Estou nun mar de dúbidas pero existo (parte final)
Todos sabemos que temos un problema grave para facer chegar as nosas mensaxes de xeito universal onde chegan as dos outros competidores electorais e segundo en que eleccións.Hai espazos mais reducidos pero que teñen moito interese como as redes nos que avanzamos moito nesta campaña. Din os expertos que os impactos mediáticos que mais inciden son os da televisión, con diferenza sobre o resto.Na prensa lense titulares e pouco mais. E urxente dende o espazo local deica o galego que unifiquemos todos os medios que teñamos para potenciar algo galeo e galeguista. A nivel local, valla a redundancia, non podemos ser tan localistas. Os alcaldes ou alcaldesas son do BNG non a inversa.Si o sistema nos tapa e nós nos escondemos o noso animal de compaña serán as toupas. Os poucos medios propios ou próximos que teñamos valen mais que o ouro. Tan importante como facerte visíbel e o modo como se fai.¡Canto valor ten agora mesmo SERMOS GALIZA.! Si non fora por el andaríamos nunha guerra civil tomando por certas tódalas mentiras dos ben pagados facendo bo o de divide e vencerás.
Ao que tamén fai falla darlle unha volta, sería ao papel que poden e deben facer os nosos cargos públicos para potenciar e facer visíbel a nosa marca. Todos coñecemos a sorpresa dun alcalde que se decatou de que tería moitos mais votos apoiado na marca BNG que como independente. Polo que parecía, os electores eran mais leais ao partido que os da propia casa.
As pasadas eleccións remataron co Antroido electoral. Rematou o tempo dos figurantes que eran políticos e non eran, eran castizos (de casta) e non eran. Eran recastados, como se di na miña terra. Que non eran de dereitas nin de esquerdas, nin de ningunha clase social, nin de ningún país, nin precisaban mais programas que o de calquera relixión ou filme: Ten que haber o duro, o bo ou o santo,o guapo,e o malo.Con estas indefinicións terían un programa para tódolos públicos.Ou sexa, para a cidadanía. No empoderamento da cidadanía entra o dono de Zara e a familia Botín? Un mundo feliz sen conflito social. A solución para a aplicación destas alternativas está, ao parecer en fraccionar os movementos sociais en círculos e tertulias e pedirlle aos organizados que se disolvan.
Logo cando chegan os conflitos reais precísanse organizacións sólidas, comprometidas e con alternativas reais e de tipo global, non so ONGS. A quen lle interesa que os parlamentos e as institucións sexan un “locus teatral ” de augas mansas? A democracia non é mais completa si apartamos aos partidos, sindicatos ou organizacións de masas; pola contra, teñen que ser o maior instrumento de participación democrática. A democracia ten a ver co uso e distribución dos bens que xeramos entre todo/as,incluídas as mais relevantes; educación, saúde, alimentos, teito, lecer e liberdades e paz.
Outra pregunta moi filosófica: ¿Podemos non é un nome mais propio para calquera dos tres compoñentes da Troica, ou para os tres xuntos?
Si, cando menos,lle puxeran” Podemos-con alma” para diferencialos dos sen alma?.
Debate sen tabús: Perfecto, pero ollo, todos e todas o facemos. Moitas veces pensamos que os tabús son os dos outros e as certezas son as nosas....¿E útil social e individualmente liquidar tódalas análises das ciencias sociais dos séculos XVIII,XIX E XX para quedarse so coas técnicas modernas de mercadeo electoral?
Como dicía o leader rebelde do filme “Queimada”; “O mais importante de todo ,inglés, é saber a onde imos antes que saber como imos....Si ti queres que eu viva ,inglés, está claro que ao meu pobo lle convén que eu morra.”
E certo, e mencionase en comentarios, que é moi importante saber como imos, pero queda nunha nube algo que nos-BNG ou BNG- nos xa experimentamos empiricamente. Preferimos guiarnos pola comprobación empírica das ciencias despois de Compte que pola fe cega da idade media. Políticas modernas fronte a políticas vellas:Si a alguén lle aprobaron o BAC afirmando que o vello é falso e o moderno certo que volva aló e que comece en primeiro. Confundir un significante temporal cun significado científico e peor que poñer o sol a andar ao redor da terra. Estas eleccións votaron moita luz sobre os programas reais das forzas emerxentes. Nunca no BNG nos fusionamos nin diluímos no PSOE.¿ Son mais demócratas, mais de esquerdas ou mais respectuosos cos dereitos das nacións e coa paz e liberdade dos pobos estes emerxentes que o PSOE.?
