Si Verín fora Pekín

Reducción presupuestaria, recortes de persoal , desaparición de áreas sanitarias, colapsos en urxencias provocado polo deterioro da atención primaria..etc… dez días é o tempo que lle leva China facer un hospital, os mesmos que precisa o señor Feijoo pero para conseguir o contrario.
O PP leva intentado convertir a sanidade pública nunha parcela de negocio dende sempre, o señor Feijoo foi responsable do Sergas nos anos 90 cando se levaba a cabo uns dos primeiros intentos privatizadores (as fundacións) e como remataron? Como todo, rescatadas con diñeiro público. Seica a sanidade pública é insostible, polo tanto a xestión privada é moito máis eficiente, a financiación debe ser pública pero a provisión dos servizos debe ser privada.
Como se fai? Pois desmantelámola, deixámola sen profesionais, pechamos camas, aumentamos as listas de espera… publicitamos e convencemos que a xestión privada e infinitamente mellor, finalmente salvámola privatizándoa, e todo é bo principalmente no económico, permitindo que uns poucos gañen moito diñeiro a costa da nosa saúde.
E claro, agora xa entramos en campaña preelectoral, e o presidente da Xunta ten una estratexia ideal para solucionar todos os problemas, destacou fai uns días medidas infalibles como por exemplo; pixamas novos para humanizar os hospitais galegos e escusándose de que os servizos sanitarios son vítimas dunha campaña de desprestixio orquestada pola oposición, podería ser gracioso se non fose dramático, rise moito diante dos nosos peteiros e non se corta un pelo á hora de demostralo.
E como xa demostramos sempre, a unión fai a forza, sempre que saímos a rúa non é por cousa boa e moito máis si nos tocan un dereito tan básico e tan complexo como é a nosa saúde. Galiza sempre dando exemplo, o povo galego sempre disposto a todo, e que tanto o demostramos este domingo desafiando chuvia, vento e frío. Unha mostra clara foi o de Verín, cando nos manexan ao seu antollo non queda máis que poñernos en pé de guerra e expoñendo así a desvergoña deste longo desgoberno.
Por onde perde Galiza? Por onde vai ser, pola Xunta. Un tweet que leín estes días e que me fixo bastante graza se non fose tan real: deterioro da sanidade, deterioro da educación, crise empresarial, crise pesqueira, crise agraria, destrucción da natureza, destrución do patrimonio, emigración, manipulación, pobreza , privatización, precariedade, despoboación e un longo ecétera… e mentras isto siga así como moi ben sabe o señor Feijóo, teranos na rúa noite e día sen descanso si é preciso.