III Congresso Europeu das Áreas Comunitarias

No pasado mes de Outubro, no concello de Miranda do Corvo(Portugal), organizado pola Federaçao Nacional dos Baldios, tivo lugar o III Congresso Europeu das Areas Comunitarias(baldios/montes veciñais), baixo o lema “Areas comunitarias:Suporte de Desenvolvemento Económico e Social dos territorios do rural “. Este III Congresso, e a continuación do I celebrado en Vila Real e do II celebrado en Lugo. Semella pois que a continuidade deste congresos europeus das terras comunitarias, está enraizado .
A representación e a participación galega neste III Congresso europeu das áreas comunitarias, correu a cargo da Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM), que presentou un relatorio “Montes veciñais:territorio, persoas e gobernanza”. A esta organización correspóndelle organizar, en territorio galego, o IV Congreso Europeu das Areas Comunitarias.
No desenvolvemento deste III Congresso evidenciouse unha vez máis a confusión(no meu entender interesada), entre terras comunais (titularidade pública e aproveitamento veciñal e xa que logo, titularidade de caracter romano) e terras comunitarias (titularidade e aproveitamento veciñal, e xa que logo, titularidades de carácter xermánico). Esto aconteceu no relatorio presentado pola profesora Iryna Skulska intitulado “ Areas comunitarias da Uniao Europeia, lacunas no conhocemento e necessidades de pesquisa”.
No avance de este estudo que está a facer esta profesora, afírmase que no Estado Español, un 23% do territorio, son terras comunitarias. Cuestión que non é certa. No territorio do Estado Español existen terras comunais, non comunitarias. As terras comunitarias só existen en Galiza (e algunhas en territorios limítrofes con Asturias e Castela ). O que acontece é que mete no mesmo saco estas dúas terras de características distintas.
Igualar estas dúas titularidades distintas é negativo para a supervivencia dos montes veciñais en man común, xa que conducen a súa desaparición. Non cabe dúbida que entre a privatización dos montes veciñais e a súa conversión en titularidades públicas hai diferenzas substanciais. Mais tampouco cabe dúbida que as dúas posturas teñen un fín común. O fin de roubarlle a titularidade(para sempre) destes terras e/ou sacarlle a xestión dos montes veciña(mentres non consigan a titularidade) a veciñanza comuneira.
Esta foi a razón principal de Organización Galega de comunidades de montes (ORGACCMM) para non participar na organización española Iniciativas Comunales. Os/as dirixentes de esta organización española, rexeitaron a proposta da ORGACCMM de cambiar o nome da organización que quedaría Iniciativas comunais e comunitarias . É dicir, unha proposta que non restaba, se non que sumaba. Sendo isto así, haberá que pensar que os e as dirixentes españois, sexan da ideolóxia que sexan, non aceptan cuestións que signifiquen sinaás de identidade da nosa nación.
Unha das conclusións, máis importantes do III Congresso Europeu das Areas Comunitarias, foi a de traballar para acadar unha alianza estabel entre a Federaçao Nacional dos Baldios e ORGACCMM. Estas dúas organizacións levan mais de 10 anos mantendo relacións fraternais, aínda que esporádicas. Relación que fixo posíbel que ámbalas dúas organizacións participasen conxuntamente en eventos (xornadas, congresos, encontros…..) a ámbalas dúas beiras do Rio Miño.
Mais esta alianza debe partir de estas dúas organizacións xa que é en Galiza e en Portugal onde, ademais de existir terras comunitarias, están organizadas cas eivas que poidan ter. Unha alianza estábel para poder dar respostas acaídas e no tempo, a problemática dos montes veciñais/dos baldíos e as poboacións do medio rural. Resposta para que se recoñezan na Unión Europea estas terras comunitarias como distintas ás titularidades públicas e privadas.
Mais tamén para dar respostas a problemas inmediatos. Como por exemplo o que propuxo a CNA, Confederaçao Nacional de Agricultura, de que se non se modifican os orzamentos da PAC-Política agraria común para o período 2020/2026 ,van significar mais investimentos en armamentos e menos en produción de alimentos e na cohesión territorial e social.