcas temen que se denuncian poidan saír á luz as súas inclinacións homosexuais.
7. Os cardeais, os bispos e os cregos máis pro gais e os que falan pouco da cuestión homosexual, xeralmente son heterosexuais.
8. Na prostitución romana entre os curas e os chaperos árabes danse dúas miserias: a frustración sexual dos cregos faise eco na restrición do islam, que pon trabas aos actos heterosexuais dos rapaces musulmáns fóra do matrimonio.
9. Polo xeral os homófilos do Vaticano evolucionan desde a castidade á homosexualidade. Os homosexuais nunca fan o camiño inverso para volverse homófilos.
10. Os cregos e os teólogos homosexuais son máis propensos a impoñer o celibato que os seus colegas heterosexuais, a pesar de que a castidade é intrinsecamente antinatural.
11. A maioría dos nuncios son homosexuais, pero a súa diplomacia é esencialmente homófoba. Denuncian o que son. Canto máis viaxeiros son os cardeais, bispos e cregos, máis sospeitosos acaban sendo.
12. Os que propagan rumores sobre a homosexualidade dun cardeal ou dun prelado soen ser homosexuais disimulados que atacan aos seus adversarios liberais. É a principal arma usada no Vaticano por uns gais contra outros.
13. Non busquedes quen son os compañeiros dos cardeais e dos bispos; preguntádelle aos seus secretarios, aos seus asistentes ou aos seus protexidos e pola súa reacción coñeceredes a verdade.
14. Con frecuencia equivocámonos respecto dos amores dos cregos e ao número de persoas coas que teñen relacións "porque equivocadamente interpretamos amizades como enredos, o que é un erro por adición", pero tamén porque custa imaxinar amizades como enredos, que é outro tipo de erro, neste caso por substración.
En definitiva, entre o clero alto e baixo, a homosexualidade é a regra, e a heterosexualidade a excepción. Despois de ver este tipo de comportamentos hipócritas un chega a concluír que fornicar non só non é pecado senón un exercicio moi saudable e conveniente para o equilibrio emocional e psicolóxico.
Nun artigo anterior á saída do libro, dicía que seguramente seguindo as directrices do Vaticano, a Conferencia Episcopal Española por boca do seu voceiro, José María Gil Tamayo, que tivo unha estrea confusa e pouco afortunada co tema das opcións sexuais e de xénero, dixo que pretendía prohibir o acceso dos homosexuais a estudiar nos seminarios e eu preguntaba cal sería o procedemento para a tal pescuda sen vulnerar a Constitución e a intimidade dos aspirantes ao sacerdocio. Agora xa o teño claro. Dentro da institución sobran entendidos.