Eu decido!

Durante as ultimas semanas enchemos as rúas con actos reivindicativos a prol dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos. Pasarrúas, concentracións, debates no Parlamento, mesas redondas, nunha morea de actos previos á manifestación do pasado domingo en Compostela, convocada pola Plataforma galega pola defensa do dereito ao aborto, na cal participaron entidades e organizacións de todo tipo: feministas, partidos políticos, sindicatos, organizacións estudantís, asociacións veciñais, plataformas en defensa da sanidade pública,etc. co obxectivo de reclamar un dereito que debería ser incuestionábel: o dereito a decidir sobre os nosos corpos.
Parece mentira, mais en pleno século XXI as mulleres seguemos sendo suxeitos de segunda. Suxeitos tutelados que non podemos decidir por nós mesmas. Toda a sociedade pode opinar e decidir sobre o corpo das mulleres agás nós. O ministro de xustiza, a Conferencia Episcopal, o cadro médico, os pais e nais das menores, a parella, todo o mundo. Cando unha muller non planificou o seu embarazo, ou mesmo cando o fixo, máis decatouse de que o feto ten malformacións, non pode decidir libre e voluntariamente se quere interrompelo.
Non hai debate. Non pode habelo. Non somos obxectos que conteñen vidas. Non somos un medio de transporte, sen máis. Mais o debate actual sobre a interrupción do embarazo fai invisíbel totalmente o posicionamento das mulleres e os nosos dereitos sobre os nosos corpos.
O poder está a destinar unha gran cantidade de cartos en presionar ás mulleres, e de paso, crear un clima social de tensión fronte a este tema. Alén dos espazos de debate nos seus canles mediáticos, empapelaron todo o estado español con valados publicitarios presionando a Gallardón, colocando o debate no que saben que pode causar máis efecto na poboación, que é no feto, e na súa suposta vida desde o momento da concepción. E xa de paso, acusar ás mulleres de asasinas, para poder así seguir a defender que vaian ao cárcere, no caso de que decidan abortar (lembremos que o aborto aínda está dentro do código penal).
Mais quen decide, quen opina, quen lexisla, quen sanciona, son homes. Son os que deciden sobre nós, sobre os nosos dereitos, sobre os nosos corpos e sobre as nosas vidas.
Lembremos que mesmo cuestionan que se poida planificar un embarazo, que poidamos usar métodos anticonceptivos. Emprenderon unha guerra sen precedentes contra os dereitos máis elementais das mulleres. Pretenden que fiquemos na casa a coidar das crianzas canto máis tempo mellor. E se é preciso facelo por decreto, a golpe de lei, van facelo. Non só se trata do aborto. En Galiza opuxéronse á dispensación da pílula postocoital sen receita nas farmacias. Están desmantelando os Centros de Orientación Familiar. Destinaron cartos públicos a organizacións de ultradereita como Red Madre, e outras organizacións relixiosas para asesorar e supostamente protexer ás mulleres embarazadas, mentres acometeron recortes sen precedentes aos servizos públicos, privatizando ou incrementando os prezos dos servizos, precisos para facilitar a emancipación das mulleres, conscientes de que canto máis tempo fiquen no fogar, mellor serven para o seu modelo de sociedade ultrarretrógrado.
Defender o aborto libre, implica que podemos elixir interromper o embarazo, si, mais tamén, non facelo. Do mesmo xeito que a ninguén se lle impide ter unha crianza se quere, tampouco se pode obrigar a unha muller parir se esa non é a súa decisión.
Defender o aborto na rede pública de saúde, con carácter gratuíto, supón garantir o acceso de todas as mulleres, con independencia dos seus recursos, e por tanto garantir que non se porá en risco a saúde das mulleres.
Temos que centrar o debate nos seus termos reais: é a igrexa e o Partido Popular quen pretende opinar e decidir sobre os noso corpos. Controlarnos, someternos ao seu ditado. Obrigarnos a parir, e de paso obrigarnos a que continuemos co rol reprodutivo.