Nacionalistas


Agora ninguén pode dubidar de que na nosa sociedade hai máis sectores sociais interesados en minimizar todo o relacionado co nacionalismo. Demostrábel esta afirmación polo tratamento que se lle da a Galiza por certos axentes socias, ou en reivindicacións feitas por dignos colectivos sociais, xustas as mesmas no abstracto, pero que agora máis que nunca, tratan de enmarcarse no contesto estatal e non no galego. Podemos ver exemplos en certas plataformas que aínda tendo unhas reivindicacións que poda compartir no enunciado, non as podo asumir cando obvian a cuestión galega. Cando ocultan a realidade nacional de Galiza ou non fan o suficiente para que esta apareza, polo menos, en igualdade as proclamas que nós negan. Negasenos ao non recoñecernos como nación. Un exemplo pode ser a defensa do traballo, que pode valer para calquera contesto, mais a defensa do posto de traballo en Galiza debe estar en Galiza acompañada da defensa a decidir por nós. Aquí segue a existir unha dupla explotación: Unha, polo feito de ser galegos, outra, polo feito de ser traballadores. Entendemos que non é posible ser unha opción de progreso, entendendo isto como a mellora do estado dos galegos se non temos capacidade de decidir por nós mesmos.

Hai sectores organizados, tamén políticos e económicos moi interesados en reducir ao mínimo os valores nacionais da Galiza. Uns maniféstanos sen tapuzos, outros nunha ben calculada ambigüidade adobiada de proclamas, que nada teñen que ver na práctica, con ser nacionalistas. Acaso para un nacionalista galego é mais importante ter por referente a un persoeiro español, sexa cal sexa a etiqueta coa que se adorne, que ter por referente a Castelao, ou a un persoeiro nacionalista? Acaso é o mesmo a música galega que a española? Acaso é o mesmo a política que aplica o nacionalismo no concello de Allariz, por exemplo, que a que aplica a esquerda en calquera outro concello? Acaso é a nosa economía a mesma que a economía española? Acaso é o mesmo a explotación dos traballadores galegos que a dos españois? Acaso teñen as mesmas oportunidade os sectores produtivos galegos que os españois? Acaso é o mesmo que compremos produtos galegos ou foráneos? Acaso é o mesmo que apoiemos ao noso tecido produtivo ou que os neguemos? Desde cando o comportamento dos nacionalista é equiparábel ao dos españolistas? Desde cando as análises nacionalistas son as mesmas que as españolas? Acaso non teñen estes feitos de proceder unha grande incidencia na formación e conciencia nacionalista, así como na percepción que se teña de nós. Sería oportuno analizar isto para coñecer o noso estado actual.

Son dos que penso que o nacionalismo viviu nunha debilidade ideolóxica durante moitos anos, que agora se paga. Coido que tamén recobrado o camiño ideolóxico na asemblea de Amio. Máis precisamos tempo para mudar as nosas actitudes e aplicar na práctica o que temos na teoría. Quizá teñamos que relembrar que Galiza é una nación para readaptarnos e volver aos fundamentos da nosa existencia. Lembremos que existimos porque Galiza é una nación. Volver a rexuvenecer este concepto, que algo me di que o temos a medio gas, quizais nos permita visualizar a alba do futuro e desandar o camiño errado para desinteriorizar -si é que o temos interiorizado- que as proclamas da esquerda son validas para Galiza illadas das proclamas nacionalistas. Que falsa ilusión e cantos exemplos temos no mundo, de comportamentos de quen así se etiquetan para logo negan as liberdades nacionais. Hoxe as proclamas nacionalistas, no estado español, e no mundo, son as verdadeiramente progresistas e as que na verdade combaten as inxustizas e buscan acadar sociedade máis libres. Por iso as persoas progresistas da metrópole se queren quebrar o modelo económico actual, debe apoiar o dereito a decidir dos pobos, sexa cal sexa o modelo económico que forxen. Escollémolo nós, escolleno eles, ese e o principio supremo, o dereito a decidir. Ese e o mais alto valor da verdadeira democracia. Son dos que penso que para os galegos e galegas é mellor unha España rota que...

,Entendo pois que aos nacionalistas só nos queda pensar e actuar como nacionalistas en todos os lugares onde nos movamos. Reivindicando o noso: economía e cultura; tendo sempre presente que a loita cultura se non esta acompañada da loita económica e social, quedara nun folclorismo rexionalistas. Forma fina de debilitar o nacionalismo. Actuemos na sociedade como o que somos e non nos perdamos nese mundo de etiquetas. Que ningunha reivindicación deixe de levar o selo nacionalista, que ningunha conversa deixe de levar o selo nacionalistas. Que a frase dereito a decidir corra polas venas dos galegos e galegas. Que o nacionalismo organizado, no políticos e social, teñan sempre en conta o selo nacionalista. Que aprendamos que o traballo social e institucional de calquera tipo con selo nacionalista e garantía do trunfo dos nosos ideais. Selos nacionalista que non se reduce a verba nacionalistas senón a todo o que envolven en si. Que aprendamos que a nosa actuación social debe tronzar prexuízos que se teñan cara nós ou cara as proclamas nacionalistas. E sobre todo que os nosos comportamentos sirvan sempre para convencer a sociedade da necesidade do nacionalismo e da necesidade da autoorganización.

Temos exemplos abondosos para confirmas a certeza das alternativas nacionalistas no social e institucional, para facerlles ver aos galegos e galegas que a nosa alternativa é a garantía dun proceso harmonioso na Galiza. Para garantir que tendo o dereito a decidir por nós, o futuro sempre será mais libre e progresista. A loita por unha Galiza ceive, que se formou e creceu na ditadura franquista, debe madurar agora na sociedade galega.