Se precisan cartos que non malgasten
Xa esta ben de tanta ameaza de crise, de recorte e de apertar o cinto polo ben da economía porque eu o único que estou vendo é que mentres eu cada vez teño máis haiche uns cantos que cada día teñen máis a conta dos de sempre.
Anuncian recortes de 10.000 millóns de euros en sanidade e educación porque saben que eses son os piares básicos da poboación maioritaria, piares onde os dereitos eran iguais para todos os usuarios xa que son áreas públicas e gratuítas. Piares que garanten algo de futuro a poboación e por elo nada mellor que empezar a dinamitalos dalgún para seguir tendo controlado baixo o seu manto aos usuarios destes servizos.
Para estes recortes sonche moi rápidos e lixeiros, claro como eles gozan de cobertura sanitaria privada e mandan os seus fillos a colexios concertados que lles importa que pasa co resto mentres teñan garantido o seu soldo a fin de mes, a secretaría, o chofer e a tarxeta para pagar dietas. Pero sen embargo teñen bastante cera nos oídos porque non escoitan as advertencias que están a facer dende varios organismos , como pode ser o FMI que esta a dicir que con tanto recorte o estado español non vai levantar cabeza senón que o van a afundir mentres outros países empezan a crecer. A este paso neste estado o único que se vai poder organizar serán cacerías pero non de elefantes senón de xestores inútiles porque outra saída parece que non nos deixan.
Precisan 10.000 millóns de euros para que a sanidade e a educación non se vexan afectados polos recortes? Pois vamos a darlles varias opción pero vamos a explicarllas de forma clariña ao igual que lle dita Rouco Varela: linguaxe sinxela porque si lle entras con termos técnicos non o entenden:
1. Asignación a Igrexa Católica: 10.000 millóns de euros aproximadamente. O día da toma do bastón do mando xuran moi alegremente coa man enriba da constitución pois xa que tanto lles gusta ese libriño mellor nos iría se o abrisen aló menos por unha vez e lesen un artigo que di que o estado español é un estado laico. Polo tanto si a igrexa precisa cartos que dobren o lombo e traballen como un cidadán de pé, porque inda por riba teñen ganancias sen declarar( esmolas, os cartos dos petos, as ofrendas aos santos, tarifas de vodas, bautismos, comuñóns, enterros, misas,…) e non saben nin salvagardar un códice e rapediño están pedindo cartos para arranxos do seu patrimonio cando un cidadán para arranxar a súa casa ten que págalo do seu peto.
2. Construcuatro : esta construtora da que era socio o deputado do PP Telmo Martín ( agora cedeulle as acción a súa dona) o señor Feijóo acaba de perdoarlle 3 millóns de euros dunha multa que se lle interpuxo dende a Xunta por construír un edificio que invade dominio público marítimo-terrestre de 6 plantas cando sendo el mesmo alcalde deuse licenza de primeira ocupación para 4 plantas máis baixo cuberta, edificio onde ten un gran ático o propio Telmo Martín e outras personalidades populares. Esta multa foi perdoada con aleivosía e premeditación e si a xustiza a anula Feijóo vai dimitir? Pero o grave e que xa non é a primeira que lle pasan senón que esta mesma empresa foi multada por cobrar sobreprezos nas vivenda públicas construídas en Vigo e de 4 socios que ten a empresa so multan a 3 e deixan sen multa a Telmo Martín que era candidato a alcaldía de Pontevedra. Cos cartiños destas multas investidos en Sanidade o una lei de dependencia cantos galegos serían os beneficiados? Milleiros que boa falta fan.
3. Eliminación deputacións: nos tempos que estamos estes organismos deberían ser historia e non centros de caciques e de pagamento de favores con votos, que como claro exemplo temos a deputación de Pontevedra que ven de contratar a máis de 600 persoas durante 6 meses para repartir por todos os concellos, estanche preto as eleccións autonómicas e haiche que ir lembrando a xente quen ten a tixola polo mango que non o fan precisamente por ter as cunetas impolutas.
4. Orzamento exercito: menos andar meténdose en leas estranxeiras que o final o único que están acadando e que a gasolina acade presos históricos e máis mirar polas necesidades deste estado que as hai e moitas , so hai que mirar como quedaron parte das Fragas do Eume.
5. Intereses dos bancos: é indignante ver todo o que esta a acontecer cos bancos, vai sendo hora de empezar a pedir contas e nada de concederlles tantos dereitos pero perdoándolles as obrigas.
6. Conde Roa: tamén lle aplicarán a amnistía fiscal? Inda non se sabe a cifra exacta, pero eses cartiños dan para arranxar uns cantos colexios.
7. Menos privatizacións e máis xestión: nada de privatizar as garderías, os centros de día, …. e menos subvencións a entidades privades e máis xestión eficaz das entidades públicas.
8. Senado, Gürthel, Casa Real, safaris en Bostwana, viaxes a México, subvencións a medios afíns: como o de Santiago Rey, que non fai falla que nos publiciten que fixeron que o día que fagan algo xa nos enteraremos e de forma gratuíta…..
,
Esta so é unha pequena lista de onde se poden obter cartos sen necesidade de andar afogando aos cidadáns, nin sacándolles dereitos básicos como a unha sanidade digna e a unha educación digna, porque un gran non fai palleiro pero axuda ao compañeiro e non aplicando as normas que tanto lle gustan ao goberno do estado español baseado en “salchichas alemanas” e “curasán” franceses e sen esquecerme da Xunta de Galicia que menos porras madrileñas e máis cocido galego.
-----------------------------------------------------------------
[NOTA EDITORIAL.- A responsábel editorial desta publicación dixital, Terra e Tempo, recorda que as valoracións e opinións contidas nos artigos das colaboradoras e colaboradores habituais recaen integramente no ámbito da responsabilidade delas e deles. A directiva non asume como propias máis que as afirmacións do "Editorial" ou de "Xunta Directiva da Fundación Bautista Álvarez" que, con este nome, se publica á cabeza dos artigos do día. Tendo comprobado como é moi elevado o número de lecturas e comentarios dalgúns artigos -cousa que nos honra, naturalmente-, asistimos igualmente a unha utilización espuria da opinión dalgúns colaboradores, facéndoa extensiva á Fundación Bautista Álvarez ou á Unión do Povo Galego, partido que non ten responsabilidade sobre este dixital que edita a Fundación. Insistimos, por isto, en como o dixital Terra e Tempo, respeitando a liberdade de expresión dos seus colaboradores, non fai súas en absoluto as aprezacións particulares, sobre calquera tema, dos mesmos. Reservámonos, claro está, como en calquer publicación similar, o dereito de inserimento dos comentarios que cada artigo merecer, pois non damos nin daremos cabida a aqueles que conteñan insultos ou resulten difamantes ou inxuriantes para persoas, institucións ou organizacións.]
-----------------------------------------------------------------