Narrativa do fascismo español

Narrativa do fascismo español

Regresa de novo o fascismo coma ideoloxía das élites dominantes apegadas a violencia contra os pobos, para impedir o seu levantamento , mediante a imposición de rexímenes de terror para defender as oligarquías da cadea imperialista no nome da democracia, das patrias, pondo a lei e a orde coma protectores dos seus intereses.

As causas do seu rexurdimento semellan recorrentes, volvendo a transitar o mesmo camiño coas propostas e solucións para a crise global, xa adoptadas no pasado século, que remataron na II Guerra Mundial. Ante o fracaso do capitalismo neo liberal e a ameaza revolucionaria con modelos alternativos que, sustentándose nas loitas de liberación nacional preséntanse como nacionalismos populares que posúen potencia suficiente para derrotar o colonialismo e superar o capitalismo imperialista.

Hoxe nalgún caso, o nacionalismo popular, xa é unha realidade exemplar que partindo da súa cultura autóctona e orixinaria pode rematar co atraso e miseria producida polo poder económico, político e militar das élites do gran capital. Ante este feito, a Orde imperialista está en perigo e rexurde o fascismo cargado de demagoxia, as veces presentado coma terceira vía entre o socialismo e o capitalismo, baixo novas envolturas, porén, cos mesmos principios, coma defensa da Orde imperialista, e dentro del, a exclusiva da Patria coas tradicións máis reaccionarias e retrógradas, nas que a ideoloxía relixiosa nas súas distintas versións ocupa un espazo cultural central alienante .
O Capital monopolista outorga o seu apoio político e financeiro a aquelas correntes fascistas susceptíbeis de levar a cabo o asalto ao poder dos Estados inconvenientes, e constituírse en instrumentos ao seu servizo, tras un alzamento para influír no mundo da xerarquía imperialista. No pasado o Fascismo, como palabra na Italia simboliza a idea de restauración do Imperio Romano. Na Antiga Roma, os fasces, un feixe de trinta varas e un machado, era un obxecto usado polos funcionarios públicos que escoltaban aos maxistrados. Xa que logo, representaban Forza, Orden e Disciplina. Na Alemaña a Esvástica era un símbolo xermano da raza superior. En España vennos a memoria a Cruz do Val dos Caídos....e das Cruzadas. As grandes multinacionais privadas, foron as promotoras do Fascismo en Europa . Empresas como MARCONI, ALFA ROMEO, BAYER, OPEL, SIEMENS, IG FARBEN,ALLIANZ.....axudaron a erguer a Mussolini, Hitler e Franco e demáis rexímenes fascistas, financiando os seus partidos para contrarrestar o avance das revolucións obreiras e illar, daquela, a Unión Soviética de Stalin que desafiaba ao Occidente imperialista.

No Estado español, estas ideas estiveron un tempo no invernadoiro, pero sempre vivas, e o fascismo recupera e potencia as esencias tradicionais do españolismo. Coa reforma do franquismo e o Réxime do 78, as forzas do españolismo reformista levaron sempre a batuta, impedindo unha ruptura democrática co fascismo e a erradicación e xuízo da súa élite, autora e culpábel de todas as vítimas provocadas polo alzamento golpista contra un Goberno lexítimo,enmascarado como unha guerra de esquerdas e dereitas, e dos posteriores crímes da ditadura imposta con Franco e coas consecuencias postremeiras desta guerra criminal, que permanecen na máis absoluta impunidade, cando non presentes actuando no Goberno do Estado do ilexítimo Réxime do 78. Hoxe nun contexto de crise propicio para o auxe do fascismo no mundo e no Estado español, volve a activarse de súpeto unha organización mercenaria de ultradereita chea de demagoxia e cuantiosos recursos financeiros cunha boa preparación e disposición ideolóxica.

A crise económica e política do capitalismo neo liberal e co Imperialismo Unipolar debilitado, deixa hoxe orfos aos fascismos dos países medianos e pequenos que buscan con desesperación un lugar destacado e seguro na cadea de subordinación imperial, como hoxe acontece ca ultradereita españolista. O fascismo español é radicalmente antinacionalista e antiesquerdista. Para este todas as esquerdas e nacionalismos peninsulares son comunistas, sendo o nacionalismo o principal, o cancro que padece España, como sinálase no testamento do Ditador. A defensa do capitalismo español e das empresas privadas españolas propiedade dos grandes magnates semifeudales continuadores da nobreza parasita dos Grandes de España é un obxectivo político central da recente organización VOX, que recauda millóns de euros dos sectores do agro, alimentación, ladrillo, Banca..., como FFC, OHL.Bco.Santander,Eulen,Corte Inglés...da oligarquía especulativa e terrateniente, Iberdrola ,Endesa, Telefónica...todas elas vinculadas ao Grupo Bilderberg, pero que non exclúen outras de calquera ámbito ideolóxico, inclusive marxista como a oposición violenta ao Goberno de Irán, ou algún Oligarca ruso....Para os fascistas o fin xustifica sempre os medios.




