Nós
Por que lle chaman traballo, cando queren dicir escravitude? Por que educación cando queren dicir adoutrinamento? Por que xustiza cando queren dicir vinganza? Por que crise cando queren dicir estafa? Porque caridade cando queren dicir humillación?
Por que lle chaman país, cando queren dicir coto de caza? Un tremendo vertedoiro de neoliberalismo.
Menten con descaro, con soberbia e prepotencia, sérvense da maioría á cal gobernan para favorecer á elite poderosa e empresarial.
Fagamos memoria: lei da igualdade, lei contra a violencia de xénero, lei do aborto, a reforma laboral, o medicamentazo, a lei da seguridade cidadá, as taxas xudiciais, recortes, recortes e máis recortes... rescate. Rachar co bipartidismo PPSOE, teñen a mesma denominación de orixe: da constante represión, das mesmas cíclicas crises, da charlatanería, do secuestro da vontade popular, do silenzamento do franquismo. E agora únense esas forzas telúricas que moven o mundo , dinse de esquerdas mais coinciden cos da caverna . É o colmo da neoprogresía…
Exactos non serán, mais e moi difícil atopar as 7 diferenzas.
Querer que Galiza sexa un país con plena soberanía para poder desenvolver todas as súas potencialidades , defender os nosos sectores produtivos , que se respecte a nosa lingua, traballar pola defensa da igualdade , por unha sanidade e educación pública e de calidade.. etc, en definitiva defender os dereitos das maiorías sociais... Se dar voz aos problemas reais do pobo galego que nada ten que ver coas políticas neoliberais do estado español, si defender os intereses do noso país é ser “uno esos nacionalistas radicales”, madia leva!! Daquela, eu sono, daquela formo parte desa xente rara que queremos o ben da patria que nos pariu, formo parte desas, das que queremos que a nosa amada terra teña un futuro, o futuro que se merece, un futuro digno!
Malia que nolo poñen difícil, case imposíbel, vemos PPSOE, Ciudadanos, Podemos, etc… até coa televisión apagada... Nós, conseguimos romper o veto dos medios de comunicación, traballando a reo, coas nosas propias mans, traballando con humildade, con esforzo, e o imprescindíbel; con ilusión.
Esa é a nosa candidatura, así fomos sempre, ante as adversidades, sempre soubemos resistir, sen rendicións, daquela, non hai dúbida que a forza do noso amor levarao en forma de voz á Capital do Estado Español. Como até agora o fixo. Só nós sabemos o que Galiza precisa, só NÓS.
Lémbrome tanto do Sempre en Galiza e hoxe en concreto destas sabias palabras do noso Castelao;
“A nosa terra, é nosa. Nada máis que nosa. Porque somos os únicos capaces de darlle luz á súa noite, pan as súas demandas, dignidade a súa vida. Porque somos os únicos capaces de enxugar as súas bágoas de dor”.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.