Máis que reflexionar son tempos de abrir os ollos
A xornada do sábado antes do día das votacións adicase a reflexionar pero quen ten que reflexionar? Eu o meu voto o teño moi claro hai anos e por suposto vai ser para a única forza que me defende como galega nas cortes madrileñas e digo ben: madrileñas, porque parece que todo se xoga alí que as demais comunidades non existen.
Primeiro: deberían reflexionar todos aqueles que pensan votar a unha señora que se presenta por Pontevedra e que so sabe dicir que "Os que din que teño un carácter galego son os que non me coñecen" porque esta señora que ten en contra do carácter galego? E si tanto renega del porque se presenta por Pontevedra? Acaso so lle vale Galiza para acadar un posto en Madrid, para iso si que sabe o que é ser galego pero unha vez que chegamos a Madrid enseguida se aventura a dicir " Son zamorana e síntome zamorana" pois que se presente por Zamora. Por iso que reflexionen si queren ser defendidos como galegos ou simplemente por a unha señora que en 4 anos nas cortes dos deputados non fixo nada por Pontevedra nin por Galiza.
Segundo: deberían reflexionar todos aqueles que se deixan enganar co pulso entre Rajoy ou Rubalcaba, pois eses señores preséntanse por Madrid e non por Galiza, por iso si debemos explicarlle a xente que nos eliximos os representantes da nosa provincia non un señor con barbas e con un estilista de imaxe.
Terceiro: reflexionar deberían todos aqueles que están vendo como aniquilan os nosos servizos socias, como se despreza a nosa cultura, como o sistema educativo esta retrocedendo na súa calidade pero sen embargo ven como empresarios da mesma cor medran a costa da crise dos galegos levando subvención e contratos da administración. E un dos exemplos máis claros atopámolo na construción do novo hospital de Vigo que de público vai ter ben pouco e que unha das empresas encargadas do subministro pertencen o número 4 da lista do PP por Pontevedra e logo fan subcontratas a traballadores portugueses por un soldo máis baixo do mínimo interprofesional, buscan man de obra barata aproveitándose da necesidade das persoas para solo obter máis beneficios.
Cuarto: que reflexionen todos aqueles que tanto reclamaron a Lei da Dependencia cando a aprobou o BNG cando estivo na Xunta e agora andan calados porque Galiza envellece e cada vez hai máis dependentes pero como nos venden o da crise a sociedade volve a adormecerse.
Quinto: que reflexionen aqueles que co seu voto van a levar a Galiza ao esquecemento, Galiza volvera a ser un punto no mapa da península Ibérica onde so se lembrarán de nos cando necesiten recadar impostos, si que nos coñeceran e cando haxa que repartir o lote de proxectos para infraestruturas non existiremos.
,E así unha longa lista de reflexións que deben facer todos aqueles que non ven máis aló do catecismo que lles inxectaron nas veas e que lles oprime as ideas e lles anulan a capacidade de razoamento. Domingo máis que nunca debemos votar pensando en Galiza e en quen a van defender. En quen non se avergoña de ser galego pois exerce de galego as 24 horas do día non como os que se senten galegos cando lles interesa e lles conveña.
Vai sendo hora de que o voto que depositemos na urna sexa máis útil que nunca, Galiza ten futuro e por iso o meu voto vai ir pa quen defende ese futuro non para os que se aproveitan do presente de Galiza e logo renegan do noso país.
Temos inda un día por diante para axudar a moita xente a sacarse os panos diante dos ollos. Aproveitémolo e deámoslle una lección de como se debe coidar a nosa terra, as nosas raíces e o noso futuro por riba de especuladores, falabaratos e aproveitados.