Feixoo, o leite e os anti-políticos
O peor dano para un enfermo é renunciar ao saber da menciña, para un explotado/a é renunciar a buscar apoios para enfrontarse con quen o explota.
E hai dúas cousas tan danosas como o anterior, auto-convencerse de que estás san ou de que es rico ou vas a selo; ou tomar como culpábeis da túa situación aos que teñen o mesmo problema.
Na loita do leite desta pasada campaña puidéronse apreciar con claridade estas ideas que os do PP, como bos ideólogos burgueses, meteron na testa de moita xente, principalmente xente nova.
E moito hora de ir limpando o leiro galego de pensamentos franquistas, queda moita semente desa e os “donos do mundo occidental e de Europa” moi ben sementan....
Feixoo está empeñado en que o sector lácteo galego ten que morrer a miñoca., A Feixoo e ao PP estórballe o rural, pero ante a desfeita dos prezos do leite houbo moitos alcaldes do PP no rural que se sentiron apertados polos votantes e tiveron que subirse ao carro das mobilizacións, inda que fora para ter a xente parada nun lugar e dando voltas ao redor de si mesma.
Feixoo está a convencer a xente de que non pode facer nada polo do leite porque non pode, porque non sabe, porque non lle corresponde ou porque non lle da a gaña. Calquera destas razóns lle serven si a xente as aceita. El o que nunca fixo nin fará é meterse a resolver o problema, como fai con todo. Pero non queda aí, bótalle directamente ou mediante a Conselleira a culpa a xente de que non saben organizarse e producir, e aparecen incautos que van e pensan que as galiñas mexan e aceptan que a dez e seis céntimos se pode facer rendíbel o leite.... E cren tamén que despois da desfeita de todo o cooperativismo nos últimos anos van aparecer agora organizacións máxicas ou que os tractores sos van vencer o poder dun mercado que ademais do leite ten mercado aos que fan os decretos.
Sen presión da sociedade e sen intervención directa da Xunta garantindo o cumprimento dunhas normas non é posíbel soster o sector. Agora mesmo fai auga por todas partes. Ou facemos política ou péchannos as cortes.
Nas loitas do sector lácteo, das cotas do leite e da supertaxa o sindicalismo agrario nacionalista guiouse sempre por catro ideas claras:
1ª-O mercado do leite é directamente político. Os Gobernos pactan coa grande distribución e coa Europa dos mercados o reparto de producións e mercados.
2ª- Non abonda con apertar soamente as empresas, cumpre forzar aos poderes políticos a que se mollen e fagan que o comercio e a industria acepten respectar os dereitos dos produtores/as.
3ª- Os poderes sobre os que podemos incidir con mellor resultado para os produtores/as e os mais próximos, e ademais teñen competencias son: A Xunta de Galicia, e o Parlamento Galego.
4ª- Como é lóxico, son precisas organizacións que traballen para unir as loitas e que logren pouco a pouco o dereito a producir , a comercializar e uns prezos rendíbeis.
As tractoradas e manifestacións desta pasada campaña tiveron o mérito de darlle proxección de cara a sociedade o abandono dun sector básico na economía galega como é o leite. Iso si, debido a que a situación era límite e dende o eido institucional nacionalista, xunto co que puido axudar FRUGA se fixo arrincar as mobilizacións.
A partires da crise das vacas tolas a primeiros de século a hexemonía do sindicalismo agrario nacionalista vai desaparecendo e o poder da distribución e as industrias xunto cos gobernos da Xunta e do Estado van domesticando a loita sindical e desaparece cal quer tipo de órgano de representación do sector en Galiza. Este feito estanos custando moi caro en Galiza.
A Xunta dorme e desenténdese e a suposta negociación sindical pasa a Madrid e so cando hai queixas no sector aparece algún dos “firmóns” que Madrid ten de man para que a xente se manteña queda.A maioría das veces deu a sensación de que a representación dos gandeiros/as galegas era unipersoal.
Hai dous feitos que marcan a excepción desta dinámica no que vai de século: O período do chamado Goberno bipartito cunha Consellería rexentada polo BNG onde todo muda e o sector coñece e comproba (inda que haxa quen o esqueza adrede) como a XUNTA pode defender e negociar nunha mesa unhas medidas mínimas de apoio para o sector no seu conxunto. E outra etapa, que xa abre a actual, cando entra o Conselleiro Juárez e se alían o “negociador único e unipersoal” e as Administracións de Madrid e da Xunta para conducir aos que queren revelarse cara un foxo sen saída baténdose contra todas partes e contra si mesmos e nunca contra quen ten o poder e a obriga de amañar as cousas. O mundo ao revés:Os representantes sindicais e políticos dos gandeiros/as tranquilizan a xente, e a distribución e industrias agradécenllo eternamente.
