Róubannos a dignidade, pero temos máis
Represión: acción e efecto de reprimir, conter, deter ou castigar. O termo soe empregarse para mencionar as accións levadas a cabo dende o poder para cohibir certas actuacións políticas ou sociais.
Ben, verdade que este verbo, dito así, soa máis, a réximes ditatoriais? soa a aquel terror branco do que me falaba meu avó, ese período de sometemento á ditadura, dese personaxe chamado Francisco Franco, por exemplo.
Represión: pódese definir en distintos niveis : educativa, laboral, lingüística, económica , sexual, etc… mais aínda que vaia a parecer esaxerada , no século XXI, atrévome e dígoo firmemente que estamos a vivilas todas. Nada cambiou, só que se aplica en distinto grao e forma.
Neste caso, hoxe, vou falar da represión na que estamos sometidas ao noso dereito a manifestarnos, a nosa liberdade de expresión.
Como cada ano asistimos a manifestación do 25 de Xullo, día da nosa Matria, onde miles de persoas tomamos as rúas da fermosa capital Compostelán para esixir e reclamar soberanía, democracia e os nosos dereitos como nación que somos. Día de todas as galegas, o noso día, mais sempre ten que haber alguén que se mantén obcecadamente a nolo arruinar…
Dirixiámonos á Quintana para cubrir co servizo de orde, en concreto tres persoas, cando a metade do camiño párannos dous policías nacionais para querer rexístranos por o simple feito de levar o peto posto coas siglas do BNG. Protestamos e negámonos a ser rexistradas, posto que consideramos que iso non é un motivo coherente, senón abusivo e intimidatorio… en fin, que tras 20 minutos de interrogantes e tras falar estes, con outros da súa casta e un despliegue total, déixannos pasar… aínda nos estamos preguntando hoxe o por que tivemos que pasar por esa vergoñenta e incómoda situación… mentres tanto, nunha pequena vila mariñeira do Salnés; acontecía algo peor, por non dicir delirante …
Un rapaz, vai a celebrar o día cuns familiares, diríxese ao lugar onde quedou con estes, lucindo a Estreleira ás súas costas, cando de repente é increpado pola Guarda civil do estado español . Estes pídenlle que se identifique, s i, así sen máis. O rapaz obedeceu, mais as forzas e seguridade do Estado (que están supostamente para servir e protexer os dereitos e liberdades das cidadás), non lles debeu bastar, posto que lle piden ao rapaz que o acompañen ó cuartel porque o delito que cometeu de extrema gravidade, foi , nas súas palabras, que levaba unha bandeira inconstitucional e que incitaba a violencia … Si, si, léchedes ben: INCONSTITUCIONAL!! O que vos dicía, delirante!!!
Que a Estreleira incita a violencia…? Está claro que todo pensamento / ideoloxía diferente a esta xente e aos que nos gobernan , xera violencia. Ser sospeitoso de independentismo, xera violencia. É un xeito de protexerse como outra calquera … O caso é que xerar violencia é o que fan eles todos os días; manipulando , recortando, impoñendo, subindo impostos, oprimindo ao povo , en definitiva obedecendo á Troika. O que realmente incita á violencia deste goberno traidor e corrupto é, cada unha das súas declaracións e actuacións, empregando o poder para modificar a lei para legalizar o que é delito, fabricando un sistema podre.
Terror e medo son as armas que emprega o Partido Popular para que nos silenciar, coa submisión dos seus cans gardiáns con porra, pistola e placa, que lles dá unha total impunidade á hora de empregar calquera dos seus abelorios cando lles peta, en calquera circunstancia, quitándonos a dignidade.
Descarado é o odio que demostran á liberdade, a democracia, é tan descarado o desprezo que senten pola cultura e a intelixencia dun povo que non o poden esconder, actuando deste xeito prepotente de desquiciante, como resultado.
E que dicir desa bandeira si inconstitucional, que por exemplo vemos nas retransmisións deportivas ( case sempre fútbol) con máis frecuencia nos estadios da capital de España, onde ondean as súas anchas sen que ningún comentarista, reporteiro, etc… reprochen nada? que incita ese cacho de tela cunha aguia estampada? á gastronomía?
Que dicir, deses cristiano-fascistas homenaxeándose a si mesmos, onde ó final da misa os dinosauros asistentes bican a bandeira franquista, sempre primeiro o cura, mentres do órgano saen as notas musicais do seu himno nacional… (Jerónimos, Madrid. 20N)
Exemplos dos cales podería escribir miles, mais estas son as que tanto me chaman á atención ano tras ano, sen que nada cambie…
A nós, por moito que nolo impidan, por moito que lles moleste; seguiremos loitando, resistindo, seguiremos levando a nosa bandeira coa Estrela vermella ás costas, orgullosas dela, orgullosas do noso chan, da nosa terra, do noso país, insubmisas a este sistema que nos oprime cada día que nos erguemos. Cambialo está só nas nosas mans, en mans dos nacionalistas, nacionalistas de corazón, de sentimento…
Non é camiño doado, nin rápido, pero é camiño posíbel.