Polo Dereito á Paz Universal e Permanente
Os recentes acontecementos mostran que a OTAN/NATO é o instrumento necesario, cando non imprescindíbel, para a existencia do Imperio Global estadounidense. Unha organización militar radicalmente anticomunista, e por riba de todo, rusofóbica, que practica unha guerra permanente contra os pobos para a expansión do Imperialismo capitalista anglosaxón do Occidente, baixo a indispensábel hexemonía dos EEUU, o principal valedor mundial dos valores supremacistas.
A ideoloxía estadounidense inspírase nunha narrativa relixiosa evanxélica e sionista, cunha visión fanática e exclusiva da Biblia implantada nos seus habitantes, formando un pobo que considérase a si mesmo escollido por Deus para a rexencia do Mundo, o que determina a súa excepcionalidade da que fan alarde e obriga aos seus dirixentes e gobernantes para lexitimar as súas regras coma práctica do saqueo, e do xenocidio se así o consideran oportuno.
A OTAN é a principal organización militar terrorista do mundo, para intervir dun modo aberto ou encuberto segundo os casos, saquear e mudar os países e os seus Gobernos, e mesmo destruír aos Estados hostís ao poder estadounidense e os seus valores occidentais, so a máscara da democracia os dereitos humanos e a axuda humanitaria; que non dubida en romper e dividir as nacións ou crear outras novas, aínda que sexan artificiais, para servir aos seus obxectivos imperialistas.
Pero tamén ten a función de velar pola unidade do Mundo Occidental so a única dirección parcial dos EEUU, sometendo aos países capitalistas subalternos a súa hexemonía como acontece co galiñeiro dos Estados europeos, que se é necesario son sacrificados para fortalecer a economía dos lobbys empresariais estadounidenses a costa destes vasalos europeos. Os problemas de pobreza e miseria xerados pola política imperialista son trasladados sen volta ao resto do Mundo, aínda que ao final revertan na propia Metrópole imperial unipolar.
Ao dia de hoxe, as guerras levadas pola OTAN que directa ou indirectamente son todas, Ucraína, Iemen, Siria, e moitas outras.....e aínda que non foran gañadas polos EEUU, si aportaron moitos recursos para o Imperio estadounidense, en especial para o lobby militar industrial; unhas experiencias moi útiles para sustentar a complexa maraña dos servizos secretos de unha intelixencia militar que quer manter o seu poder hexemónico o máximo tempo posíbel, ante a chegada dun mundo pluripolar, que xa é unha crecente realidade. Este acontecemento implica o final do dominio exclusivo da civilización occidental liderado polos EEUU e composta pola auto chamada “comunidade internacional otanista” , que xa non representa máis do quince por cento da poboación mundial. Por outra banda, o declive do poder económico e militar dos EEUU e os seus socios da OTAN é inevitábel fronte ao crecemento das potencias emerxentes soberanas non asociadas ao Imperio unilateral.
A OTAN exerce a función dun Estado mundial para servir a elite privada Global das transnacionais capitalistas vinculadas as institucións estadounidenses e aos seus Estados vasalos occidentais, na que a OTAN interactúa como unha estrutura militar xerárquica e unitaria.
Ante a perspectiva da perda de peso relativo no ámbito global o Imperio Unipolar necesita adaptarse neste novo contexto, multiplicando e flexibilizando o uso das ferramentas máis axeitadas; coma o eventual de bandas terroristas e de exércitos privados mercenarios, nazis e fascistas, combinados co yihadismo musulmán e a extrema dereita occidental relixiosa e todo relacionado coa guerra híbrida, para a promoción de guerras informais con novas formas....que poidan xerar confrontación e división entre potencias antagonistas e no exterior da OTAN, para manter a guerra permanente que enriquece as elites globalistas nos territorios máis apartados posíbeis da Metrópole estadounidense.
Polo tanto, é a guerra permanente sen fin a que mantén o pulso vital do Imperio Unipolar cos recursos que esta lle proporciona alén dos seus resultados. A proba disto, é que os EEUU só gañaron as guerras nas películas de Hollywood e na Illa de Grenada no Caribe, pero conseguiron ser o Imperio do Mundo, quizais o derradeiro.
Segundo Thierry Meyssan, para min o mellor estudoso ata hoxe do fenómeno nazi. O racismo nazi non pode restrinxirse a Alemaña.nin a II Guerra Mundial; as súas raíces afondan na ideoloxía anglosaxona e se estendeu en primeiro lugar polo seu ámbito cultural e étnico.
O nazismo específico alemán prescinde do compoñente relixioso e céntrase na suposta superioridade racial dos arios indoeuropeos dos que os xermanos forman parte destacada, para facer valer os seus dereitos fronte aos pobos inferiores e escravizalos ou exterminalos. A competencia nazi – sionista, é un antagonismo entre iguais polo dominio do mundo. Rockefeller ianqui e Rothschild sionista pódense ver coma os prototipos da elite nazi- sionista occidental.
