O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo
Para os que estean interesados co destino da terra, chegou o momento de enfrontarse aos feitos: non é simplemente a realidade horrenda do cambio climático senón, asemade, a necesidade apremante de mudar o sistema social. O fracaso en acadar un acordo sobre o clima mundial en Copenhagen en decembro de 2009 ten as súas raiceiras na incapacidade do sistema capitalista para abordar a ameaza acelerada da vida no planeta. Por tanto, o coñecemento da natureza e dos limites do capitalismo, e os medioas car o superar, téñense convertido nunha cuestión de supervivencia. É por isto polo que editamos na rede o 4º Caderno de Pensamento Nacionalista baixo este suxestivo título: O que os ecoloxistas precisan coñecer respecto do capitalismo.