Os montes veciñais e as comunidades de montes: a obsesión enfermiza do partido popular
Que para o Partido Popular (e os sectores económicos que defende), a existencia dos montes veciñais en mán común, sexan un problema, que hai que eliminar non é nada novo. Como tampouco é nada novo que non admiten a existencia das comunidades de montes. Non lles entra entra nos seus miolos(e tampouco nos seus petos), que uns veciños e unhas veciñas, xestionen os seus montes veciñais, en beneficio de toda a comunidade. Canto seria mellor que os xestionasen, para facer negocio, as grandes multifuncionais do sector. Prantexamento político de "clase" que chega a coller feituras de obsesión.
Boa proba de esta obsesión que ten o Partido Popular cara os montes veciñais e cara ás comunidades de montes, atopámola nas lexislacións sobre este sector, promulgadas por este partido nesta e na anterior lexislatura. Lexislacións que, parafraseando aos mandamentos do catolicismo, péchanse en dúas: usurparlle as terras comunitarias á veciñanza comuneira e entregarllas ás empresas privadas.
Mais, o que si é novidade, é que esta obsesión do Partido Popular cara os montes veciñais e cara ás comunidades de montes, e unha obsesión enfermiza. Resulta que no pasado mes de maio, os Xefes dos Servizos de montes das delegacións territoriais da Consellaría do Medio Rural e Mar, seguindo ordes do Secretario Xeral de Medio Rual e Mar, envioulle a todas as comunidades de montes do Pais, unha notificación, con unha linguaxe imperativa e ameazadora.
Nesta notificación, indicase as comunidades de montes, que teñen que cumprir, neste mesmo ano, o dictado no artigo 125, da Lei de montes de Galiza, actualmente vixente (Cotas de reinvestimento en montes veciñais). E tamén, notificaselle que, antes do 30 de xuño, as comunidades de montes, teñen que comunicar á Consellaría do Medio Rural e Mar, o cumprimento de este artigo. Esta notificación non estaría mal e mesmo, tería carácter informativo, se fose certo o nela se indica.
Mais, esta notificación da Consellaría do Medio Rural e Mar e totalmente falsa, dado que, interpreta descaradamente o que di ese artigo 125. Ese artigo di que o reinvestimento obrigado na mellora do monte (o 40% de todos os ingresos do monte veciñal), hai que executalo nun período de 4 anos (estamos nos primeiros 10 meses da entrada en vigor da Lei de montes de Galiza). E tamén di que o procedemento de comunicación e verificación destes investimentos, serán desenvolvidos regulamentariamente, mediante orde da Consellaría competente en materia de montes (este regulamento aínda non está promulgado).
A obsesión enfermiza que padecen os dirixentes políticos do Partido Popular, failles mesmo ler mal as leis que eles mesmos redactan, sen consenso social. E que eles mesmos aproban, en solitario, aplicando a "democrática "fórmula da maioría parlamentar. Que non é a mesma que a maioría social, mesmo, expresada en votos. Cómpre lembrarlle ao Partido Popular, que teñen menos votos populares que a suma dos votos das outras forzas políticas, con presenza no Parlamento Galego.
,Este funcionamento mecánico e irracional dos dirixentes do Partido Popular, cando escoitan falar de montes veciñais e de comunidades de montes, asociandoo coa consigna " hai que acabar con eles ", e un comportamento animal .Cando a escoitan. tíranse de peito e ensinan os dentes como verdadeiros posesos. Semella ao comportamento dos cans no experimento de Paulov (accionabanselle as papilas gustativas ao reclamo de un son). Semellan ao gando vacún da Serra da Grova que, ante a música das rancheiras mexicanas que lle fan soar os gandeiros e as gandeiras, baixan na busca do suplemento alimentar (que nestas terras chámase galucho). Como se pode comprobar, estamos falando de animais. Mais, hai que pedirlle perdón aos animais de catro patas, pola comparanza. Pero, tamén poderiamos falar de comportamento fascista. Ou non é fascismo aplicar a súa lei aos demais e saltala para eles e para os seus correlixionarios?
Esta obsesión enfermiza dos dirixentes do Partido Popular, cara os montes veciñais e cara as comunidades de montes, non é senón un síntoma do seu obxectivo político, da súa ideoloxía de clase. O mesmo artigo 125 da Lei de montes de Galiza, refrlxan ben cando di "aquelas comunidades de montes que non comuniquen, no primeiro semestre de cada ano, o reinvestimento obrigado nos montes, non poderán ser beneficiarios de ningún tipo de axuda pública. Aquí está a clave da notificación. É dicir, hai que roubarlles cartos destinados as comunidades de montes, para facer contratos fantasiosos e propagandísticos co Exercito Español, que non aportan absolutamente nada, na loita contra os lumes forestais, pero que se levan 500.000 euros, por pasear. Para subvencionar ao 100% a creación das Sociedades de Fomento Forestal, que é a xestión capitalista das terras comunitarias, dirixidas polas multinacionais do sector.
Esta obsesión enfermiza dos dirixentes do Partido Popular cara os montes veciñais e cara as comunidades de montes, ten cura. Pódese curar porque é unha enfermidade derivada da política de montes de este partido. E de ben nacidos desexar que se curen as doenzas. As doenzas cúranse con tratamento adecuado e con repouso (na sanidade pública, se para aquela, aínda existe). Se cadra, os médicos e as médicas, para sanar aos dirixentes do Partido Popular, somos, entre outros, a veciñanza comuneira. Aplicándolle o tratamento baseado naquela máxima que di "unha persoa, un voto ". Tratamento que tamén leva asociado o repouso no poder político.