PIN... Pan, Pun!
Alén de creren nas burradas que din, é obvio que os de VOX saben manexar moi ben os meios de des-información e sobretodo as redes sociais, ao aplicaren a máxima de que é moito mellor unha má publicidade que nengunha. É por isto que me sabe moi mal darlles publicidade aquí, mais neste caso non hai máis alternativa que nomealos.
O denominado ‘PIN parental’ de que tanto se falou estes días é unha medida que xa foi implantada en Murcia ao principio do curso e que agora se pide ao Partido Popular facer extensíbel tamén a outras Comunidades Autónomas como Madrid ou Andalucía.
Concretamente consiste no seguinte: “una solicitud que va dirigida a los directores de los centros educativos en los que estudian nuestros hijos, con tal instancia solicitamos a la dirección que nos informe previamente, a través de una AUTORIZACIÓN EXPRESA sobre cualquier materia, charla, taller o actividad que afecte a cuestiones morales socialmente controvertidas o sobre la sexualidad, que puedan resultar intrusivos para la conciencia y la intimidad de nuestros hijos, de tal modo que como padre o madre pueda conocerlas y analizarlas de antemano, reflexionar sobre ellas y en base a ello dar mi consentimiento o no, para que nuestro hijo asista a dicha formación.
Na Galiza xa coñecemos de sobra o mecanismo que está detrás, pois é o mesmo que aplicou o Partido Popular desde a Xunta nos centros educativos nunha nova tentativa de erradicar o galego das aulas.
O propósito do PIN parental é claro: permitir impedir o acceso à educación sexual e afectiva mediante obradoiros e charlas sobre a sexualidade, a diversidade sexual e, en definitiva, a igualdade, baseada no respeito polas outras persoas, deixando así o campo libre para que as rapazas e os rapaces ‘aprendan’ da pornografía à cal acceden desde cada vez máis nov@s e de exemplos patriarcais como o da Manada.
Trátase, en definitiva, de que os pais e as nais ou outras tutoras legais fagan valer os seus prexuízos para privaren as crianzas ao seu cargo do direito a receberen unha formación completa en todos os ámbitos da vida en nome da “liberdade de ensino”. Que fique claro: a liberdade de ensino non equivale ao espurio direito a impor aos menores sob a súa tutela a súa propria ignorancia. Ou é que tamén seguiremos a senda dos EUA, onde os fundamentalistas poden negarse a que se ministren aulas baseadas na ciencia para se impartiren clases de creacionismo no seu lugar?
O Estado ten a obriga de velar polo direito de as crianzas receberen información contrastada para se formaren plenamente non só en conteúdos académicos, mais tamén para se tornaren persoas libres e racionais, pilares dunha sociedade democrática baseada no respeito por encima de calquer prexuízo ou crenza que poidan ter os seus tutores legais. É por isto que, por exemplo, noutra orde de cousas, non prevalecen as crenzas relixiosas de nais ou pais Testemuñas de Xeová no caso de el@s se negaren a que se realice unha transfusión sanguínea a un menor ao seu cargo.
E, se tanto lles preocupa a integridade sexual da súa prole, farían moito mellor en afastala dos predadores sexuais en xeral e dos curas pedófilos en particular que durante décadas e coa conivencia da Igrexa Católica abusaron sistematicamente dos menores ao seu cargo, en vez de se afanaren en privar a esa prole dunha educación sobre o seu proprio corpo e o respeito polas outras persoas... Mais, visibelmente, cando falan de ‘adoutrinamento’ non se mostran preocupados polo adoutrinamento relixioso que ocorre dentro dos centros educativos...
Para alén de máis, cabe recalcar tamén que esta medida constitui unha clara violación da sacrosanta Carta Magna que os auto-proclamados ‘contitucionalistas’ tanto din defender e cuxo artigo do artigo 27 estipula que “Todos teñen direito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respeito por principios democráticos de convivencia e polos direitos e liberdades fundamentais”.
Por outra parte, a Lei orgánica 8/2013 sobre a Educación (LOMCE) estabelece o seguinte: “O reto dunha sociedade democrática é criar as condicións para que todos os alumnos e alumnas poidan adquirir e expresar os seus talentos, en definitiva, o compromiso cunha educación de calidade como soporte da igualdade e a xustiza social”, e “Un dos principios en que se inspira o Sistema educativo español é a transmisión e posta en práctica de valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respeito e a xustiza, así como que axuden a superar calquera tipo de discriminación”.
Sen falar, evidentemente, da Convención internacional sobre os direitos da crianza ou a Recomendación número 15 da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia (ECRI) e o seu memorando explicativo.
O que realmente lles infunde medo no fondo é a educación integral, que as crianzas comecen a coñecer o mundo que as rodea libres de prexuízos, pois xa ficou demonstrado que existe una correlación entre nível educativo e ideoloxía. Isto é, canto maior sexa o nível educativo e a formación, menor será a propensión ao racismo e à discriminación. Noutras palabras, reforzar a educación efectiva implicaría unha mingua substancial dos potenciais votantes conservadores de direitas.
O odio ao ‘outro’ non é innato, senón algo que se aprende de quen nos cría e nos educa. A ignorancia é a fonte do medo que leva à violencia. Aprender a respeitarse a si proprio e coñecer a realidade das persoas LGBT, as mulleres, as persoas racializadas, etc. é a mellor solución para despexar os medos cara à diversidade e ao ‘outro’ e para fomentar a convivencia entre tod@s, sen vulnerar os direitos de ninguén.
E, encanto non sexa así, continuará o acoso escolar que empurra persoas trans ao suicidio; continuarán os abusos de menores descoñecedores do direito que teñen a disporen libremente do seu corpo; continuarán a ser violadas e asasinadas mulleres; continuarán as lesbianas, os gais e as persoas bisexuais a seren perseguidas e agredidas; continuarán as gravideces non desexadas e seguirá a dispararse o número de persoas xoves afectadas polas infeccións sexualmente transmisíbeis... E algunhas das crianzas afectadas serán as fillas e os fillos desa mesma xente que pretende mantelas presas da súa propria incultura.
Contra o PIN: Pan Pun!