Estratexia xuventude 2013
O artigo 4.2 do Estatuto Galego di o seguinte: "Correspóndelles ós poderes públicos de Galicia promove-las condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remove-los atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilita-la participación do tódolos galegos na vida política, económica, cultural e social. "
E escollo este artigo porque parece que a moitos deses poderes públicos se lles esta esquecendo o que nel se di, comezando polo presidente da Xunta e os seus conselleiros. Xa que cada día nos amosan un novo atranco para conquerir a igualdade social e sacan un novo conxunto de ideas englobadas nun novo plan chamado estratexia xuventude 2013 rexido pola que será a primeira lei galega da xuventude.
Pero empecemos a amosar os atrancos que impoñen cada día:
1.O reparto de axudas as Anpas onde a das escolas privadas reciben unha porcentaxe maior que as Anpas dos colexios públicos.
2.O plan Abalar onde os colexios concertados superan os colexios públicos, vivimos na era dixital pero dificultamos o acceso a tecnoloxía segundo o estrato económico familiar.
3.Eliminación do portal Mancomún,org onde se apostaba polo software libre. E agora de repente anuncia unha Axenda Dixital para englobar as medidas de acceso e desenrolo das novas tecnoloxías cando Mancomún.org poñía a disposición de todos os galegos e galegas un DVD con ferramentas informáticas de código aberto, gratuítas e en galego sen necesidade de abonar custes de propiedade, e no que moitos mozos sentiámonos identificados.
4.Eliminan a rede de Dinamización da Sociedade de Información, espazos libres onde o acceso as novas tecnoloxías estaban ao alcance de calquera que o desexara, podendo ter así un maior acceso e coñecemento da sociedade.
5.Din que favorecera a inserción laboral dos mozos, como sexa coa mesma política que aplicou ata o de agora, mal imos, era a que ía acabar co paro en 4 meses e sen embargo mes a mes as cifras do paro seguen aumentado, así tamén como aumentan os contratos en precario. E o IGE (Instituto Galego de Estadística) di que a maioría dos mozos cobran 600 euros ou menos.
6.Modificaron o plan Aluga cambiando os baremos do anterior goberno chegando a beneficiar os que máis teñen fronte os que realmente necesitan unha axuda social para emanciparse.
7.Eliminan as seleccións galegas e agora acórdalles de primar o deporte fronte ao botellón, pero esqueceu que as seleccións galegas están integradas por galegos permitíndolles unha promoción social maior e impulsando así a practica do deporte ao poder ver como outros deportistas poñen o nome de Galiza no alto dun podio.
8.Desbotou o Bantegal onde moitos mozos podían por en alza a nosa agricultura, gandería ou silvicultura tan so tendo unhas leiras que traballar, pero prefiren ter as leiras a monte en vez de estar producindo.
9.Eliminase o Cultur.gal, punto de encontro de moitos mozos e sobre todo un espazo para dar a coñecer novos talentos, novos creadores, novos artistas, en definitiva revalorizar o produto cultural galego.
10....
Podo seguir dando máis exemplos de atrancos dificultando así a igualdade entre os mozos galegos e a participación tanto na vida social, cultural, económica e cultural do noso país. Xa non nos vale que saquen un coello do sombreiro do mago e intentar que fiquemos quietos e abraiados pola nova ocorrencia, non porque somos igual de galegos os mozos que vivimos na costa que os do interior, somos tan galegos os que viven nas cidades como os que viven nas vilas e por iso queremos ter as mesmas opcións, queremos ter as mesmas posibilidades. O noso estatuto nolo garante e polo tanto e o noso deber esixir que se cumpra.