Kosmogonías, unha galaxia de sete planetas

Kosmogonías, unha galaxia de sete planetas

De Berrogüetto, pouco se pode falar xa a estas alturas sen repetir unha e outra vez os argumentos da enorme calidade dos músicos, a orixinalidade da súa música, o seu bó facer, a elegancia, compromiso... Pero con este novo fillo musical concebido no cosmos particular, os Berroguetto conseguen unha vez máis un son propio que destila un perfume fresco e renovador nas súas melodías.

Agardaba con impaciencia e incertidume o momento de estoupar este Big Bang de sete forzas. O novo disco dos Berrogüetto supón un punto de inflexión na traxectoria do grupo que lonxe de repertirse souperon buscar os ingredientes necesarios para non facerse empalagosos.

Empregan a diversidades cultural como fonte de recursos e recollen as areas de tantos areais nos que deixaron a súa pegada. A súa inquietude pola música e as súas ganas de innovar leváronos a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a esta determinación sempre conseguiron os favores da crítica e recibiu numerosos galardóns e recoñecementos por todo o mundo: Premio da Asociación da Crítica Alemá do Disco ao Mellor Disco de World Music en varias ocasións, Premio Opinión ao Mellor Disco de Folk, finalistas dos Premios da Música da Academia das Artes Escénicas e Musicais como Mellor Álbum en Galego e dos Grammy Latinos ao Mellor Disco Folk, entre outros.

Kosmogonías segue a estela iniciada alá polos anos 90 cando un grupo de músicos decidiron quitarlle o corsé á música galega. Berrogüetto naceu para abrir novos horizontes na música galega e vaia se o conseguiron! O seu nome non foi casualidade, quixeron evocar " o grito dos oprimidos", facer coa música cousas irreverentes para o momento, buscar fórmulas que non foran exploradas.

En Kosmogonías, a estilística ten un gran protagonismo partindo do proceso de creación, da música como da imaxe e a palabra. Kosmogonías é unha obra para disfrutar cos seis sentidos, sí cos seis, cos cinco terrenais e cun sexto sentido que sen dúbida faranos meditar, reflexionar e emprender unha viaxe interior ao infinito, a regresión, á creación.

A sorpresa máis agardada, por suposto era a do meu querido Xabier por quen tiven sempre especial devoción dende os seus inicios. Asistín á estrea deste tandem ao Rosalía e fiquei marabillada. Pero sabía que o mellor estaba por chegar. .. a pegada de Xabier nas letras e nas melodías. Un traballo concebido para e coa súa voz, un traballo no que él aportaría tamén a súa inmensa sabiduría, experiencia e sobre todo personalidade. E aquí temos o resultado. Está claro que as grandes forzas do cosmos tenden a atraerse, por iso agardo que esta galaxia de sete planetas siga sorprendéndonos como desta volta.

Anímovos a adentrarvos no universo dos Berrogüetto... e non teñades vértigo a facelo, pois ..."non é o vértigo de mirar cara abaixo, é o vértigo de mirar cara arriba". Grazas compañeiros!!!!