Os fillos de Francisco
Podería narrar a historia dun mundo distópico na España entre os séculos XX e XXI digna de un guión de Terry Guilliam; un señor con un sangue de cor diferente, de familia francesa , que nace en Roma, e que anos despois, un tirano español lémbrase del e encoméndalle a tarea de levar a democracia ao seu país. É designado sucesor dese tirano como xefe do Estado, e así é como a Constitución Española establece a monarquía parlamentaria como sistema de goberno, ou mais ben unhas leis pactadas por catro amigos de este señor para que poidera vivir de rentas el e a súa prole grazas a un golpe de estado fallido que foi o que o asentou no poder durante toda a súa existencia, o tempo que lle quedou libre foi para ostentar a coroa, andar a rolos e exterminar seres vivos (da igual a especie). E agora fuxe para unha República para gastar o que lle quede de vida todo o roubado durante o seu reinado.
Quen nos dera que fora un mundo distópico, mais foi e é parte da historia de España, sí, da España actual.
Sendo rigurosos o rei é rei pola graza de Dios e xa me diredes se non é contradictorio cando se supón que España é un Estado aconfesional... pero minudeces a parte, de nada serviría si a clase política non o estivera apoiando contra vento e marea para seguir sostendo un chiringuito que nos custa a todos os cidadáns millóns de euros manter, que como bo réxime autoritario de aparencia democrática, calquer goberno anterior, incluíndo o actual, non asume que hai que xuzgar a un delincuente múltiple e que se as inxenian de marabilla para inventar sete mil alternativas de reprimendas extravagantes para xustificar as súas culpas.
Os ritos lingüísticos dunha literatura medieval para escoitarse uns mesmos o ben que ornamentan coa prosa a súas propias miserias e branquean a quenes branquean os seus desmáns, Franco non morreu na súa casa, porque durante 45 anos mantivérono vivo grazas á monarquía e todos os seus gobernos, xa que é de can ben nacido ser agradecido. Todo é un círculo vicioso onde é case imposible saír si seguimos sendo súbditos cómplices por medo a represalias, non nos poden meter a todos na cadea por decir a verdade, a sabendas de que non a sabemos toda, e se así fose e a xustiza fora xusta, xa habería moito tempo que a realeza monárquica dos Borbóns quedaría orfa.
Camaradas, eu, nós, todas, nacionalistas, militantes, Galiza non ten rei e facemos nosas as palabras de Ana: "Non hai incienso nin botafumeiro que tape a podremia da casa real non imos parar até que xulguen aos Borbóns por ladróns e por corruptos!!"