Presencial con seguridade
Que respondería hoxe o pícaro de Castelao, cando a muller lle pregunta por que non quere ir á escola? É nisto no que penso cando me dispoño a escribir este artigo sobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia de cara ao curso que vén e a maneira en que se fixeron públicas.
Pola miña parte, tento analizar o tema tirando da ironía, é a miña forma de resistir e loitar, tamén de pór en evidencia as eivas dunha administración incapaz de xestionar os seus recursos en interese do pobo galego e obsesionada por escatimar o diñeiro público dos servizos que a todos e todas nos corresponden, para poder colocalo, por arte do DOG, en empresas privadas, sexan estas centros de ensino, relixiosos ou mesmo segregadores, hospitais privados ou residencias xestionadas como franquicias dunha marca que só procura o lucro.
Dicía o Secretario Nacional da CIG-Ensino na mobilización do día 22 que desde a Consellaría pretenden afrontar esta situación a custe cero. E si, parece que esa é a única preocupación desta administración que se sente reforzada con esta nova maioría absoluta.
Custe cero.
Como afrontar esta pandemia cos mesmos espazos, ratios e profesorado que motivaron o peche dos centros no mes de marzo? Véñenme á cabeza esas aulas da ESO en que todos os pupitres están separados. Entre cada fileira debe haber medio metro, e entre as cadeiras de diante e as mesas de atrás nada, un dedo, unha man, centímetros. Os do extremo dereito pegados á ventá e os do extremo esquerdo pegados aos armarios. A mesa da profe contra o encerado. Así son as miñas aulas. Direivos que moverse entre os pupitres para repartir os exames ten a súa arte e unha ten que coidar a súa figura, aínda que soamente sexa para iso. Velaí a nosa distancia de seguridade o vindeiro curso, medio metro lateral, e uns poucos centímetros diante e atrás.
E como facelo sen substituír os docentes, como xa sucedeu durante os meses de teledocencia en que se alguén enfermaba o seu alumnado era asignado a outro profe, por riba do alumnado que xa tiña?
E a manipulación.
Lembro o día en que deron a nova na TVG ou voceiro oficial do goberno do PP. Dixeron que nos ían facer probas PCR a todo o profesorado (telexornal do 14 de xullo e web da TVG: “A Xunta fará tests serolóxicos ao persoal dos colexios antes do inicio do curso”). Mais non é iso o que pon o documento. En ningures. No protocolo soamente fala de facer cada mañá un autodiagnóstico. Entón decateime. De novo se nos estaba utilizando para facer propaganda diante da sociedade. Vendíase un produto, o protocolo da Consellaría de Educación, así que a nova non tiña que ser certa, tiña que chamar a atención. Como durante a crise anterior, a Xunta utiliza o profesorado para enviar mensaxes propagandísticas do ben que o fai á sociedade, mentres desatende as súas traballadoras e traballadores e bota sobre eles a responsabilidade de encarrilar a situación.
E o desprezo.
Por nós, traballadores e traballadoras, pola rapazada e polas súas familias. Todos e todas estabamos o pasado 22 diante da consellaría trasladando as nosas demandas de retirada do documento e inicio dunha negociación real. A resposta da Consellaría foi publicar no DOG ese mesmo día, despois da mobilización, o documento que presentaran como borrador o día 16. Ese é o talante. Así festexan a súa maioría absoluta. Isto é o que significan as palabras do presidente cando di que vai ser o presidente de todos os galegos.
E aínda faltaba o envoltorio: a culpa é dos sindicatos que marcharon da mesa sectorial. Mira ti. Co bo que era o documento que lle pareceu axeitado a... a... pois non, a ningún dos sindicatos. Pero ás anpas... ás anpas... vaia, tampouco.
Ninguén manifestou o seu apoio ao documento.
Por que non di a Consellaría que ocultou o documento até que pasaron as eleccións, que o enviou con só 48 horas de antelación e que se negou a abrir unha negociación que debía comezar pola retirada dun documento que non recolle ningún incremento orzamentario, nin persoal de reforzo, nin redución de ratios, todas elas medidas imprescindíbeis para garantir a distancia de seguridade nos centros?
Mentres escribo, repaso as noticias que falan dos brotes na Mariña, no Porriño, en Vigo... e seguimos impactados pola situación creada na Coruña co traslado do Fuenlabrada á Cidade. Organizacións políticas, asociacións ou institucións reclaman que se depuren responsabilidades... Nesas mesmas noticias insisten en que non fagamos reunións familiares de máis de vinte e cinco persoas e que manteñamos a distancia de un metro e medio. Mais, para as aulas galegas non se van aplicar esas medidas, porque non vai ser posíbel manter esas distancias e porque, tendo en conta a ratio mínima recollida na lei, e a maneira en que se aplica, en cada aula haberá máis de vinte e cinco persoas.
Talvez pretendían desmobilizar o profesorado e as familias de cara ao vinte e oito de xullo. Seguro que con esa intención se asomaron ás ventás este martes. E non puideron alegrarse de nada. Alí estabamos de novo, cos mesmos azos e dispostas e dispostos a facernos oír. A finais do mes de xullo, con altas temperaturas e todo, demos rodeado o edificio administrativo de San Caetano, demostrando a nosa preocupación e compromiso nesta loita.
Alí, nesa segunda xornada, un dos maiores aplausos foi para a petición de dimisión da Conselleira de Educación, demanda que sintetiza o descontento de traballadores e usuarios do ensino e que é a única resposta posíbel a unha xestión nefasta que pretende perpetuarse no tempo, sobrecargando profesorado e equipos directivos, aos que trasladan a súa responsabilidade sen nin sequera ofrecer recursos.
En mes e medio comeza o curso escolar 2020-2021. De novo cunha Consellaría dirixida por un PP neglixente e incapaz, soamente preocupado de recortar recursos para os servizos públicos e subvencionar empresas privadas e que para levar adiante estes tesoirazos parapétase na súa maioría absoluta. Mais, ese parapeto non impedirá que a nosa loita dea froitos.
Estes días, vénme a memoria un Director Xeral de cuxo nome non quero lembrarme que inamovíbel na súa posición antidialogante remataba a faena cun: nós obtivemos maioría absoluta. E aí pechaba a carpeta para desfacerse dos insistentes sindicalistas que teimaban en querer negociar as condicións de traballo do persoal da Consellaría. E hai que dicir, que mesmo con eses argumentos e actitudes, acabaron por mover algunhas partes do documento e os insistentes sindicalistas, apoiados polos delegados da CIG-Ensino que termaban das pancartas no exterior, conseguiron que se mantivesen dereitos que nos pretendían extirpar.
Sabemos que temos razón e seguiremos na loita. Aínda hai papel e tinta.
As consignas que berramos por tras das nosas máscaras resumen á perfección a situación:
...e as necesidades:
Vémonos na rúa!

- se desinfectamos, non ensinamos
- coa nosa saúde non se xoga
- Conselleira negociación e non imposición
...e as necesidades:
- máis persoal e menos ratios
- máis recursos e máis seguridade
- ensino público presencial e con seguridade
Vémonos na rúa!