OS ALICERCES DA DEMOCRACIA OCCIDENTAL
A Civilización occidental ciméntase nos valores herdados da Cultura grego romana e xudeo cristián, e no político, na concepción da Democracia co Imperio da Lei das Polis gregas e a cidade Estado de Roma.
Na Atenas de Pericles, Democracia significaba (Demos=Pobo; Kratos=Poder), na que o Pobo está constuído polo total dos cidadáns da Polis, e recoñecidos coma os únicos seres humanos existentes. A inmensa maioría dos habitantes das Polis e Cidades Estado, formaban a masa de escravas e escravos que non posuían a condición humana e non eran persoas, e xa que logo, excluídos da cidadanía como o resto dos animais, co matiz da consideración de “animais falantes”.
Desta maneira, resólvese e mantense o principio de liberdade e igualdade, conxunta e individual, dos cidadáns. A igualdade de dereitos entre os cidadáns gregos do sexo masculino, é absoluta co exercicio directo do Poder nas Asembleas da Ágora, lugar de reunión en Atenas . A masa de escravas e escravos encargábanse con naturalidade do traballo necesario para toda a sociedade e os seus cidadáns.
No actual Occidente, tense unha imaxe interesada, idílica e bucólica, desta ancestral sociedade, que é usada como o exemplo que satisfai unha Democracia directa perfecta; sempre que nos esquecemos da inmensa poboación escrava sometida da súa propiedade. Algo semellante, pero peor ao non estar mantidos, sucede hoxe coa maioría da humanidade somerxida na pobreza e miseria polo saqueo do colonialismo e imperialismo capitalista occidental.
Porén, estas sociedades escravistas, cunha Democracia perfecta, foron as precursoras do Occidente conquistador e depredador, e xusto por iso, as pioneiras no desenvolvemento da loita de clases; a diferenza do resto do mundo sumido nunha aparente e relativa pasividade social . En efecto, no mundo grego romano houbo levantamentos variados contra este Poder(Kratos). En algunhas oportunidades chegaron a substituílo dun xeito eventual por Tiranías autoritarias, por atentar os seus Tiranos promotores contra as Democracias e o Dereito dos cidadáns da casta patricia. En Roma os levantamentos das e dos escravos, como o de Espartaco, só perseguían fuxir e retornar aos seus países de orixe, sen cuestionar o Poder imperial. Tamén xurdiron os Tribunos como representantes patricios de oficio da plebe sen dereitos, e ante situacións extraordinarias de crise, Ditaduras patricias como rexímenes transitorios para a restauración da Orde, a Lei e o Poder do Senado.
Despois da liquidación das Polis gregas,e o afundimento da sociedade escravista e elitista do Imperio Romano, non se alumeou outro sistema máis avanzado como o capitalista, todo o contrario, en contra da opinión de moitos, porque xa cualifican de capitalista ao extinto Imperio Romano. En todo caso, rematou nunha decadencia xeneralizada. A cidadanía otorgándose a esgalla, deixou de seren un privilexio e un valor, pois carrexaba a obriga de pagar impostos. Neste contexto a escravitude xa non foi produtiva para os amos e estes deixáronos libres(Libertos), para non ter que mantelos, como daquela predicaba o cristianismo que xa controlaba o moribundo Imperio Romano.
Tamén Gallaecia, a Terra precursora da nosa Patria quedou liberada do xugo imperial romano, e así puido desenrolar o único Estado do Occidente europeo; o Reino Suevo da Galiza(Suévia). A historia amósanos que á nosa Patria favorécelle moito a disolución dos Imperios colonizadores, e aínda que por pouco tempo, Galiza resplandeceu naquel escuro mundo da Alta Idade Media, quizais de máis, e caeu en desgraza despois de atoparse coa Igrexa herdeira de Roma asociada ao Reino papista de Castela, construtor principal do Imperio feudal español colonizador, hoxe reducido a un conglomerado Frankenstein chamado España gobernado por Madrid. E Nos como Nación sen Estado aprisionados nesta cárcere de pobos.
Ao presente, topámonos co moribundo Imperialismo Unipolar, liderado polos EEUU,a maior potencia económica e militar do actual capitalismo neoliberalfascista, que non deixou de lexitimarse nunca co ideario do mundo occidental, baseado na civilización grego romana e xudeu cristián, na que se inspiran inclusive para condenar e aldraxar como tiranías, aqueles poderes alternativos destrutores da oligarquía capitalista, cada vez máis frecuentes nas loitas de liberación nacional que levan adiante os pobos oprimidos do mundo, hoxe as máis salientábel da loita de clases.
A Globalización neoliberal pola acumulación financeira nunha oligarquía privada mundial apátrida, enlaza co xurdimento dun novo polo de Poder alternativo global ao vello Imperialismo capitalista en crise interna, e a pesar de todas as agresións, ameazas,condenas e sancións ao que é sometido cunha guerra híbrida sen fin, este novo Poder emerxente mundial goza de boa saúde e segue en ascenso. Pola contra, a decadencia de Occidente é irreversíbel e volve a recorrer ao terrorismo reaccionario fascista, para tentar de salvar a súa civilización elitista, no nome da defensa da cultura occidental e cristián, coa falacia dos valores da Democracia e Estado de Dereito rescatados do mundo grego romano para servir aos de sempre, a élite opresora mundial.
Hegel fixo notar algunha vez, nalgunha parte que “os grandes acontecementos prodúcense dúas veces” e Marx engadíu “a primeira vez como traxedia e a segunda como farsa”. Nos anos 20 do pasado século emerxeu o Fascismo, portando un relato de salvación do Occidente ante o perigo que daquela representaba a Unión Soviética. Pero hoxe , o cada vez máis poderoso polo euroasiático resulta un risco moito máis temíbel que o do pasado, pois este posúe unhas forzas produtivas moi superiores as do campo capitalista neoliberal imperialista dos EEUU e os seus aliados.
No presente, o neo fascismo máis retrógrado nace nas entrañas máis sórdidas deste bloque atlantista para salvar de novo aos Estados occidentais e a súa Kult´r da barbarie euroasiática, como dixera Adolf Hitler no seu dia, segundo a terminoloxía nazi herdeira por liña directa da grego romana.
Porén, no tempo actual os pobos xa abriron os ollos dabondo