O 5G é fundamental no desenrolo da transformación dixital e non vai agardar por ninguén
Galiza sempre estivo prexudicada pola súa situación xeográfica e polo complicado da súa orografía que motivou un atraso no seu desenvolvemento. Agora preséntase unha oportunidade coas tecnoloxías de información e comunicación a grande velocidade que minimizan os condicionantes do territorio e poden situar a Galiza nunha situación de liderado en aquelo que nos propoñamos. A resistencia de adaptación ao cambio duns feitos que se produciran, queiramos ou non, poden provocar que perdamos un tren que xa non volverá a pasar.
Atopámonos diante da típica disxuntiva de cando se produce unha transformación social motivada por un cambio tecnolóxico. Sucedeu no primeiro proceso transformador (1769-1830) no paso da produción manual á mecanizada, seguiu na segunda (sobre 1850) coa chegada da electricidade que permitiu a fabricación en masa, téndose que agardar ate mediados do século XX para a terceira revolución coa electrónica e con internet. Estamos agora inmersos na cuarta revolución industrial ou máis concretamente na transformación dixital. Cada unha das revolucións foi aumentando no seu impacto e na súa velocidade, sendo a actual de crecemento exponencial en comparación coas anteriores de crecemento lineal.
Unha compoñente común de todos estes procesos foi a resistencia de adaptación ao cambio de sectores sociais que pensaban ían ser vítimas da transformación. Resistencia que se demostrou sempre que ía ser fútil. A clave sempre foi a adaptación, o saír da comodidade do coñecido para adaptarse ás novas circunstancias, xa que todo isto é como un tren de cada vez máis alta velocidade que non vai agardar por ninguén e que si cometes o erro de non collelo non vas ter outra oportunidade.
O 5G é fundamental no desenrolo da transformación dixital. Galiza sempre estivo prexudicada pola súa situación xeográfica e polo complicado da súa orografía que motivou un atraso no seu desenvolvemento. Agora preséntase unha oportunidade coas tecnoloxías de información e comunicación a grande velocidade que minimizan os condicionantes do territorio e poden situar a Galiza nunha situación de liderado en aquelo que nos propoñamos.
As teorías conspiranoicas que acompañan ao 5G que chegan a facer afirmacións delirantes non merecen a máis mínima consideración. Quedémonos na que podería ser máis preocupante e que se refire a si é perigosa ou non para a saúde e pola que se pediría unha moratoria na súa implantación.
O 5G non é perigoso. A lo menos non o é máis que as ondas que xa se están usando hoxe en día e que en 2014 a OMS explicou que non supoñían risco por non ser ionizantes. Como xa ocorreu tantas outras veces, trátase dunha reacción ante os avances como xa pasou co wifi ou as vacinas. A tecnoloxía 5G require o uso de novas estacións e antenas, máis do mesmo xeito tamén precisa niveis de enerxía menores que no 4G e segundo a Comisión Internacional de Protección de Radiación non Ionizante, organización independente e recoñecida pola OMS: “o nivel máximo de radiofrecuencia ao que alguén podería estar exposto pola 5G é tan pequeno que non se observou ningún aumento de temperatura ate a data”. Na mesma liña está o FCC (Comisión Federal de Comunicacións USA) que comenta que basean as súas afirmacións nunha ampla experiencia e coñecemento en temas relacionados con radiación e pasan unha cantidade considerable de tempo avaliando os datos científicos publicados en estudos sobre os límites de exposición apropiados.
O 5G vai ser fundamental no IoT (Internet das cousas en inglés), tecnoloxía que levará a conectividade a todo aquilo que nos podamos imaxinar. Sensores diversos medindo todo tipo de valores en tempo real e proporcionando inxentes cantidades de información xestionadas mediante procesos relacionados coa Big Data e explotados mediante técnicas de intelixencia artificial provocarán enormes avances en todos os campos (agro, pesca, gandería, mobilidade, seguridade, control de lumes e pragas, abastecemento e saneamento da auga, turismo, cultura, e tantos e tantos outros).
Ademais a propia conectividade en todo o territorio e a unha velocidade que permita interactuar en tempo real converterá en produtivo cada recuncho do país onde residir carecerá de atrancos tanto para traballar como para estudar como incluso en temas de ocio.
Non nos resistimos a deixar un comentario acerca de grupos que piden unha moratoria do 5G. Os seus argumentos están baseados en comentarios sobre lexislación obsoleta xa superada. Falan de acumulación de tecnoloxías (4G, 3G e 2G) cando unhas substitúen ás outras. Comentan un aumento da demanda de enerxía cando a tecnoloxía fai que cada vez os trebellos sexan máis eficaces e eficientes. O 5G consume menos enerxía que as tecnoloxías precedentes. Demandan que coa moratoria a xente verá menos Netflix, Youtube e non fará videoconferencias (seica estas non aforran en desprazamentos nin inflúen na diminución da pegada de carbono). Dicir que o 5G provoca un hiperconsumismo tecnolóxico non merece maior comentario. Comentar que os investimentos precisos en 5G van en detrimento de atender a crise sanitaria, social, de coidados, climática, ecolóxica e económica non é serio nin argumento de peso.
Si en algo estamos de acordo é que as entidades tecnolóxicas coñecidas como GAFAM (Google, Amazon, Facebook, Apple e Microsoft) controlan na actualidade as comunicacións dunha gran maioría da poboación e teñen control sobre a información que as persoas xeran e a poñen ao servizo de fins de dubidosa utilidade social, como a creación de beneficio económico ou a enxeñería da opinión. É certo pero será con 5G ou sen el e xa temos exposto, neste medio, noutros artigos esta problemática que dalgún xeito hai que atallar, pero non será freando o 5G, cousa por outra banda imposible.
Para rematar comentar que a nova Lei de Telecomunicacións que está en trámite parlamentario no Congreso consagra unha competencia estatal que elimina en todo o posible calquera competencia ás comunidades autónomas e aos municipios. Pero isto é un tema en si mesmo que deixaremos para outra ocasión.