,
A demagoxia, entendida e usada coma verdades parciais cun fin totalizador da realidade, as mentiras e falsas acusacións contra as minorías marxinais, a negación da violencia de xénero e as agresións contra a diversidade sexual, entre outras moitas lindezas, forman parte da identidade inequívoca da ultradereita, que xeneran odio contra estas persoas, facéndoas culpábeis no imaxinario das maiorías sociais de todos os seus males estando presente nas “cruzadas” reaccionarias da extrema dereita.

A diferencia do Globalismo capitalista, que é incapaz de manter ocupada a maioría da forza de traballo, e apoia o establecemento dun ingreso mínimo universal.. A ultradereita de España propón conseguir o pleno emprego eliminando as cargas e gastos sociais do traballo e os impostos aos super ricos para incrementar os beneficios dos negocios do empresariado español, de terratenentes, especuladores e incentivando así a contratación de forza de traballo asalariada a prezo de subsistencia nun mercado libre de regulacións. Tamén a destrución da natureza como fonte de beneficios, sen límite, para o enriquecemento da elite parasita española exclusiva e da minoría dos seus mercenarios capataces, xestores e tecnócratas ao servizo do capitalismo español patriótico e parásito.

Do fascismo galego, ata agora, nada podemos dicir, pois o fascismo español aínda non puído entrar no espazo electoral do Pais. Hai que darlle tempo, pero do que estou seguro é que as e os nacionalistas non lles daremos cancha, faga o que faga o bipartidismo PP-PSOE e demais.

O máis distintivo do fascismo español, a particularidade principal que o diferencia dos demais fascismos, e a súa defensa incondicional da Igrexa Católica de Roma, que conta cunha resistente base social asentada na historia de España, a causa da influenza que tivo o Papado de Roma co seu aporte ideolóxico na construción de Castela e España como Imperio Colonial ao seu servizo na Idade Media, que xunto con Portugal, o máis extenso do Mundo. No nome dos Reís Católicos de Castela e España, o Imperio feudal traballou arreo na colonización, saqueo e xenocidio físico e cultural dos pobos que habitaban as Américas que tiñan unha civilización milenaria superior en moitos aspectos, agás nas armas, a que representaba o Cristianismo de Roma imposto polos conquistadores españoles.

As riquezas saqueadas coa conquista, ouro,prata...foron repartidas entre o Vaticano e a nobreza española, para pago dos produtos que consumía e mercaban no Norte de Europa, Italia...mentres os pobos vivían na miseria ...para manter na riqueza as familias da aristocracia adicadas a exercer coma españoles, monxes e soldados, (metade e metade) como di a Historia de España na súa versión patriótica. O destino do expolio destas riquezas tamén engrosaron as arcas do Vaticano e a acumulación orixinaria do capitalismo anglo-saxón, tamén financiado coa axuda dos corsarios ingleses.

Hoxe a ultradereita española de VOX, emulando aos conquistadores españoles, apoia as ditaduras racistas ultra católicas máis reaccionarias de Suramérica practicando un “internacionalismo” fascista no nome da Democracia e dos dereitos humanos en colaboración co Imperialismo estadounidense, como no pasado franquismo o fixeron na Alemaña de Hitler coa División Azul, na defensa da civilización cristiana e occidental . Ao presente atacan con saña a Cuba Socialista, e con razón para eles porque é un exemplo e a cabeza dos levantamentos suramericanos contra o Imperio. Estou seguro que o bloqueo criminal do Norte contra Cuba aproveitando a pandemia e a caída dos ingresos de Cuba polo turismo, vai a servir para atacar dunha vez o problema da falla de Soberanía alimentaria, que xa leva demasiados anos presente en Cuba.

No Estado español o fascismo nega a causa do conflito territorial peninsular, provinte de que España non é unha nación, pola existencia de distintos pobos e nacións no seu espazo, con características e identidades propias e diferentes e, xa que logo, con dereitos nacionais e populares. Mais, saben con certeza, que o conflicto existe e é irresolúbel encanto permaneza o Aparello estatal español, aparentando de nación española única e indivisíbel.

O Estado español foi edificado para exercer a dominación e a conquista, mais no presente xa resulta sobrante ao perder todos os territorios conquistados fora da Península e reducido a un Aparello de Estado, que hoxe só ten a finalidade de envolver aos pobos peninsulares, agás Portugal, cun Goberno ilexítimo nun marco forzado de opresión. VOX, combate o exercicio democrático do dereito a autodeterminación dos pobos, pois ao revés da lóxica mais elemental non concibe as súas libertades individuais e colectivas, fora da unidade estatal española, produto dunha opresión secular xa caduca, comezando por Galiza cunhas relacións anacrónicas de colonia, ca incapacitan dentro da unidade estatal española, para o seu desenvolvemento equilibrado. Se puideran, encarcerarían como facía o franquismo, do cal é defensor incondicional, non só as nacións e pobos senón tamén a todas e todos os individuos que as compoñen, e que non se dobregan para ser españolas e converter aos habitantes desta Terra en galegas e galegos recastados e deformes que falen unha soa lingua como os animais, como no seu dia dixera Castelao, a conta da imposición do español.

FRANCISCO GRAÑA- SETEMBRO 2021