Entra a etapa dos “anti-políticos” aos que alguén fai soñar cun sector produtor dunha elite de grandes, novos, modernos e ricos empresarios equipados de moitos trebellos tecnolóxicos e no que sobra e estorba cal quer organización e incluso goberno.
Así foron morrendo tractoradas en Compostela e noutras partes sen saber quen as desconvocou (as veces morreron elas soas) nin si se negociou algo, nin onde nin por quen, como o famoso contrato do 2012 que tanto se nomeou como un engano nas loitas do 2015.
O Conselleiro facíase o tolo, o mesmo que fai agora a Conselleira, quedando os conflitos inclusive con dirección a distancia onde os supostos dirixentes eran disque empresarios noutras partes do Estado que buscaban meter o fociño na busca de clientes compradores de trebellos e produtos milagreiros.
Inda que FRUGA o intentou de varios xeitos a posibilidade de conformar unha proposta reivindicativa conxunta e unha plataforma aberta para mobilizarse foi imposíbel. Todo estaba ben atado. Rexeitábanse os sindicatos, as asembleas, os debates e tamén o apoio da cidadanía e dos partidos políticos. Xustamente impedindo toda acción que puidera chegar a algún compromiso serio e garantido por quen ten competencias de regular no tema agrario en Galiza.
Os mais impetuosos sentíanse realizados e desafogaban indo contra algunhas cisternas polas noites.
A CONSELLERÍA DE QUITA E PON: O feito que nesta etapa mellor amosou que para Feixoo o leite e o rural son a última carta da baralla foi o quitar e poñer a Consellería do medio rural segundo onde viñese o vento como se fose o paraugas polo S.Froilán, e por certo, este último que puxo xa pode ir pasando por Negueira de Ramuín se non quédalle paraugas para pouco.
Co apoio e consentimento do PP de Feixoo, Europa e Madrid dan un paso mais na desfeita do sector lácteo galego deixando que as grandes distribuidoras impoñan prezos saltándose incluso as propias normas do mercado capitalista.Non vaian a Panamá buscar escándalos, témolos “Marca Feijoo. Escándalo garantido”. Xa sabemos, e eles tamén, que o Estado é deficitario en produtos lácteos, pero xustamente ese mercado é o que se quere ocupar por outros. Para facelo ben, nada mellor que ir a corte e matalas todas. Afundir a produción levándoa fora de Galiza. Para unha cousa que lle vendíamos a España van e quítannola. Si puidéramos poñer a Feixoo como produto reclamo mesmo nolo mercaban en Madrid como aconteceu con Raxoi....
E que pensan os comerciantes galegos si falla o leite?
Dende o nacionalismo sabemos que a paciencia é revolucionaria, como di o compañeiro Guillerme, e é preciso ir pouco a pouco pero sen afrouxar afrontando esta nova situación nesta vella Europa dos mercaderes como levamos facendo dende fai corenta anos.
Na primavera do 2015 moitos alcaldes do pp do rural vense forzados ante o empuxe da Plataforma Para a Defensa do Sector Lácteo Galego a seguir as tractoradas e as manifestacións.
O PP repite a xogada feita anos atrás na Terra do Xallas e en Compostela apoiándose nos “anti-políticos” e da un “golpe de Estado” contra o movemento de protesta estoupando dende dentro o que ía ser unha grandísima manifestación en Compostela e unha protesta que marcase época. As vilas da provincia de Lugo tiñan xa prestado un grande apoio ao sector nas manifestacións. O grandísimo perigo para o PP non eran nin son as tractoradas, era a solidariedade dos non labregos, por iso había que arredar aos gandeiros/as, e telos quedos convertendo así o que é un problema galego nun asunto menor de menos de cinco centos labregos como dixo a señora que fai de paraugas.
Tanto o PP do Sr. Feixoo, como o PSOE,como os que levan mais de dez anos amañando acordos que non se cumpren,como os “anti-políticos” están preto de lograr o que ven como única solución: QUE O SECTOR LÁCTEO GALEGO MORRA A MIÑOCA. A frase “ non hai que facerlle” parece estar creada para os galegos, mais non é certo nin nunca foi nin será así; so fai falla darse a respectar como o fan outros, e que ben lles vai.
Temos un ano de experiencia moi valioso, non lograron destruír nin desprestixiar a Plataforma Para a Defensa Do Sector Lácteo Galego e o nacionalismo non pode ter complexos para poñer as cousas no seu lugar. Ningún gobernante vendido e ningún amañador comprado pode impedir o futuro dunha fonte de vida tan importante para moitos galegos e galegas é como o leite.
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.