Home!
O VIOLADOR NO TEU CAMIÑO
O patriarcado é un xuíz que nos xulga por nascer.
E o noso castigo é a violencia que non ves.
Feminicidio. Impunidade para o asasino:
É a desaparición. É a violación.
E a culpa non era miña, nin onde estaba, nin como vestía:
O violador eras ti! O violador es ti!
Son os machos: os xuíces, a Igrexa, o Estado.
O Estado opresor é o macho violador!
Non somos presas para manadas: Somos mulleres empoderadas!
As violadas non están soas: Tocan a unha, saímos todas!
Esta canción, criada orixinariamente en Chile polo colectivo interdisciplinario de mulleres Las Tesis con motivo do día 25 de novembro para denunciar a violencia de xénero e a conivencia dos poderes fácticos, está a varrer o mundo inteiro, e tamén a Galiza, con concentracións multitudinarias convocadas polo movemento feminista galego ao longo e ao largo do país, que contan coa participación de millares de mulleres que están fartas de veren como as súas parellas, amigas, compañeiras, viciñas e familiares son agredidas, violadas e asasinadas día tras día, aquí e en todo o planeta, polo simples facto de seren mulleres.
Entre outros actos, tivo lugar unha concorrida performance na compostelá Praza do Obradoiro, ao final da cal as 400 mulleres participantes foron increpadas por un energúmeno que saíu da súa cloaca para lles espetar: “¡Y ahora a casa a hacer la cena!”. O imbécil en cuestión foi identificado como militante de Nuevas Generaciones, o que demonstra –por se fixese falta– que a extrema direita española de novo cuño non ten o monopolio da misoxinia máis rancia e retrógrada.
Ese individuo –e moitos máis como el– sentíase plenamente amparado polo privilexio masculino para axir así. Lonxe de ser unha suposta entelequia surxida da ideoloxía de xénero que segundo as teses reaccionarias do masculinismo nos pretenderían impor unhas feminazis esquerdosas, o seu comportamento é o reflexo sintomático máis palpábel dunha mentalidade profundamente arraigada que, por coincidir co discurso patriarcal hexemónico, se percebe como ‘normal’ e aceitábel por unha parte importante da sociedade.
Trátase dunha actitude alimentada e sustentada polas institucións sistémicas que pesan sobre as nosas vidas desde o berce até a tumba. Por un lado, as relixións abraámicas que predican desde séculos que a desobediencia da muller é pecado e que lexitiman a violencia en contra delas. E, polo outro, os meios de desinformación, onde os telediarios presentan o feminicidio ao mesmo nível que sucesos intranscendentes ou con algún vídeo ‘impactante’ escollido ao acaso de YouTube e que tratan casos como o asasinato de Ana Quer como un truculento e morboso reality show, onde a realidade se torna apenas distinguíbel dos estupros, torturas e asasinios con que nos bombardean incesantemente as series ianques.
Como se dunha terapia cognitivo-comportamental maniqueísta a grande escala social se tratase, esta continuada exposición xera inexorabelmente un cada vez maior grau de insensibilización que, à súa vez, leva à aceitación e à pasividade xeneralizadas. Unha sociedade anestesiada.
Nen hai que esquecer a compenetración do patriarcado co sistema do poder xudicial e a maxistratura, de forma que, por moito noxo que nós dea non nos debería surpreender moito o facto de máis de 300 persoas se manifestaren en apoio a tres homes condenados por “delito de agresión sexual” (léase ‘violación en grupo’) dunha menor após o fiasco vituperábel de casos como o da Manada, entre outros, ou o barato que sai o feminicidio en xeral.
As vivencias persoais son a proba de que o feminismo constitui unha análise correcta da realidade obxectiva en que vivimos imers@s. Así, outra vertente do machismo tocoume vivila en primeira persoa recentemente. Durante unha visita guiada comentouse que nun determinado lugar houbera unha escultura onde se vía a Raíña do país conquistado de xoellos ante o Rei do país vencedor. Ante este explicación, un dos participantes –que eu nen coñecía– bisboume de maneira cúmplice: “É así que nos gustan as mulleres, eh!?”
Non estou afeito a este tipo de comentarios e comportamentos e fiquei atónito perante esta mostra descarada de ‘solidariedade masculina’. E confeso que, para alén de comentar o sucedido a varias das mulleres presentes, non souben reaxir no momento por puro estupor.
E aínda que non fose por ‘solidariedade masculina’ que non lle repliquei, o silencio é sempre cúmplice. Ao non contradicelo, el interpretaría que eu partillaba a súa misoxinia, que ficaría así vindicada e reforzada. Recoñezo, pois, que me corresponde facer unha auto-crítica moi sincera. Talvez o incidente fose menor e sen grande transcendencia, mais gota a gota se reproduce o machismo e gota a gota tamén se debe combater de xeito incansábel: contra o machismo e o patriarcado non pode haber tregua e ningunha batalla é demasiado pequena nen demasiado grande.
Ao igual que o resto do mundo, a Galiza precisa dunha mudanza fundamental urxente para camiñarmos cara à construción dunha patria verdadeiramente libre baseada na soberanía nacional e a emancipación social, onde o feminismo é unha ferramenta indispensábel para derrubar o patriarcado –sustento do capitalismo– co fin último de conseguirmos a libertazón individual e colectiva para tod@s.
A loita feminista só a poden liderar as mulleres. Mais, para que a sociedade poida mudar, os homes tamén temos que mudar: nen podemos ser violadores nen cómplices silentes.