Liberdade para matar

A fiscal do Tribunal internacional para ex Iugoslavia Carla Ponte cuestiona a legalidade dun ataque sen autorización da ONU, que moitas autoridades e institucións consideraron crimes de guerra. A Campaña de bombardeos da OTAN –principalmente contra Serbia- do ano 1999 implicou 1.000 aparatos. Perante dez semanas os avións da OTAN realizaron 38.000 misións. O primeiro que derrubaron foron as fábricas de tractores que competían con marcas doutros países de Europa. Cando non se daba localizado o obxectivo moitas bombas, por medo a que estoupasen na aterraxe, eran deitadas no mar Adriático. Un agasallo para as xeracións futuras.
Verdún, Stalingrado ou Belgrado están fumeantes inda como consecuencia da práctica habitual e diaria do terrorismo de Estado.
O “mundo” créano os/as loitadores/as, aprovéitano os oportunistas e destrúeno os tolos da man dos avarentos”.
¿Como poden falar de terrorismo os únicos que se atreveron a lanzar a bomba atómica?
¿Que guerra inxusta, invasión ou masacre se dá sen a intervención das grandes potencias da OTAN?
¿Non acaba de manifestar o Presidente dos EUA que a súa preferencia en Ucraína é a solución militar? ¿Non dixo un dos seus xefes políticos, e repetiu, que están con disposición de usar “armas letais”?
¿Tería a ONU que ocupar EUA por ter armas químicas?
Xa que dispoñen da lavadora de cerebros poden os aniquiladores de toda liberdade colectiva e individual tirar de licenza para vixiar, destruír e matar a quen queiran e onde queiran.
O fanatismo televisivo levaranos a que vexamos como normal que clame pola liberdade o responsábel do maior xenocidio nunca causado en Palestina e apareza no centro da foto en París.
Ou veremos a Raxoi ou Feixoo instalando un chip tras das orellas as persoas, que será o próximo paso do control represivo.
¿Que teñen que dicir os que provocaron dende unha emisora de radio as matanzas inter-étnicas de Ruanda e Burundi facendo todo un experimento de odio e carnizaría inhumana, e co cinismo vergoñento de pretender agora a reconciliación das vítimas? ¿É esa a Francia das liberdades e valores cristiáns?
¡Que sexa o Papa quen lle teña que aclarar a Cameron que hai sentimentos que son sagrados! ¿porqué ten que ser sagrada a propiedade e o libre mercado? ¿Non prenden, atacan e perseguen a quen queira usar os latifundios roubados ao pobo polos feudais? Debuxen a Estatua da Liberdade fornicando co Tío Sam e veremos se levanta pólvora. Porque, en todo caso, iso non sería máis que un exercicio da liberdade.…
Non teñen a exclusiva os imperialistas de ter obxectos e valores sagrados.
¿Cómo se esqueceron na Francia desta volta que a proclama da nova era, precisamente era, “LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE”?
,
O fato que dirixiu as manifestacións de París xa colleu e colle sen permiso nin consentimento de ninguén a liberdade de destruír e seguir destruíndo Iraq, Libia, Siria, O Congo, Nixeria, Somalia, Palestina, Afganistán… e todo canto lle pete.
Teñen a liberdade de envelenar presidentes, derrubar edificios, infraestruturas, hospitais, escolas. …
Estes “libertadores” non son tamén creadores de exércitos de malfeitores e “terroristas” mercenarios, paramilitares, escuadróns da morte, contras, EI, grupos e mafias financiadas por todo tipo de delincuentes? ¿Privoulles alguén a liberdade de facilitarlle cartos e armamento a todo grupo descerebrado que destrúa, mate ou viole; especialmente se hai no lugar riqueza que roubar? ¿Privoulle alguén de amparar as mafias que fan desaparecer milleiros de persoas novas en México, nenos incluso, para tráfico de persoas, órganos , ou para o que lles pete, en boa parte dirixido dende o País da afamada estatua que xa citamos?
¿Impedíuselle, ou celebrouse e difundiuse a profanación do cadáver de Gaddafi?
¿Qué acontecería se por un accidente Bush, pai ou fillo, morre en Corea do Norte e lle fan o propio?
¿Privoulles alguén de asasinar a familia de Ceaucescu e a moitas máis, coas mesmas probas coas que asasinaba Franco?
¿Alguén se cruza nalgún camiño, na terra no mar ou no ar, en todos os territorios onde están creando o caos e derrubando todo ou construíndo fronteiras? ¿Quen lles está impedindo que fagan retroceder a millóns de persoas en toda Europa cara condicións de vida de fai dous séculos?
Non están boa parte das fronteiras de África e de Europa trazadas polos xendarmes de catro potencias imperiais? ¿Onde se respecta o dereito a autodeterminación?
¿Hai alguén que exterminase tantos pobos configurados e con culturas adaptadas ao medio como se fixo no hemisferio Norte do continente de América? Nin sequera lle privaron a estes fanáticos o pracer delirante de matar a Fidel Castro cada pouco tempo. O home máis “matado” e máis resucitado do mundo.
E seguimos coa liberdade de expresión. ¿Recorda o Sr. Raxoi que fai poucos anos se secuestrou por orde xudicial un número dunha revista humorística na “libérrima España” por mor dunhas caricaturas dos príncipes e sancionaron e procesaron aos responsábeis da revista? Total só dicían que o esforzo laboral máis duro que facían era o de facer os fillos.
¿Qué máis liberdade e medios quere o Sr. Feixoo para amordazar a Galiza e esmagar ao nacionalismo se ten un grupo mediático ao que unta coa graxa do 60% dos orzamentos para os medios a parte do que lle día por detrás?
Non era non unha fantasía o “Estado Policial” o e chip individual con localizador que están a promover fai anos os do Clube de Bilderberg.
Non é fantasía o regreso do cuarto Reich e do fascismo. Xa o temos en Ucraína empurrado polos Xendarmes da OTAN.
O IMPERIO DO TERROR VIVE E REINA EN EUROPA. A igualdade e a fraternidade xa as mataron no século XX. No XXI para matar a liberdade chega con que haxa dous terrorismos: “O que provoca” –xa o dixo até o Papa- e o que “mata afeito”. Os pobos de Sudamérica levantan sobre as fosas e tumbas das ditaduras impostas pola estatua da liberdade a soberanía dos seus pobos, máis inda quedan en Guantánamo seres humanos engaiolados e torturados a diario.
A deusa da coroa de mísiles que fundiu o artista francés quere ter “terroristas” aos que sacrificar. Non direi máis, que xa teñen razóns abondas para declararme terrorista e tirarme un dron dende Rozas ou poñerme un medicamento a forza. Ter un pensamento libre ou contrario ao sistema é o peor acto terrorista. Con tantas ansias de liberdade agroman os liberadores e redentores. Ollo que non precisan consello pero como van cara o cumio coas armas do voto non atopo utilidade no pensamento da revolución francesa. Os que queiran ter futuro na actual política sigan cinco principios que valen para calquera partido que queira gobernar:
1º Non sexa anti-sistema. 2º Non sexa anti-capital. 3º Non sexa humano nin humanista. 4º Sexa apátrida. 5º Páguelle aos medios.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.