GUERRA DE VACINAS


A chegada da pandemia do Covid-19 foi unha bendición divina para o Poder establecido, ao permitir revitalizar este Imperialismo Unipolar, mobilizando nos seus dominios unha guerra comercial cunha pugna entre as multinacionaís privadas do sistema pola participación nos beneficios e na procura de recursos públicos para o investimento privado no sector de farmacia e o de saude, a costa de sementar máis pobreza nas maiorias populares e miseria noutros países periféricos. O capitalismo occidental encontra un novo sector económico para actuar como locomotora impulsora da elevación da taxa de ganancias e superación da súa crise económica.

Mais, é cada vez máis claro para a xente, que o actual sistema económico social delimitado polo Capital Global occidental é incapaz de resolver as necesidades básicas do conxunto das poboacións. Coa pandemia este feito confírmase con plenitude. Todas as preocupacións e decisións prácticas dos Gobernos do mundo imperialista céntranse en subordinar a saúde ao negocio privado.O mundo capitalista, e o capitalismo ianqui aínda máis, mata a maioría da humanidade se pode, pra satisfacer exclusivamente a demanda solvente das clase medias coa sociedade de consumo, e os antollos das élites multimillonarias, amparadas polos seus Estados de Dereito no nome da liberdade que proclaman os catro ventos.

O crecente desafio dos pobos e nacións soberanas co só feito de ser, xenera un espazo político e territorial alternativo con países que poñen por enriba do lucro capitalista a saúde dos pobos. O mundo imperialista contra este reto actua con organizacións vinculadas aos lobbies privados farmacéuticos occidentais, como a EMA, Axencia Europea do Medicamento, baixo o Poder estadounidense, que prohíbe a entrada de vacinas producidas nestes paises soberanos cara o espazo occidental, e mesmo ameaza con sancións aos paises dependentes pola compra de vacinas rusas e chinas coa escusa da súa inseguridade. A EMA non permiteu ata hoxe a entrada da vacina rusa Sputnik V, con este pretexto, cando xa foi usada con éxito por millóns de persoas no mundo, e a pesar de recibir a oferta e cesión da patente para produción conxunta, co que orixinaron un atraso da vacinación na poboación europea ocasionando a morte de moitos milleiros de persoas, xa que podían haberse inmunizado moito antes con esta vacina nese tempo, ante a insuficiencia das europeas. Antepoñen o sacrificio dos e das cidadans á recoñecer o éxito irrefutábel da vacina rusa. Tal é o nível de ruso fobia en Occidente.

Nos paises antiimperialistas, o caso de Cuba é exemplar. A Cuba Socialista de hoxe sufre un ataque abusivo do Imperialismo USA que foi ampliado aproveitando a pandemia, que rematou cos seus ingresos polo turismo. As sancións incrementan a extrema pobreza e miseria existentes no Pais, mas polo feito de ser Socialista nunca a morte por fame ou enfermidade que teña curación grazas ao seu sistema exemplar de saúde. Cuba representa no presente o paradigma da posición digna e heróica contra o bloqueo criminal do Imperio estadounidense, bloqueo que estende polo mundo que lle é hostil para impedir que renda o seu exemplo, vinculando a pobreza estrema que sufre coa ousadía de rebelarse e que sexa independente do Imperio. Ata hoxe, esta percepción prevalece na opinión pública dos paises sometidos, impedíndolles a loita por rexímenes socialistas e soberanos.
Neste contexto, e co bloqueo criminal a que é sometida, a Cuba socialista desenvolveu ante a pandemia do COVID-19, cinco vacinas como resposta, mobilizando o seu sistema de saude pública máis o sector de Biotecnoloxía de que é líder mundial, fronte os lobbies farmaceúticos do espazo Imperial capitalista amais de contar con 57 brigadas de médicos especialistas do Continxente Internacional Henry Reeve que trataron a 1,26 millóns de pacientes do COVID-19 en 40 países xuntando a 28000 profisionaís da saúde en 66 paaíses do mundo. O sector de Biotecnoloxía cubano, está enteiramente financiado é propiedade do Estado libre de intereses privados. Cuba estará entre os primeiros países do mundo en vacinar totalmente a toda a súa poboación. Existen cinco vacinas cubanas, Quimi-Hib, Soberana 1, Soberana 2, Abdala e Mambisa.

