Quixeran domesticarnos


O nacionalismo galego está a debater o seu futuro, a súa razón de ser, a súa estratexia política, o xeito de se organizar e de actuar no pobo. A convocatoria da XIII Asemblea Nacional do BNG, prevista para o 28 e 29 de xaneiro de 2012, posibilita a plena participación da militancia nacionalista no proceso de debate e clarificación, que definirá a orientación ideolóxico-política da frente patriótica nos vindeiros anos.

Mais paga tamén a pena deterse a analisar o que din de nós. Os outros. Os que están fóra. E non falo da base social ou electoral do nacionalismo. Quérome referir a quen precisamente se ten destacado no combate, no desgaste, na censura, na deformación ou na caricaturización do nacionalismo. Falo deles e do que din de nós, e desta asemblea nacional, dende os medios de comunicación do sistema. Falo das súas apostas e preferencias políticas -que tamén as teñen- en relación cun BNG que puidera ser máis "simpático", menos incómodo para o poder económico e político e, daquela, poñamos, "do seu agrado".

Comecemos, por exemplo, con Carlos Luis Rodríguez, paradigma de "xornalista" especialmente obcecado no ataque ao país, á súa lingua e cultura e, portanto, á quen a defende. As súas obsesións están ben claras:

"Beiras ha salido del capullo, y otros quedan dentro dale que te pego con los principios."

"Otra de las anomalías de la política gallega es que uno de sus partidos fundamentales, la UPG, jamás se ha presentado a las elecciones".

Este individuo, que alterna o seu traballo como moderador "independente" e "imparcial" nos platós da nosa (de momento) televisión pública, co de crítico analista (tan neutro como na TVG) en varios xornais, mostra claramente as súas preferencias internas no BNG (organización que por certo detesta) no recente artigo "Sin novedad en el Parque Jurásico". Non ten desperdicio:

"El nacionalismo gallego es un dinosaurio que arrastra su anacronismo en un país que nada tiene que ver con el que sigue vigente en su imaginario (...). En el nacionalismo gallego (...) prevalece el egoismo de un clan que gana todas sus batallas internas y pierde todas las de fuera. De nuevo ha logrado infundir a las corrientes disidentes con artimañas que demuestran la mestría de la UPG en la intriga. Ni el Beiras jupiterino, ni un Aymerich incapaz de mantener su tienda abierta, son ya un peligro para la casta dominante. El bunker de los dinosaurios resiste los intentos de aprender la lección de las urnas."

,Xosé Rúas, presentado como "analista político" e "experto", opinaba o pasado 22 de novembro dende o "Faro de Vigo":

"Tiene que tomar ejemplo (O BNG) de CiU y renovar su vieja guardia, dejando paso a las nuevas corrientes de Aymerich y Táboas, por ejemplo. Pero para eso es necesaria cierta generosidad por parte de los fundadores y, especialmente, de la UPG."

Curiosamente, tan só un día antes (21 de novembro), este mesmo xornal, en relación cos resultados electorais do BNG, afirmaba en titulares que "El BNG resiste", subtitulando "El Bloque mantiene 2". Na información destacábase que "Tanto en volumen de papeletas como en representantes, el Bloque se mantiene intacto. Dos, por Pontevedra, donde incluso la formación logró repuntar en apoyo y colocarse por encima del 12%, y A Coruña, con el respaldo de algo más del 11% del electorado". Insisto, tan só un día despois, este mesmo xornal, que eliminou ao BNG da información electoral durante a campaña, proclamaba que "El BNG, obligado a refundarse". Realmente sorprendente tanto interese e tanta tinta por unha forza política que ocultou en campaña. "Está obligado a replantearse su proyecto" ou "está incomunicado", xulgaba dende esa mesma plataforma mediática, en relación co BNG, o ex-AP José Luis Barreiro Rivas.

Vaiamos agora a "El Correo Gallego". Despois de titular "España confía en Rajoy para volver a sonreír" e "Por eso la victoria del PP abre camino a la esperanza a miles de gallegos", nun artigo sen asinar, interpretado como Editorial, entra de cheo no debate interno do BNG, pontificando:

"Es la U, refractaria siempre a la autocrítica, la que intenta convertir en excelentes (!!) unos resultados que huelen a fracaso. A ella habrá que pedirle cuentas por otra frustración de un nacionalismo con vocación de cabeza de ratón."

