Salvemos o Castelo de Pambre
Estes días tivemos a ocasión de realizar unha visita ao Castelo de Pambre, e unha sensación de enfado e tristeza invadiunos, ao ollar o seu calamitoso estado. Como é posíbel, tal esquecemento e abandono?. Aquí si sobran palabras para definir o aniquilamento da nosa historia. Chega con abrir os ollos e ver, coma as trabes de rexos castaños e as graníticas pedras dos mestres canteiros, caen a terra perdendo o seu lugar harmónico na soberbia fortaleza. Chega con ollar a ermita, orfa de campas, que outra hora, glorificaban aos aliados de Pedro I, nos seus combates co Enrique II. Pambre respectado polo irmandiños e derruído polos que teiman en matar a nosa historia. Sabendo que así, matan un pouquiño a nosa Nación.
Algún papel tería a mentada fortaleza, para que López Ferreiro, a inmortalizará na súa novela "0 Castelo de Pambre". Novela histórica, que nos achega a unha época fundamental da nosa historia, e que nos fai máis nítido e comprensíbel o noso pasado. Nesta novela, queda patente a inclinación de López Ferreiro por Pedro I, xa que o protagonista é Gonzalo Ozores declarado partidario de Pedro I, así como o seu compromiso con Galiza
O Castelo de Pambre, obra de López Ferreiro, é unha boa novela para achegarnos a historia social da idade media, ao tempo que aporta máis claves para entender a formación da nosa nación, no descorrer do tempo
Como diría, Ricardo Carballo Calero, a novela O Castelo de Pambre refere-se a un momento decisivo na vida de Galiza, cando, rematada a guerra dinástica que enfrenta a Pedro I e a Enrique II, a nobreza galega comeza a renovar-se e a reestruturar-se. Co triunfo dos enriquistas, señores castellanos veñen a Galiza acompañados de escribas, cregos, criados. A língua que utilizan é o castellano. Deste xeito os nobre galegos comezan a imitá-los, co que se encetará unha auténtica desgaleguización.