Programa de desenvolvemento rural (2014-2020): Antidemocrático e contra o monte veciñal

Programa de desenvolvemento rural (2014-2020): Antidemocrático e contra o monte veciñal

A Consellaría do Medio Rural e do Mar, presentou o pasado dia 22 de Xullo, o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR 2014/2020), diante de Unión Europea, para a súa avaliación e posterior aprobación.

Como non podía ser de outro xeito, xa que democracia e Partido Popular son termos incompatíbeis, a elaboración do PDR Galicia 2014/2020, foi antidemocrático e incumprindo a lexislación. O Comité de Socios do PDR, unha especie de Consello Consultivo, onde a representación das comunidades de montes, practicamente, non existe, somentes se reuniu tres veces. A primeira vez no mes de Novembro do ano pasado, onde a Consellaría do Medio Rural e do Mar limitouse a informar das principais liñas de actuacións e a definición dos obxectivos, mais non se aprobou un calendario de debate, quedando a Consellaría de convocar o Comité de Socios.

A segunda reunión do Comité de Socios tivo lugar o dia 2 de Xullo do ano que andamos, con o PDR xa elaborado. Esta reunión, non foi convocada por vontade da Consellaría. Foi forzada pola petición de case todas as entidades do sector (como sería a actitude antidemocrática da Consellaría, cando entidades do sector que teñen no seu adn aceptar todo o que ven do Poder, saltaron pola borda ). Nesta reunión, a Consellaría do Medio Rural e do Mar, entregou un mamotreto de mais de 700 páxinas, dando un prazo de 6 días para presentar achegas ao mesmo. A pesar de este raquítico prazo, as entidades do sector, foron quen de elaborar achegas. Mais cando chegou o día da reunión para debater as achegas, a reunión foi desconvocada de xeito unilateral pola Consellaría do Medio Rural e do Mar. A terceira reunión tivo lugar o 11 de Xullo e valeu só para que a Consellaría do Medio Rural e Mar non aprobase ningunha das achegas do sector.

A actitude da Consellaría para elaborar o PDR Galiza 2014/2020, foi tan antidemocrática, que mesmo incumpriu a metodoloxía esixida pola Unión Europea para a elaboración dos PDR. Metodoloxía baseada no principio do paternariado ( interlocución das autoridades responsábeis da elaboración e posta en marcha dos planos, cos distintos axentes sociais e sectoriais do territorio onde se vai a aplicar).

Como nos circos, a Consellaría do Medio Rural e Mar, aplicou o principio de "mais difícil aínda ". Así, colocou a exposición pública o PDR Galiza 2014/2020, un dia antes de que fose presentado diante da Unión Europea, para a súa avaliación e aprobación. Certamente, este xeito antidemocrático de elaboración do PDR, pode ser denunciado ante a Unión Europea (a ORGACCMM, fíxoo a través dos eurodeputados/as de Galiza ). Mais de pouco vai servir xa que, no que respecta ao sectores produtivos da nosa nación, a Unión Europea, mellor dito as políticas económicas e sociais da Unión Europea, non son a solución, son o problema.

O contido do Programa de Desenvolvemento Rural Galiza 2014/2020, beneficia á propia Administración Autonómica, ás administracións locais e as empresas privadas (en menor medida as empresas forestais). De feito, a Administración Autonómica é beneficiaria principal de todas as medidas e submedidas do PDR. As empresas privadas son beneficiarias de axudas para : realización de cursos de formación profesional, organización e intercambio de visitas, biomasa forestal, cultivos enerxéticos, actuacións dentro dos polígonos industriais, certificación forestal da cadea monte-industria.......

Os grandes beneficiarios do PDR Galiza 2014/2020, son os concellos. Estes son beneficiarios (con porcentaxes do 100%), de todas as medidas, mesmo a de carácter forestal, do PDR. Mesmo poden acollerse a axudas para a formación de equipos para a loita contra o lume, cando está máis que demostrado que, ademais de non dedicarse a loita contra o lume, son totalmente ineficaces .O PDR 2014/2020 mesmo rozando o fraude de lei, está deseñado para compensar os déficits dos concellos , cando estas administracións teñen outros programas para as súas actuacións, como o Feder.

Pola contra, os grandes prexudicados polo PDR Galiza 2014/2020 son as comunidades de montes e o sector agro-gandeiro. É dicir, o rural vivo. O PDR detrae máis de 50millos de euros de estes sectores, para entregarllos a outros beneficiarios. As comunidades de montes non poden ser beneficiarios de formación profesional, intercambio de visitas, aproveitamento apícola, aproveitamentos silvopastoris, conservación e valorización do patrimonio cultural e natural do medio rural. Deixan de ser principais beneficiarias en proxectos como consolidación de masas de frondosas, loita contra o lume, erradicación de plantas invasoras, forestación e reforestación,planos de ordenación, comercialización dos produtos do monte, incremento do valor ecolóxico dos montes ..........

Curiosamente, a única medida onde as comunidades de montes, xunto con outros propietarios forestais,son principais beneficiarios das axudas (con porcentaxe de subvención do 100%), é para a mellora da base territorial das explotacións forestais, mediante a organización técnica e xurídica da propiedade. Medida a que na practica non poden acollerse as comunidades de montes xa que a súa titularidade está concentrada e organizada. Medida a que si van a acollerse os promotores das Sociedades de fomento forestal, promocionadas polas empresas forestais privadas. É unha medida a súa "medida".

A alguén pode estrañar o contido do PDR Galiza 2014/2020 ?. En absoluto. É consecuencia directa da política do medio rural do Partido Popular. Política que ten por máxima "o rural non ten futuro ", para que deste xeito, o capital instale no rural galego explotacións agresivas e de tipo colonial.