Que fai falla para espertar?
Levamos moitos meses vendo como cada día se nos aperta máis o cinto coa escusa da crise, escúdanse baixo esa situación para así facer recortes e poñer en práctica políticas destrutivas non so co noso sistema de benestar senón tamén contra o noso país. Políticas vencelladas as ideas máis radicais da ultradereita e caciquís onde practican o de que o pobo esta para servirlos e eles están para mandar e gozar da carne mentres ao pobo nin os osos lles reservan.
Atoparon a barita máxica do medo: senón facemos recortes non teremos pensións, senón recortamos o sistema galego de saúde periga, temos que sacarvos máis para poder darvos algo e así unha longa ringleira de agravios facendo que unha parte da sociedade galega fique durmida baixo o sono do medo non vai ser que teñamos iniciativas e se queden sen chiringuitos.
,Pero xa basta de obrigas e vai sendo hora de que comenzemos a reclamar os nosos dereitos:
1.Temos dereito a producir: Galiza é un pais rico, cunha terra fértil e un mar xeneroso. Pero que se están encargando de destruír en beneficio de grandes clusters empresariais que o único que lles importa é o seu beneficio, custe o que custe. É mellor apostar por destruír un espazo natural para por unha piscifactoría e desarmar as frotas de baixura que apostar polo sector primario e darlle o sitio que lle corresponde e apostar polo comercio local e a nosa maneira de vivir o mar. Ou que me expliquen como o país da cor verde e das mil vacas ten o prezo do leite máis baixo de todo o estado español?. No seu día xa apostaron pola desaparición dos soutos para darlle paso ao eucaliptos e agora o único que esta collendo paso son os lumes que sufrimos cada ano que acabaran por destruílo todo.
2.Temos dereito a nosa identidade: a riqueza cultural de Galiza xa a quixeran moitos outros lares pero aquí é mellor difundir a idea de que coa nosa cultura quedamos vencellados ao pasado e así non acadaremos progreso. Pero que lles vamos pedir a quen viven avergoñados das súas raíces pero que se senten compensados por cobrar un soldo dos impostos que produce a terra na que non cren.
3. Temos dereito a unha educación e unha sanidade pública: Xa basta de tantas privatizacións en detrimento dos servizos públicos, o que queira ir a un centro privado ou hospital privado que o pague pero os galegos temos dereito a unha educación pública digna, a garderías públicas onde se respeten os nosos dereitos básicos e cunha ensinanza de calidade. E xa basta de andar a xogar co medo de si quedamos sen cobertura sanitaria ou si van a implantar o sistema de copago mentres benefician a empresas amigas coa construción de hospitais semiprivados.
4.Temos dereito a unha lei de dependencia digna: Tarde ou cedo, mellor tarde, todos chegaremos a vellos e temos dereito a gozar dun estado de benestar cuns servizos suficientes e útis, cun sistema eficaz. E non desmantelar o que se empezaba a acadar neste eido social como non abrir residencias ou pechar servizos que xa funcionaban.
5.Temos dereito a un traballo digno: que a este paso acabaremos pagando por traballar, porque xa a patronal acadou a maior parte dos seus desexos: baixada de soldos a súa convenencia, baixa das indemnizacións, traballar máis horas polo mesmo soldo, ... e os traballadores que acadamos con esta reforma?
6.Temos dereito a decidir: nos parimos nos decidimos, non precisamos unha lei de protección do modelo de familia que eles escollen e moito menos a que unha relixión nos culpe ou nos criminalice por decidir sobre o noso corpo, sobre o noso futuro e o noso xeito de vivir.
7. Temos dereito a liberdade de expresión: din que a liberdade dunha persoa remata cando comeza a liberdade da outra, pero o que non podemos permitir é que uns a teñan toda e outros so lles penduren sambenitos.
8. Temos dereito a ser galegos.
Por estes dereitos e por moitos máis basta xa de ficar parados e agardando que a cousa mellore, alguén coa sabedoría da idade e das distintas épocas vividas dende cativa me dixo: se queres que as cousas cambien tes que moverte, non quedes sentada senón logo non terás dereito a pataleta. Empecemos por dar a coñecer a realidade do que esta a pasar e o que nos ven por diante, non agardemos a que a Santiago Rey lle conte o pobo o que están aprobando que para non contalo xa o seu escudeiro a fronte da Xunta de Galiza o premiou con de 7 millóns de euros e mentres algúns outros lle alimentan o ego con carnaza de voume, voume pero agarrádeme, o pobo fica ignorante da realidade. A moitos outros tocarannos por os grans necesarios para ter futuro porque para obter brotes verdes primeiro hai que sementalos e iso significa traballar, mover o cu e sobre todo compromiso con Galiza e non andar mirando en que lugar me van por a cadeira.
Ala polo ano 78 soaba por Galiza adiante un canción chamada Cara a liberdade onde parte da letra di o seguinte: Do fondo da nosa noite, da moura noite dos tempos, zoan, oxe, novos ventos, os ventos da liberta! Homes de tempos perdidos, ti, labrego, ti, obreiro, ti gandeiro, mariñeiro, poñéivos a camiñar! Somos nós, e soio nós, os donos do noso siño, abrindo un novo camiño na busca da liberta! ( Fuxan os ventos) Letra que hoxe volve estar de actualidade e que temos que aplicarnos máis que nunca temos que cambiar a nosa historia se desexamos gozar do noso futuro. Vai sendo hora de amosar que a forza a ten o pobo, que o pobo e quen senta e quen saca e non ficar como marionetas que van dun lado cara outro buscando espazos por onde xurdir, xa temos espazo: GALIZA, non podemos permitir que lle fagan máis feridas e que remate desangrada polo ego e as loucuras duns pouco namentres a maioría teñen que adicarse a por tiritas. Esta ferida non se cura con tiritas senón con responsabilidade, con gañas e sobretodo con interese por Galiza e para Galiza.