O Festival Internacional de Xardíns de Allariz, unha proposta única en Galiza
Allariz declarado pola Unesco Reserva da Biosfera é un referente en canto a conservación, potenciación e valorización dos recursos da natureza. O Corredor Temático do Río Arnoia, ten como obxectivo principal a mellora das marxes do río para facer un espazo de ocio e dinamización económica.
Como parte fundamental deste corredor, xorde o proxecto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz, unha proposta única en Galicia e no estado español, unha iniciativa singular que abre para o uso público un novo
equipamento situado na marxe dereita do río Arnoia.
O Festival Internacional de Xardíns de Allariz é moito máis que un fermoso parque, é unha proposta que busca a dinamización económica, tanto pola xeración directa de emprego, como pola actividade económica que xira ó seu redor, grazas ós miles de visitantes que se achegan para visitar este espazo único, reforzando así a capacidade de atracción que ten Allariz.
Na programación que se desenvolverá en paralelo co Festival Internacional de Xardíns neste 2011, destacarán as actividades de venda de plantas, xornadas técnicas, concursos e exposicións, desfiles da Escola Superior de Deseño e Moda de Allariz e os encontros da Asociación Galega de Empresas de Xardinería.
Con esta proposta, Allariz busca integrarse na rede europea de festivais de xardíns, e converterse nun lugar de referencia na xardinería, o paisaxismo e a creación artística. Arte e natureza únense creando un espazo propicio para a contemplación e a imaxinación do visitante.
Nesta 2a edición, adicada ao mundo da moda, ás sete propostas seleccionadas polo xurado son unha boa mostra da creatividade e a imaxinación dos seus autores. A sorprendente unión de moda e xardinería plásmase nestes espazos suxerentes permitindo gozar en Allariz, neste 2011, dos xardíns deseñados por autores galegos, españois, austríacos, franceses, portugueses, italianos ou serbios.
A cor da pasarela do galego Souto Pereira, a boneca do estudo de paisaxismo francés Oglo, Colorshow dos portugueses Anna Rita Morais e Paulo Tabares, Dodola Garden dos serbios Dragaba Cavlevia e Branco Milosevic, Jardin pret a porter do italiano Sespese Riflessioni, The fabrica of paradise do estudo Vienes OPK e Fashion Victima do estudo madrileño Ola Estudio son os títulos dos xardíns que compoñen nesta edición o Festival Internacional de Xardíns de
Allariz. O Festival abre ao público o sábado 14 de maio podendo ser visitado ata o 30 de outubro. Na edición 2010 foran máis de 45.000 visitantes e nesta edición aspiramos a superar os 100.000. Fora de concurso os visitantes poderán admirar a obra do brasileiro Raul Diniz co seu espazo microcosmos ubicado na entrada do xardín e elaborado coas técnicas creativas das carrozas do carnaval brasileira.
O mundo da moda, tan presente en Allariz, na industria, na formación e no comercio, ten outra visión, outro escenario fantástico no paisaxismo e a xardinería do Festival Internacional de Xardíns.
O concurso aberto para a edición do 2012, centrarase na auga, GALIZA O PAÍS DA AGUA, sen dúbida, outra elemento suxerente no mundo da xardinería podendo presentarse propostas ata o 15 de novembro.
"Máxicos xardíns dos meus ensoños que florecen subtís e senlleiros na soidade humana do meu peito, só no escusado segredo do meu peito. Un xardín sempre é un intendo inútil de porlle á beleza disciplina".
Agardamos que o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, como expresa o noso grande poeta Manuel Maria, sexa capaz de recrear os máxicos xardíns dos vosos ensoños.