Eu teño tres amigos que, aínda que non se coñecen entre eles, teñen moitas cousas en común
Eu teño tres amigos que, aínda que non se coñecen entre eles, teñen moitas cousas en común:
1. Eran votantes do BNG.
2. Non votaron ao BNG nas últimas eleccións.
3. Cren saber cal è a razón pola que o BNG baixou en votos.
4. Están seguros de ter o remedio para que o BNG volva a subir.
Seguramente moitas e moitos de vos coñecedes mais exemplos, e incluso alguén pode dicir que si só sei de tres casos è que non estou no mundo, mais quero centrarme no que se fala fóra da militancia. Para "asuntos interrnos" xa hai outros articulistas moito máis experimentados ca min.
O primeiro è un home de mediana idade, con moi boa formación teórico-polìtica e que probablemente tiña deseñada a súa vida dun xeito diferente a como resultou. Formou parte de varios organismos políticos e sindicais, pero xa leva máis de dez anos fóra de escena. Téñolle moito prezo porque foi o primeiro en acollerme na cidade que xa forma parte importante da miña vida. Por aquel tempo era bastante "bloqueiro" e, sen idolatrias, apoiaba firmemente o proxecto. Non sei se por necesidade en diferenciarse ou porque esperaba algo que non chegou, as criticas e o enfrontamento foron en aumento até o punto de formar parte activa à oposición ao BNG na súa etapa na Xunta. Hai tempo que non falo con el, pero o seu diagnóstico era renovar o discurso, eliminar vellas glorias e máis compromiso ecosocial.
O segundo tamén è un home, viaxado, feito a si mesmo, aventureiro, moi implicado na súa mocidade co nacionalismo e con un apoio explícito e sen fisuras ao movemento de liberación de Euskalherrìa. Actualmente è un importante empresario e goza dunha posición económica desafogada. Critica a modernidade do discurso, e mantén contas pendentes (descoñezo cales) ou aló menos algún rancor, cos vellos militantes. Porque o BNG mantén una postura tan morna ante a situación política de Euskalerrìa? Porque os que falan español teñen agora máis espazo que antes?. Polo tanto, critica feroz ás novas incorporacións, aínda que tampouco está conforme cas que se manteñen. Segundo el, o nacionalismo galego está tan mal que o 25 de xullo non vai a Compostela porque non atopa ningunha pancarta axeitada tras a que se poñer. Refundación, esa è a súa receita.
O terceiro è o menos político. Tamén è un home, tremendamente estrito con aquelo que considera que ten que ser, aínda que lle prexudique persoalmente. Teno demostrado moitas veces. Pero tampouco apoiou ao BNG nas últimas eleccións. A cousa foi que tomou nota, unha por unha, das promesas que fixeron os Conselleiros e Conselleiras do BNG, e comprobou que algunha non se cumpriu. Ademais, pensaba que se a prensa sacaba tantas cousas, è que algo había. Non pode ser que sexa una campaña tan noxenta. Isto nestes tempos, xa non acontece. A súa nai precisaba una valoración de minusvalía e no a fixeron a tempo. Incumpriron a promesa. Punto redondo. Hai que poñer ao fronte, xente cumpridora e en Pontevedra hai sacar as bicicletas que estorban mais que solucionan.
Se calquera deles le estas liñas recoñecese ao instante. Espero que iso non supoña un problema para manter a nosa amizade.
Puxen estes exemplos para destacar que hai tantas criticas coma persoas, e tantas propostas de solucións como gotas de auga no mar. Os hai que naceron para ser líderes aínda que sexa na oposición. Os hai que miran con envexa cara outros territorios sen decatarse que en todas partes cocen fabas e è aquí onde temos que loitar. Haber se agora uns están colonizados por España e outros están colonizados por Euskadi. E os hai inxenuos (con cariño), aínda que estes últimos xa van caendo da burra. Non è sen tempo.
O BNG è una ferramenta imperfecta, e as súas xentes cometeron erros e seguiran a facelo. Pero è a mellor ferramenta que houbo e haberá para loitar por Galiza. Debemos escoitar as criticas, so faltaría! Pero recoñecer onde hai ansias de poder, de rancor, de destrución e onde hai bos desexos . parece doado, mais coido que è una das tarefas mais difíciles porque nunca poderemos ser totalmente obxectivos.