Sen o segundo violín non hai orquestra
Polo pouco que sei de música, nunha orquestra de corda o segundo violín asume sobre todo o papel de apoio ao primeiro violín que é o principal protagonista. Friedrich Engels manifestou en diversas ocasións que a el correspondíalle a función de “segundo violín” sendo Marx o primeiro violín, unha autodefinición que demostra a admiración cara o seu amigo e compañeiro, e a súa disposición para manterse sempre á súa sombra.
A historia semella que asumiu totalmente esa afirmación de Engels sobre si mesmo, pois falamos do marxismo e non do engelsismo; e se comparamos as actividades organizadas en 2018 ao redor do bicentenario do nacemento de Marx coas realizadas co gallo do bicentenario do nacemento de Engels, que conmemoramos neste 2020, a diferenza é abismal.
Engels era un gran admirador de Marx, e empregou a súa boa posición para fornecer ao seu amigo e á súa familia de medios económicos, permitíndolle así poder dedicarse a tempo completo ao estudo do capitalismo e á escrita da súa monumental obra. Pero erraríamos se consideráramos que a única relación entre ambos está nese ámbito, que Engels era simplemente o que poñía os cartos debido á súa condición de industrial desafogado, e que a súa é unha obra menor ou produto exclusivamente do contacto estreito e da influencia intelectual que sobre el exercía Marx.
Sen que iso supoña unha desvalorización da inmensa figura e da voluminosa e importantísima produción teórica de Marx, non é posíbel entender un sen o outro. Habendo produción teórica asinada por cada un de xeito individual e sendo moito maior a de Marx, se nos fixamos nas dúas obras consideradas universalmente como centrais do marxismo, O Manifesto do Partido Comunista e O Capital, nelas hai unha participación de ambos. O Manifesto escribírono conxuntamente por encargo da Liga dos Comunistas; e no caso de O Capital non esquezamos que Marx non tivo tempo de completala e só deu rematado o primeiro libro. Foi labor incansábel de Engels organizar e ordenar o contido dos borradores dos libros segundo e terceiro, dándolles ademais a forma necesaria para facer posíbel a súa publicación; e un traballo dese tipo non tería sido posíbel de non existir unha estreita relación intelectual entre ambos, compartindo datos, reflexións e análises.
A vida de Engels foi contraditoria como a de todo ser humano, e no seu pensamento houbo mudanzas radicais de posicionamento, mudanzas que algúns consideran propias de alguén que non tiña unha liña propia de pensamento, tratando así de escurecer a súa figura e as súas aportacións. Pero se estudamos a súa obra e sobre todo aqueles temas nos que muda de postura comprobaremos que normalmente o que fai é mellorar e afinar as súas análises, en base a un mellor estudo e maior coñecemento da realidade. Exemplo disto pode ser a evolución que se produce no seu pensamento ao respecto da cuestión nacional, froito do seu maior coñecemento de outras realidades, destacando o seu interese pola cuestión irlandesa, interese que o levou a iniciar unha obra sobre a historia de Irlanda que ficou inconclusa.
A súa relación directa coa industria levouno a coñecer de primeira man as condicións laborais e de vida da clase traballadora, e iso ademais de permitirlle fornecer a Marx de informacións e análises baseadas na observación directa da realidade, favoreceu que na súa propia obra dera importancia a determinados aspectos que posteriormente moitos “marxistas oficiais” desvalorizarían considerándoos aspectos de terceiro nivel, o ecoloxismo ou o feminismo son algúns deles.
A súa tendencia á acción levouno a ser un profundo coñecedor das técnicas da guerra, concedéndolle por tanto unha grande importancia á táctica e á estratexia aínda que non empregara habitualmente eses conceptos; advertindo ademais da necesidade de proceder sempre a unha análise das condicións concretas nas que se desenvolve a actuación política, pois as circunstancias mudan e o capitalismo tamén o fai para readaptarse do mellor xeito que pode a elas.
Engels foi criticado, acusado de mecanicista e de vulgarizar a Marx, pero en realidade el o que tiña era unha obsesión por divulgar a obra do seu compañeiro e ampliar a influencia do marxismo entre a clase traballadora. Esa obsesión estaba intimamente relacionada coa conclusión á que chegou de que os procesos revolucionarios e transformadores só poden ir adiante se son asumidos polas maiorías. Nun dos seus últimos escritos (Introdución á edición de 1895 da obra de Marx As loitas de clases en Francia de 1848 a 1850) di “...Alí onde se trate dunha transformación completa da organización social teñen que intervir directamente as masas, teñen que comprender xa por si mesmas de que se trata, por que dan o seu sangue e a súa vida. Isto ensinóunolo a historia dos últimos cincuenta anos. E para que as masas comprendan o que hai que facer, fai falta un labor longo e perseverante. Este labor é precisamente a que estamos a realizar agora, e cun éxito que some na desesperación aos nosos adversarios...”
Sería bo aproveitarmos o bicentenario para recuperar a súa figura, estudando a vida e a obra dun Friedrich Engels que, considerándose segundo violín, cumpriu á perfección o seu papel na orquestra, demostrando que era capaz de acompañar, pero tamén de interpretar como violín solista pezas que enriqueceron o repertorio fundamental do marxismo.