Feminismo ou electoralismo
Polo pouco que me informei desta lei, é sinxelo de entender; no código penal anterior, existían dous tipos delictivos; o abuso e a agresión sexual, no caso da agresión había que demostrar que houbese violencia ou intimidación o cal sometía as mulleres a un calvario probatorio demostrando feridas no seu corpo como mostra de que hubo resistencia pola súa parte, é dicir; que si te quedabas paralizada e non te resistías, non era agresión, se te violaban entre oito ou vinte e non había feridas, non era agresión, si había sumisión química, non era agresión. Nada de esto era agresión, senon abuso. Esta lei veu para rematar con esa lóxica depravada, é un avance importante para protexer a liberdade sexual das mulleres, hai que defendelo fronte aos intentos de voltar para atrás. Esta lei elimina a distinción entre agresión sexual e abuso, está concebida esencialmente para ampliar precisamente a protección das víctimas e reducir a impunidad que até o de agora tiveron os agresores. E ante a pregunta de por que se lles reduce a condea a algúns presos por diferentes delictos sexuais, habería que aclarar que só unha minoría de xuíces fixo rebaixas das penas e que non son firmes, acortaron algunhas condenas porque non respectaron o marco do dereito transitorio vixente no ordenamento xurídico, forma parte da montaxe xudicial mediática que o PSOE terminou apuntándose por motivos electorais, cústame pensalo e crelo, mais é a realidade, e lonxísimo estou eu das incongruencias e contradiccións que ten a formación morada, pero neste caso o linchamento mediático ao que están sometidos chega a ser esgotador.
Pero a parte da confusión que esto provoca na sociedade, existe unha parte do fascio revenido preocupadísimo por os violadores liberados e ao mesmo tempo excusan e defenden ao futbolista este que violou a unha rapaza nos baños dunha discoteca, está claro para que empregan a confusión da lei, que xa de por sí é complicado de explicar, para facer propaganda en contra o goberno, claro está que non lles importa nin o máis mínimo, o que realmente sí lles importa é ver a muller nun plano de igualdade. Outro apuntamento a parte, xa que puxen de exemplo a violación cometida por o futbolista, parece ser que é unha tendencia habitual que no caso de agresión sexual os avogados recomenden á víctima que renuncie á compensación económica para que o seu testemuño sexa máis crible a ollos da opinión pública, forma parte dunha estratexia que está totalmente asentada no noso sistema xudicial, cousa que non pasa en ningún outro delicto... pero onde se veu semellante desprezo hacia a figura da muller? porque e iso, absoluto desprezo. O caso que sempre que se trata de avanzar en materia de dereitos feministas, hai unha resistencia xudicial potente.
No caso da manada ou o do futbolista, hai dúas clases de manadas; as de quenes violan e a de quenes distorsionan mediante os medios de axitación e propaganda, o lamentable é que a víctima recibe por todos os lados, regodeo da humillación, chámase.