Machismo sutil
Machismo sutil como eu lle acostumo chamar, está tan na superficie, na cotidianidade que parece que pasa desapercibida, parece difícil de detectar,pero está, cada vez máis presente, denomínase como machismo invisible. Cousas “pequenas” que conlevan consecuencias enormes. Está en todas partes: nos traballos, nas escolas, na música, no ámbito familiar, na tele… aí é onde quero entrar máis profundamente xa que este medio de comunicación acapara a atención de todos os públicos. Xa non me quero meter nalgúns programas absolutamente denigrantes que fomentan máis si cabe esta sociedade patriarcal, senón, nos hábitos comúns que se reproduce na publicidade… certo é que en comparación de non hai moitos anos, a publicidade volveuse máis sutil, mais o pouco que nos paremos a analizar, a mensaxe é a mesma, mantéñense os mesmos roles: muller dependente, débil, submisa e como non, sempre guapa e perfecta, para que? Para un mesmo fin, o de agradar, seducir e atraer a atención do home…
Publicidade cos productos máis convencionais: de coches, de alimentos, de limpeza, de xoguetes, etc… aínda que estes últimos exemplos non cargan contido sexual, sí conteñen moitísima desigualdade:
- anuncios de xoguetes para nenos e nenas, cociñas e princesas de mundos rosas para elas, coches, motos, xogos de combate e de estratexia para eles…
- anuncios de deterxentes, xuzgade por vos mesmas, só se ven mulleres ocupándose das labores do fogar, da limpeza, da familia…
O caso é que co Nadal preto e o consumismo que esta promove , xa comezan a invadirnos cos anuncios que máis me indignan: os de perfumes e cosméticos en xeral, resúltame tan violenta como mostran á muller –mercancía, como reflexan de forma explícita a subordinación destas é o rol que xogamos no sector publicitario. Con contidos sexuais desquiciantemente ofensivos. O reclamo do sexo vende, e os publicistas e anunciantes non dubidan en facer uso del pasando polo arco do triunfo patriarcal a sabendas de como lesionan a imaxe da muller.
Acertado foi a estratexia de introducir ao home en alguna publicidade deste tipo, mais sempre amosándose dominante , fuerte, autónomo , para seguir recordándonos que supremacía masculina, saen a relucir (vía feromonas) o gran macho copulador que nos vai a asegurar a descendencia facendo da femia coidadora da camada.
Denunciar estas prácticas e conseguir a retirada destas campañas sería un dos meus desexos navideños pero maioría dos individuos do planeta cóstalles ver estes anuncios con unha mirada crítica, temos o rol de xénero tan idealizado, tan arraigado e tan normalizado social e culturalmente, que mete medo.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.