"La otra es la de Xosé Manuel Beiras -aún ahora el líder más carismático del nacionalismo gallego, el que lo llevó de las catacumbas a segunda fuerza del Parlamento gallego, por encima del PSdeG, en los felices noventa- (...) Beiras, el ecce homo dispuesto a morir politicamente con las botas puestas, da la voz de alarma: el BNG está enfermo y necesita con urgencia un cambio de rumbo, una refundación."

Xenial. Magnífico. Para aplausar coas orellas. Nada menos que "El Correo Gallego" preocupado coa sorte e o futuro do nacionalismo galego. E tomando partido directamente. Algo parecido fai no mesmo xornal Rafael Cuiña, militante do PP. Si, do PP, e dende o PP -cumpre ter valor-, dinos Rafael Cuiña:

"Mentres o BNG vive no bucle permanente de pensar que camiñan pola autoestrada polo carril correcto, mentres todos os vehículos veñen de fronte. Galicia necesita unha forza nacionalista que mire por ela, mais se non recoñece o anacrónico do seu discurso actual, seguirá nunha marxinalidade autodestrutiva que fagocitará o que un día ía camiño de ser. Ou non?".

Ben, é para respirar. Que dende o PP se nos diga que o BNG ten un discurso anacrónico, cando menos tranquiliza. Sería alarmante que dende esa forza política, que pretende a eliminación do país, se nos dixera que imos polo camiño correcto. Mais entra tamén directamente no debate da Asemblea Nacional:

"Unha organización (polo BNG) subxugada ás decisións dunha UPG que semella sentirse ameazada con cada intento de evolución, e disposta a executar politicamente a quen sexa, con tal de manter a propiedade dunha ruína pouco sustentable".

Quen tampouco defrauda é o "ABC", tamén moi preocupado -e clarificado- co futuro do BNG:

"(...) la pinza de la "U", la UPG de Francisco Rodríguez, hace inviable un proyecto realista para el nacionalismo en la Galicia de hoy".


Este mesmo xornal, en relación coa proposta de "primarias" no BNG, lamenta o resultado democrático (nótese ademais a utilización de "núcleo duro" ou "imponer" cando se trata dun debate e votación democrática) e afirma:

"Fracasó la pinza. El núcleo duro se impuso finalmente a la alianza de los críticos y consiguió imponer sus tesis. En la Asamblea Nacional (...) se procederá a la elección del candidato a la presidencia de la Xunta, tal y como sucedía hasta la fecha".

Topámonos tamén, no ámbito da "esquerda progre" filo-PSOE, reflexións como as de Antón Baamonde dende as páxinas de "El País":

"La crisis del BNG no es solo electoral. Es histórica. No ha sabido defender la autonomía, en la que nunca creyó (...) es producto de muchos factores pero uno brilla con más fuerza: su sectarismo".

E cadaquén que reflexione. Non é novo o intento do inimigo, dende as súas plataformas mediáticas, de "orientar" o camiño do nacionalismo polos sendeiros da asimilación. Gostarían diso, dun BNG domesticado, inútil para actuar social e politicamente cun horizonte estratéxico de liberación nacional. Non hai neutralidade, imparcialidade nin obxectividade. Preténdese crear un estado de opinión social, mesmo na base nacionalista, que glorifique a edulcoración ideolóxica, que ampare a renuncia á defensa da lingua, que renuncie á autodeterminación, que abdique do seu compromiso coas clases traballadoras e a maioría social. Por iso se ataca e criminaliza unha determinada corrente de pensamento, fulcral na historia e na consolidación do nacionalismo na Galiza, construindo unha auténtica "literatura negra" plagada de prexuízos e falsidades. E por iso se acubilla o modelo "aperturista". Ese sería o BNG do que gostarían. Domesticado. Acontece que un nacionalismo domesticado deixa de selo. Non sería nacionalista. Sería outra cousa. E iso si que non. Non se trata, ben o saben eses poderes, de escoller entre persoas máis ou menos simpáticas ou de mellor perfil mediático. Non é iso. Non sexamos miñaxoias: o que en realidade tencionan é o fin do proxecto, da causa, do movemento e da organización nacionalista.