Galiza baleirada: mala conectividade e exclusión financeira
A Galiza baleirada – que vén acompañada do envellecemento da poboación xa que o 40% ten 64 ou máis anos– é unha tendencia que se vén producindo dende hai tempo pero que ultimamente vese agravado pola carencia de medidas eficaces que motiven a volta ao rural. Aínda que chegamos tarde para medidas proactivas, que serían as idóneas, se queremos reverter a situación hai que reaccionar e solucionar, entre outros, dous graves problemas: os relacionados coa conectividade e os relativos á exclusión financeira.
Na procura dun rural produtivo – posto en valor e que motive a persoas e empresas a investir e vivir nel– hai que solucionar en primeiro lugar os problemas de conectividade que existen. O acceso á rede internet está contemplado polo Parlamento Europeo como un servizo universal mediante a directiva 2002/22/CE e matizada posteriormente con outros textos lexislativos. Así os servizos de comunicación electrónica – dunha calidade aceptable e a un prezo asumible– teñen que estar a disposición de todos/as os/as usuarios/as do territorio, independentemente da súa situación xeográfica. O que acontece é que o servizo universal de banda larga solo esixe polo de agora unha velocidade a todas luces insuficiente, non só xa para unha conexión competitiva de negocio, senón tamén incluso para unha conexión particular acorde coas necesidades de hoxe en día.
En Galiza resulta inviable –e ademais pouco recomendable– comunicar con fíos todo o territorio, polo que a solución pasa polas redes sen fíos –có 5G ademais a punto de ser operativo– mais ao non estar subvencionadas, as tarifas das operadoras son caras e limitadas en volume de acceso –obrigando a pagar máis para obter máis datos– creando unha grande desigualdade coa conexión dos núcleos urbanos que dispoñen de tarifa plana para as altas velocidades. Así é imposible tanto competir cun negocio situado e fundamentado no rural como fixar poboación nese territorio. A administración autonómica non colabora tampouco cando establece como prioridade de acceso a subvencións o criterio de orde de chegada de solicitudes en vez de valorar a calidade dun proxecto. Isto prexudica claramente a concellos e empresas do rural con problemas de conexión e baixa velocidade e non digamos se pretendemos subir a unha plataforma un proxecto ben construído e fundamentado que consecuentemente terá un gran peso na súa transmisión.
O outro aspecto a considerar é o da exclusión financeira ou a incapacidade de acceder aos servizos financeiros básicos de xeito acaído. Evidéncianse como factores de risco preponderante os aspectos espaciais e xeográficos: o peche de entidades bancarias nos concellos ou a falla de formación nas habilidades dixitais de parte da poboación, sobre todo no rural.
En Galiza hai cincuenta mil persoas –de 41 concellos maioritariamente da provincia de Ourense pero tamén doutros municipios do interior– que non contan con oficinas bancarias nin poden acceder a servizos tan simples como sacar ou ingresar cartos, actualizar apuntamentos ou pagar recibos, taxas e impostos. A situación vaise agravar coa reestruturación bancaria que sigue en marcha actualmente. A Xunta vén de anunciar un plan para crear unha rede de caixeiros de acceso universal –réplica do feito pola Generalitat valenciana en cento vinte municipios– mais o lóxico é que este sexa un servizo proporcionado polas propias entidades bancarias e non a través dos cartos públicos que deben dedicarse a outras necesidades. Bastante potencialidade económica teñen os bancos como para que se lles faga e pague o servizo de aproximación aos seus clientes desatendidos. A Administración ten que obrigar dalgún xeito a que dispoñan dunha alternativa de proximidade –por exemplo un servizo de buses-oficina como o que xa existe nalgúns casos e que soluciona o problema–. Outra cousa diferente é a formación dos/das usuarios/as, xa que a administración pode –e incluso debe– prestar un servizo de asistencia e de formación en banca electrónica, máxime aínda coa aparición de alternativas á banca tradicional que están rachando o mercado –sobre todo nos millennials– e que supoñen unha oportunidade para o desenvolvemento no rural.
A inclusión financeira tense que converter nunha prioridade política, tamén para os órganos encargados das regulamentacións e os organismos de desenvolvemento mundial. De feito dos dezasete obxectivos establecidos pola ONU para o desenvolvemento sostible, sete están relacionados coa inclusión financeira á que o G-20 engade ademais o termo dixital. O acceso a servizos financeiros facilita a vida cotiá e axuda ás persoas e empresas a planificar para todo, dende os obxectivos a longo prazo ate as emerxencias imprevistas. Ademais achega ao uso doutros servizos tales como créditos ou seguros, para iniciar e ampliar negocios, inverter en educación ou saúde, xestionar riscos e sortear crises financeiras.
Fixar poboación no rural galego, enchela de galegas e galegos de orixe e/ou adopción, é unha tarefa inaprazable na que hai que poñerse a traballar dun xeito transversal e adaptándose á transformación dixital que cambiará todos os nosos modelos dun xeito radical nestes tempos disruptivos que xa comentábamos nun artigo anterior.