As vacinas occidentais máis coñecidas son; Astra-Zéneca, Pfizer,Moderna, Johnson and Johnson....e tamén as máis administradas en Europa, todas con certa letalidade confirmada a diferencia das producidas nos Estados independentes do Imperio, Rusia, China...con Sputnik V, Sinovac, Sinopharm...que son absolutamente seguras. A pesar disto o conxunto de vacinas occidentais constituen o nucleo duro do sector quimico farmacéutico, o núcleo da aposta para impulsar xunto a outros da Biotecnoloxía, unha nova recuperación da tasa de ganancias por enriba dos perigos para a saúde das e dos vacinados aportando cuantiosos recursos financeiros. A importación das vacinas rusas e chinas, especialmente da Sptnik V tamén por motivos estratéxicos, resultaría mortifera para a promoción dos fármacos occidentais e europeos. Outra causa das criminais demoras que provocan tantas mortes é a negativa a liberación das patentes para a multiplicación da produción e a competencia entre as vacinas británica e europea, Astra Zéneca e Pfizer. Úrsula Von der Leyen, Presidenta da Comisión Europea manifestouse en contra da liberación de patentes, pois deixaría sen beneficios as empresas, e sen incentivos aos seus propietarios privados para producilas . Máis claro imposíbel. A Federación Rusa practica a liberación das súas patentes e colabora na produción conxunta das súas vacinas con varios países, como a República Arxentina..

En outro extremo, o Presidente chinés Xi Jimping, ten declarado que a República Popular China nunca esquecerá a valiosa axuda solidaria que os cubanos desempeñaron ao principio da pandemia na China, salvando a vida a milleiros de chinas e chinos cos tratamentos médicos paliativos con medicamentos cubanos, como Interferon Alfa 2b, como produto terapéutico finalmente producido en China antes das vacinas. Tamén salientou que o Goberno Popular Chinés nunca deixará no desamparo a Cuba ante o bloqueo asasino e as sancións do Imperialismo criminal estadounidense, apoiando o desenvolvemento do Pais caribeño.

O Centro de Enxeneria Xenética e Biotecnoloxía (C I G B) de Cuba, asociouse a China en joint ventures, para traballar nunha nova vacina eficaz contra diferentes cepas que xurdan de coronavirus, CORONA, entre outros produtos de Biotecnoloxia. Os cubanos contribuen coa experiencia e personal, e os chineses fornecen con equipamentos e recursos. A investigación será realizada no Centro Conxunto de Innovación e Biotecnoloxia de Yongzhou na provincia chinesa de Hunan que foi creado o ano pasado con equipamentos e laboratorios proxectados por especialistas cubanos. Os produtos biotecnolóxicos cubanos foron exportados para 49 países antes da pandemia. A taxa de mortalidade na illa foi de apenas 0,59%, que se sitúa entre as máis baixas do mundo, e foi silenciada por Occidente. Cuba informou que as súas vacinas COVID-19 serían exportadas para outros países. Isto trae esperanza as nacións de rendimento baixo medio, que non poden darse o luxo de vacinar as súas poboacións polos prezos monopolistas excesivos esixidos polas grandes empresas privadas occidentaís.

Na colaboración científico médica entre Cuba e China no sector da Biotecnoloxía, amais de Venezuela, tamén os iranianos participan nos ensaios clínicos da fase III para Soberana 2. Outros países, incluíndo México, Xamaica, Vietnam, Paquistán a India, manifestaron interese en recibir as vacinas cubanas, asi como a Unión Africana que representa a 55 nacións de Africa. E probábel que Cuba cobre segundo a capacidade de pagamento dos países e non dos prezos do mercado controlado polas multinacionais privadas ,e con algúns serían gratuitas. Sen o inxusto bloqueo dos EEUU, a Cuba Socialista podería ter mellores resultados. A pesar disto, Cuba tornouse no lider mundial do combate contra a COVID-19, porque ten un Estado socialista que coloca o benestar humano antes do lucro.

A pandemia do COVID-19 parece que derivou nun conflito mundial difuso de sexta xeración, que marca tremendas diferencias entre o espazo dominado directamente polo Imperialismo Unipolar estadounidense e o mundo Multipolar e Soberano. Semella unha nova versión da pasada Guerra Fria , onde as fronteiras están máis diluidas, poren debuxándose con máis nitidez que no pasado a superioridade do Socialismo sobre o Imperialismo capitalista, a pesar de que esta pandemia pode abrir un novo ciclo económico para o capitalismo occidental, esta vez da man do sector económico da Biotecnoloxía principalmente, cunha fase de crecemento económico que preparará, sen dúbida, uhna nova recesión aínda máis profunda nun espazo moito máis reducido que o chamado Mundo Libre herdado da II Guerra Mundial para desgraza da oligarquía do Club Bilderberg, non obstante os seus éxitos nos designios globais..


FRANCISCO GRAÑA - MAIO 2021