Que as arbores non impidan ver o bosque
Co gallo do documento para a aprobación da primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, no seo do Consello Forestal estase producindo unha guerra entre o loby forestalista e a Dirección Xeral de Ordenación de Planificación Forestal. Mais que guerra, compre dicir unha escaramuza xa que o loby forestalista foi creado e amamantado pola Dirección Xeral de Montes. De feito eran os que ditaban a política de montes da Consellería do Medio Rural.
Esta “guerra”, comeza polo ano 2014 polo reparto dos cartos do Programa Europeo de Desenvolvemento Rural (cada quén queríaos para seu peto), continúa co cativo intento da regulamentación das novas plantacións de eucaliptos proposta pola Dirección xeral de Montes, e estoura co documento para a aprobación da primeira revisión do Plano Forestal de Galiza.
Esta escaramuza non se acaba de entender moi ben. A revisión do Plano Forestal de Galiza, sigue apostando por un monte forestalista. Aumenta en 55mil hectáreas a superficie de monte dedicada as plantacións de eucaliptos, cando a ocupación de esta especie xa sobrepasa, hectárea arriba, hectárea abaixo, unhas 300mil hectáreas. Propón que toda a superficie do monte, pode ser susceptíbel de aproveitamentos para cultivos enerxéticos. É certo que a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza, tamén contempla superficies destinadas a outros aproveitamentos (frondosas, pastos ……), mais faino, non como un desenvolvemento de futuro, senón como adornos para vender o produto. Polo tanto, este modelo de monte non se diferenza moito do modelo de monte do loby forestalista.
A postura contraria do loby forestalista, deixando atrás leas persoais ou o intento de substituír ao actual Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal por outro ou outra máis da súa corda, só pode entenderse se o seu obxectivo é paralizar a revisión, para que se faga dende a Axencia Galega da Industria Forestal, organismo dependente da Consellería de Industria. Un organismo onde só están representados eles máis a propia Consellería, deixando fóra ás organizacións que hoxe forman parte do Consello Forestal de Galiza e que non son da súa “causa” forestalista. Deste xeito, poderían vender a burra de que a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza foi consensuada por todo o sector (o seu sector) .
A verdadeira razón da posición contraria do loby forestalista sobre a primeira revisión do Plano Forestal de Galiza (manifestada por eles mesmos na reunión do último Consello Forestal ), é de que o monte galego ten que estar ao servizo das súas industrias (quen dicía que os da pela é a pela eran outros) e xa que logo, non lle vale nin unha mínima e raquítica ordenación do territorio. Mais compre recoñecer que o loby forestalista sabe vender o seu produto. De feito que achantan a súa verdadeira intención (todo o monte galego ao seu servizo), baixo unha follaxe que calquera pode asumir (que se precisa de un inventario previo, que ten que estar presupostado, que debe ser aprobado no Parlamento Galego e non mediante decreto, que debe ser consensuado co sector) .
Cando se fala de loby forestalista, normalmente ven á cabeza os nomes de Celulosas e de Finsa. Estas empresas son loby forestalista, pero tamén hai máis. Están sentados no Consello Forestal e son os seguintes: Clúster da Madeira, Asociación Monte Industria, Fearmaga, Asociación da 1ª transformación da madeira de Lugo, Serfoga e Amsenfo (empresas de traballo forestal), Asociación Forestal de Galicia, Promagal (propietarios de montes de particulares) e Asefoga (pola forestal do sindicato Unións Agrarias). Mesmo esta última fai de portavoz oficial do loby. Boa proba disto é que todos estes ante o cativo intento da Dirección Xeral de Ordenación e Planificación Forestal de ordenar as plantacións de eucaliptos, botárono abaixo baixo o argumento de que o eucalipto debe ser plantado no monte como, onde e cando queiran os titulares dos mesmos. Como se pode comprobar, un exemplo de ordenación do territorio en beneficio da sociedade galega no seu conxunto .
Esta guerra, mellor dito, escaramuza entre o Director Xeral de Ordenación e Planificación Forestal e o loby forestalista, acadan o armisticio cando se trata de roubar o monte veciñal a veciñanza comuneira. De feito ámbolos dous están de acordo en todo no que na primeira revisión do plano forestal de Galiza refírese a incautación dos montes veciñais en man común para entregarllos de balde as empresas forestais privadas por un período de 50 anos. Polo tanto, a arborada non debe impedirnos ver o monte .
Contra este modelo de monte só forestalista, tanto da Dirección xeral de ordenación e planificación forestal como do loby forestalista, a Organización Galega de comunidades de montes veciñais en man común (ORGACCMM), convoca unha manifestación o dia 22 de Abril en Compostela. Os lemas da manifestación serán: Pola defensa do monte veciñal como unha titularidade da veciñanza comuneira e Por un plano forestal para un medio rural vivo, e está apoiada polas organizacións Adega, Apdr, Atrifoga, Cig, Fruga e o SLG .