Non morren, mátanas

Do que vai de ano levamos 25 mulleres mortas a mans das súas parellas e ex-parellas no estado español, dentro deste lamentable número 4 son galegas, non morren, mátanas. Neste artigo quero reflexar a miña indignación e repulsión cara todos os maltratadores e deixar claro que non hai cabida na sociedade para este tipo de xente.
Por desgraza a violencia de xénero sigue sendo no estado un problema que se quere invisibilizar e relegar ao ámbito privado, acada un nivel de preocupación máxima, non só me vou deter no ámbito doméstico/familiar, xa que este tipo de violencia está moi presente nas parellas adolescentes. Rapazas que o sofren e apenas o teñen en conta ou réstanlles importancia cando non se trata dun maltrato físico, senón verbal ou psicolóxico, non son conscientes diso, e incluso tómano como algo normal. Dáse con máis frecuencia as condutas abusivas que o uso da forza e é difícil detectalo.
A transmisión deste sistema patriarcal que sigue perpetuando dun xeito invisible, xa que vai inoculando dende nenos e que se manifesta a modo de violencia na adolescencia, a través do dominio, control, poder, aillamento, etc…
Resumindo moito, faise imprescindible unha acción educativa empezando no fogar e nos centros de ensino. As institucións públicas, estas, xogan un papel fundamental. Pola contra o que se está a facer son máis recortes sociais; en prevención de violencia de xénero, en educación, en dependencia, etc… nin en un tema tan serio e grave como este, o goberno do estado español tampouco se quita a máscara de partido de dereita rancia e retrógada, lévano inscrito nos cimentos do patriarcado.
Este sistema educativo que queren implantar por os séculos dos séculos de total desigualdade, o único que conseguen é sustentar o patriarcado; nenos aos que se lles prepara para exercer o poder e a autoridade e as nenas para asumir a subordinación, ese aprendizaxe dos ideais do amor romántico, ese amor verdadeiro que queda vinculado ao sufrimento, a renuncia á propia individualidade, etc…
Como se vai a rematar con isto se cada paso que dá o goberno é un paso atrás? Nunca poderemos avanzar se non se toman medidas de seguridade preventivas, si non se pon especial empeño dende a raíz do problema. O que si é verdadeiramente certo que empregando a tesoira a todo non é a solución, por poñer un exemplo, só nos últimos tres anos recortáronse máis dun 30% o presuposto en medidas preventivas. Deste xeito é como demostran o apoio as vítimas? De verdade que non ven que cada ano esta barbarie vai a máis? Poñer fin ao terrorismo machista investindo en igualdade, ten que ser un dos puntos fundamentais e prioritarios da axenda política.
Na prevención, está a base contra a violencia de xénero e non perseguir aos asasinos unha vez o dano feito en vez de traballar antes para que isto non suceda. Eu chámolle violencia de xénero política-estructural: homes que matan, políticos que rematan.
Hai que reaccionar, modificar, cambiar, porque visto está, que as medidas que se están a levar a cabo son totalmente insuficientes e fracasadas.
Traballar para non permitir que isto siga sumando vítimas; só no 2013, o pasado ano, morreron 70 mulleres en todo o estado español en mans das súas parellas, e as miñas preguntas son as seguintes: que tan escandalizado estaría a sociedade si un grupo terrorista matase 70 persoas ao ano? Que tipo de medidas adoptaría o goberno?
Está claro que estamos condenadas a ser vítimas do patriarcado en todos aspectos. Sempre traballando e loitando por cousas na vida que aos homes se lles conceden por o simple feito de nacer homes. Queremos un sistema educativo baseado na igualdade, na autonomía e na liberdade.
Porque sen igualdade a liberdade deixa de existir, pola contra, todas as mulleres estaremos condenadas a unha morte segura.