““Thierry Meyssan” “Desde Washington prepararon a guerra en Ucraína e orquestaron o ataque de Kiev contra o Donbass””O apoio masivo que EEUU e os seus aliados subordinados da OTAN aportan aos “banderistas”(Stepan Bandera, colaborados do III Reich, reciclado pola CIA,MI16....) e comparábel ao apoio que Occidente aportou antes a Alemaña de Hitler contra a URSS. Debemos recordar que todos os Estados de Occidente creron nalgún momento que os nazis eran a solución para a crise económica de 1929, pois pensaron que só os nazis podían propor unha alternativa críbel ao Capitalismo. Por suposto case todos eses Estados mudaron de opinión cando o perigo nazi volveuse contra eles”
Foi unha constante “O apoio dos anglosaxón aos yihadistas da Irmandade Musulmán para que loiten contra o Goberno comunista afgano. Despois virán as guerras de Iugoslavia e Chechenia e ao final “aparece” o Emirato Islámico (“Daesh”) en Irak e en Siria. Durante 40 anos , invítase a todos os países da OTAN a que concedan “asilo político” aos yihadistas “perseguidos polas ditaduras” árabes. Ao menos 17 países membros da OTAN participan na operación “Timber Sycamove” de entrega de armas aos yihadistas por varios de milleiros de millóns de dólares” ”Occidente apoia de seguido aos banderistas ucraínos, aos ustachis croatas e aos neonazis dos países bálticos....”
“O oito de maio do 2007, na cidade ucraína de Ternopol grupos nazis e islamistas crearon unha Fronte Antiimperialista” para loitar xuntos contra Rusia. A partir de aquí tamén o Pravy Sektor(Sector Dereito), grupo de extrema dereita moi presente no golpe da Praza Maidan e logo os batallóns Azov......”
Despois da disolución da URSS, Ucraína resucitou os seus vellos demos. Os manuais de historia dos eslavos foron modificados, e fai agora 30 anos que se ensina aos nenos ucraínos que o seu pais só foi independente grazas aos nazis. Tamén se lles inculca que non teñen xenes comúns cos rusos, os cales son unha raza inferior. Cada ano, decenas de milleiros de nenos adolescentes ucraínos van aos “campos de vacacións” dos banderistas, comas Xuventudes Hitlerianas da Alemaña Nazi. Eses son os mozos nenas e nenos que hoxe atopan asilo nos países membros da Unión Europea. Coma antes sucedeu cos mozos nenas e nenos vinculados a Irmandade Musulmana” “coma xa aconteceu no Medio Oriente coa Ideoloxía da Irmandade Musulmana.Agora a ideoloxía pronazi dos banderistas esténdese no Occidente coma un regueiro de pólvora.......”
Coma metáfora, neste instante podemos representar o Imperio Mundial estadounidense coma unha “xigantesca cascuda” que pra existir necesita dunha maneira permanente despoxar recursos para alimentarse e non morrer. A guerra de saqueo permanente, e non tanto as vitorias ou derrotas, é a que subministra os recursos. Na actualidade cada vez é máis difícil atopalos, pois xa o resto do mundo está repartido entre os poderes externos cada vez máis potentes que poñen dificultades a “cascuda” nas súas guerras de rapina . A “besta inmunda” é obrigada a practicar a autofaxia e devorar partes inferiores do seu organismo. O seu máximo representante Joe Biden, ten manifestado, que veuse obrigado a sacrificar as súas propiedades europeas para pagar a guerra contra Putín. Si se agravan estas contradicións poden matar a besta. Por iso, a OTAN coma estrutura militar protectora resúltalle imprescindíbel.
A guerra encuberta a través de ferramentas terroristas vislúmbrase coma unha alternativa militar híbrida vital para a subsistencia do Imperio Unipolar. A OTAN e a súa organización político militar, xa ten un camiño percorrido especializado no manexo das bandas yihadistas e nazi fascistas , nas que o fanatismo das crenzas relixiosas xogan un papel fundamental na defensa de calquera Imperialismo, incluído por riba de todo, o Unipolar. Máis tamén pode xerar un caos que acelere a súa caída para ben da Humanidade.
Mentres tanto o Mundo Multipolar Solidario segue crecendo, e cada vez máis países e pobos conquistan a súa Soberanía, que hoxe xa conforma boa parte da poboación mundial. A maioría Soberana, solidaria e non inxerencista é a condición indispensábel para poder ter unha Paz Universal permanente, xa libre da Besta Inmunda que hoxe domina o mundo.