Que se poñan á cola!
Con frecuencia escoitamos nos diferentes (aínda que semellantes) medios de comunicación, cuestionamentos arredor do carácter democrático do nacionalismo, ou xuízos sobre o democráticas que poden resultar certas actitudes, posicionamentos, etc.
Soe acontecer cando ouvimos estes comentarios que, ante a indefensión que produce o non podermos respostar, reaccionemos cun amplo sorriso ou, na mesma situación de impotencia, cun formigueo de enfado contido que nos envolve. Como se poden dicir tantas mentiras con tanta expresión de verdade, sen que lles trema un só musculo? Como poden botar a lingua a pacer con tanto e tanto cinismo?
De nos daren oportunidade, poderiamos contestar que o nacionalismo é democrático desde a súa mesma orixe. Que pode haber máis democrático que a reclamación do dereito a que as nacións, os pobos que as forman, decidan, teñan todo o poder, sexan a fonte da soberanía?
Como nacionalistas podémoslles dicir con orgullo que se chegaron de últimos ao camiño da democracia que se poñan á cola.
E non só iso. Non fai falta irmos moi lonxe. En Galiza, o nacionalismo é unha ideoloxía profundamente democrática desde as súas mesmas orixes, situemos estas nos revolucionarios e demócratas que deron a súa vida en 1846, ou nos que en 1918 se proclamaron para sempre nacionalistas galegos coa esperanza posta nunha Galiza democrática e nun mundo baseado na paz garantida pola conquista da soberanía por todas as nacións do mundo.
Mais tamén poderiamos respostar á inversa. Como nos poden dar os outros leccións de democracia, cando cada vez máis, é o nacionalismo quen está a ficar só na loita por avanzar nas conquistas democráticas. A eles, que non gostaron nunca do poder do pobo, non lles corresponde a ideoloxía democrática nin por historia, nin por presente, nin por ganas de que as maiorías sociais de ningún país (nin sequera do seu) conquisten o seu futuro.
Pola dereita son herdeiros do turnismo caciquil do XIX, e dos que buscaban a mellor maneira de eliminar as nacións, sen as que a democracia é imposíbel e inviábel, ademais de deixar fóra a amplas maiorías sociais, ou se autorretratan dun xeito máis nítido nos autores xenocidio do 36, para que o poder se puidese manter nos de sempre, nos que sempre foron os únicos propietarios de todo. A dereita civilizada española de hoxe é a que onte preferíu Franco á democracia, igual que os seus amigos da dereita moderna alemá preferiron Hitler para esconxurar a democracia.
Pola esquerda, dubidando entre uns e outros, entre servir ao pobo que dicían representar ou a esa España unida só para servir mellor aos intereses duns poucos, son os mesmos que pretenderon roubarnos o Estatuto, que lle custou a vida a Bóveda, baixo o acubillo da burocracia e tras a cortina das bombas, que Castelao tivo que vencer para facer xustiza. Ou que pactaron que todo mudase para que todo ficase máis ou menos igual, cun Borbón á cabeza.
Todos eles dan leccións de democracia mentres entregan todo ao grande capital que decide o futuro das pensións, da saúde, da educación, do dereito a unha prestación por desemprego, ..., de todo o que nós e só nós nos pagamos co noso traballo. Como poden falar de democracia cando recoñecen sen pudor que os retrocesos sociais, a eliminación de dereitos básicos das clases populares, son imposicións de organismos que só representan os intereses non duns poucos, duns pouquísimos, dunha millonésima parte da poboación mundial?
Os nacionalistas, particularmente os nacionalistas galegos que sempre estivemos á cabeza das loitas democráticas, se non a nivel mundial, si no Estado Español, temos moi clara a nosa opción democrática, por pasado e por futuro. Non pode haber democracia sen nacións soberanas que conten con ferramentas de seu para exercela e sen democracia económica con poder do pobo sobre unha economía ao seu servizo. Se xa sempre foi claro, hoxe é máis evidente que nunca que unha alternativa democrática para o Estado Español só pode vir do nacionalismo actuando contra eses que só queren a España para ser una contra as demais nacións, e grande para non ser libre nin deixar selo.