Pero a corrupción non era en Miami?

Fascismo, caciquismo, clientelismo, catolicismo, sectarismo, pedofilia, represión, recortes, desemprego, emigración, fame, inxustiza, desafiuzamentos, imposición, touradas, maltrato, machismo, desigualdade, violacións, feminicidios, xenofobia, homofobia; corrupción + capitalismo= destrucción.
Unha ecuación que acabo de resolver, e dame como resultado un estado: o español. Quédome corta, pero é suficiente para que vos fagades unha idea de como convivimos con isto todos os días.
Dúas palabras xuntas: capitalismo e corrupción, seguro que xa vos ven automáticamente un resumo de todo o que trae detrás. Xerador da violencia estructural, violencia dirixida a persoas obreiras, persoas de a pé, xerador de todo que anteriormente citei, seguido da corrupción que veñen collidos da man, e diso sabe moi moito o estado español .
Porque quería facer un balance de todo ano, todo o que leva traballado o goberno do Partido Popular durante estes intensos 12 meses, mais non se me ocorre máis que corrupción, corrupción política, corrupción por cada segundo que respiramos. Estes herdeiros da dictadura franquista non coñecen outra forma de vida, son corruptos por natureza, teñen un problema grave de honestidade alimentado por un sistema putrecfacto, no que xuíces, fiscais, políticos e outros personaxes perigosos da mafia, capaces de manipularnos e gobernarnos ao seu antollo, xogando coa a vida de todas, das persoas honradas, das persoas traballadoras, de todas as contribuíntes.
Son auténticos inxenieiros do fraude, o goberno do señor Rajoy cando remate esta lexislatura, os non imputados poderáos contar cos dedos dunha soa man, e o gran problema de todo isto é que gran parte do povo, tentado polo seus políticos acaba participando del, outra parte asúmeo como algo normal, e xa non sei que é máis grave…
A isto sumámoslle a ausencia de periodismo independiente e obxetivo, a maioría dos medios de comunicación son extensións dos gabinetes de prensa do PPSOE, dedicándose a desinformar, manipular e mentir. Xa o dixo un día o presidente Rafael Correa: “ dende que se inventou a imprenta a liberdade de prensa non é máis que a vontade do dono e da imprenta”. A veces imaxino os redactores dos telexornais dicendo: -“ imos poñer cuarto e mitade de noticias do pequeno Nicolás e outro cuarto da herencia recibida… que vén a corrupción pegando forte!!”. É todo tan descarado!!
Cando se entra nesta dinámica , cando xa o cancro está en fase de metástase danando todos os órganos da sociedade, erradicalo é realmente complicado e máis vivindo nunha dictadura de partidos que velan pola súa perpetuación enxendrando leis que os protexen do control democrático, vendéndonos a historia de que vivimos nun estado de dereito, cando en realidade é un estado recaudatorio, confiscatorio e de malgasto público.
Até cando a paciencia humana poderá soportarlo? E Galiza? Non está cansa da decadencia ao que a está levando o estado español, quedando totalmente desprotexida, quitándolle todo aquelo que posúe e todo o que non lle deixan posuir? Canto tempo máis Galiza quedará silenciada? Até cando Galiza!!?
Pásome os días protestando, criticando o mal goberno, mais non quero rematar o ano sen deixar unha mensaxe de alento para unhas e de desalento para outras, lembrando a Vinicius de Moraes, poeta e compositor brasileiro, con anacos dun poema que ten como título Homens da Terra. Deámonos xa de conta de que precisamos un cambio radical, que non precisamos máis motivos dos que ao principio deste artigo nomeei, para reaccionar de inmediato.
Deixar de perdermos soberanía, que Galiza comece a rebelarse de verdade e pensar seriamente por unha vez na vida en sí mesma.
Señores Baroes da Terra, preparai a vosa mortalha,
porque desfrutais da terra e a terra é de quen a trabalha.
Chegado é o tempo da guerra, nao há santo que vos valha
nao há foice contra espada, nao há fago contra pedra
nao há fuzil contra enxada.
UNIAO CONTRA GRANADA, SOBERANÍA CONTRA METRALHA!
Señores donos da Terra, juntai vossa rica tralha,
vosso cristal, vossa prata, juntai vossos ricos trapos.
QUE A NOSSA GUERRA NAO FALHA!!