Resistencia galega
Vivimos tempos moi complexos, nos que nos xogamos máis do que pensamos. Galiza segue sendo a nación do Estado Español con maior febleza do soberanismo, e como consecuencia directa, a que peor está levando unha crise económica que o sistema aproveita para empobrecernos, a tod@s, a pasos axigantados.
A precariedade laboral e o desemprego, leva a que miles de compatriotas non poidan facer outra cousa que sentarse cada día diante do televisor, ou manter unha conta unha rede social. A falta de tempo, froito de traballos con horarios imposibeis, que só permiten traballar e volver a casa cada día, ou a falta dunha renda mínima, que permita as persoas planificar un tempo de lecer de calidade, fai que cada vez, a participación social e política, sexa un luxo en mans de uns poucos, e que o pensamento único triunfe.
Esta situación, que se da máis nas cidades, que nas vilas e aldeas, dificulta en grande medida que a cultura deste País sobreviva, froito tamén do desleixo institucional. Que un mínimo sentimento, de vivir nun lugar que se chama Galiza, esté presente nas persoas que viven nas cidades é cada vez máis difícil, é imposíbel nas xeracións máis novas, que non teñen ningún contacto coa realidade galega.
Diante desta situación, moit@s, que até fai pouco tempo se consideraban seguidores /as do independentismo galego, xa claudicado. Unha nova progresía, chegada de Madrid, con un programa, que cada día que pasa é menos de esquerda, triunfa nas cidades galegas. Xa non teñen o peso de Galiza. É cómodo e escapa de calquera conflicto. Agora son “el cambio”. “El cambio para que nada cambie” e para que Galiza desaparezca do mapa definitivamente. Desde o punto de vista humano todo se pode entender. Moita xente atopou unha forma de ganar un salario, facer curriculum e ser popular, nunhas urbes cada día máis españolizadas. Agora ser españolista está ben visto, non só para sectores da dereita. Agora tamén é “moderno”.
Galiza sobreviviu a “Noites de Pedra” peores, e desta tamén imos conseguir sair, mais non vai ser fácil. O traballo institucional, nos movementos sociais, na loita sindical son importantísimos, pero máis importante que todo iso é o compromiso persoal no día a día. A nosa vida privada é o lugar no que máis política podemos facer a maioría de nós. A hora de dar solución a moitos conflictos ou cos nosos hábitos de consumo.
Tamén se abren fiestras que traen moita esperanza. A crise tamén está obrigando a que moit@s moz@s que non queren emigrar, emprendan a difícil labor do autoemprego. A especialización e a calidade dos productos e servizos novos, que estes/as traballadores/as comezan a por en marcha, poden ser o xerme dunha nova economía para Galiza. No agro, na pesca e o marisqueo, na transformación alimentaria, no coidado e educación de crianzas, na atención a maiores, nas iniciativas relacionadas coa economía verde, na producción e comercialización de todo tipo de productos culturais e artesanais....... Para que calquera negocio funcione, no momento económico actual, xa non vale que todo o mundo se adique a facer de todo, compre especialización, dar servizos e elaborar productos de calidade, que tamén precisan do compromiso, cando menos inicialmente, das mulleres e homes deste País que pensamos que Galiza ten futuro.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.