Respecto e aprecio moito aos nosos representantes (en sentido amplo) pero nalgúns casos hai unha vocación a auto-flaxelación e a auto-inculpación que nos leva ao carón da inmolación.
A lei do divorcio xa leva moitos anos vixente. Si a posíbel parella non te quere tratar como un igual e con outro mostrase totalmente submiso e decláralle entrega total, que trato agardamos? En realidade estásenos a pedir,compañeiros e compañeiras un casamento exprés precipitado. ¿Que tipo de embarazos se albiscan?
¿Quen di que o BNG non deu pasos positivos de apertura e achegamento a xente e a outras organizacións en calquera tempo e lugar? ¿Quen compartiu e comparte mais gobernos e loitas? ¿Que cidadán deste país ou asociación non está hoxe en día relacionado con nos? ¿Porqué hai militantes alimentando a mentira de que imos desaparecer, cando o empeoramento, xa recoñecido, da situación social en Europa e nos países periféricos van facer necesario o BNG e a súa actuación e non ningunha adaptación a unha calma social ou pacto co centralismo que representan podemos-mareas? Nesto non teño dúbidas teño unha ferramenta vella( non é o que pensades, non sexades machistas) e xa a mudarei cando vexa que a marca do “El Corte Inglés” me cadra acaída. Serei galego e desconfiado, pero non parvo.
Cara onde queremos fuxir? ¿Cara fórmulas de césares? ¿Cara solucións de cúpulas? A política moderna, ¿ xa fixo pasar a historia a seriedade e a lealdade entre socios? ¿ O xogo político e electoral permite as regras dos trileros? Dende que se produciu no Parlamento Galego un extraordinario fenómeno físico en que un polo positivo e outro negativo se mostraran atraídos sen que confluíran as masas das forzas que os soportaban naceu a teoría dos acordos de cúpulas copulando para reproducirse a si mesmos?
Mareas, pluralidade,converxencia,unidade, paradigma, nación de nacións,empoderamento, e as que veñan.... Case prefiro volver aos gregos e atoparme coa esencia e coa substancia.
O programa que algúns nos poñen é doado.¡Váiase Sr.Feijoo que xa imos nos. ¡...O lume e a auga poden chegar a acordos para repartir espazos pero non confluír e fundirse. Sí, confluír quer dicir fundir o nacionalismo.
Con qué forzas políticas organizadas e conciencia nacionalista contamos nese suposto Parlamento tan “galeguizado” cando lle indicamos na práctica ao chamado nacionalismo histórico e resistente que se suavice e damos como solución formulas que historicamente xa fracasaron?
Xa sei que mellor que esta desfeita que temos de delegado de Madrid na Xunta sirve calquera, ate sen programa. Pero o BNG non fomos nin somos calquera, nin nos sirve calquera chapuza, non por antollo si non porque volveremos a crear unha nova frustración na xente si non se resolven os problemas. Mirade Grecia. A próxima Xunta non vai ter cartos. Si a teoría de que as revolucións se fan con votos porque lle temos medo a analizar a experiencia do bipartito en profundidade? No bo e no menos bo.
Non estou renunciando a parcelas de poder, estou a preguntarme si faría falta ademais de poder, ter un pouco de poder popular. ¿Que é unha utopía o poder popular? ¿ Non será mais utopía o poder dos votos? Dende 1979. ¿En cantos concellos de Galiza tivemos alcaldías?
O BNG valemos moito e somos ben considerados non so na bolsa das institucións. Non traizoemos ao noso pobo, non nos quere ver diluídos nin remexidos. Non llo preguntedes a prensa si non a xente.
Como nos vai a votar a xente si estamos tan desdibuxados e tan avergonzados de nos mesmos que ate renunciamos ao nome pensando que dabamos tanto noxo que tiñamos que ir de camuflaxe. A xente que nos quere, que é moita, non nos vai querer mais porque mudemos de traxe e camisa tres veces ao día, e menos si mudamos de chaqueta. Xa é hora de deixarse de antroidadas e dicir ( alguén nada radical xa o dixo) que anda por aí algunha chaqueta que é do BNG e hai que devolvela.
O que espera de nos España e que nos mesturemos como masa amorfa en podemos. Xa se encargará o poder de dicir que o BNG desapareceu. ¿E para daquela que imos dicir? Que agora xa foi, que é mellor deixalo...
Pero para que a xente nos queira non temos que parecernos a ningunha marea, temos que ser o BNG e a compaña dos que se sintan ben connosco.
E o BNG valemos tanto que o único que vai facer o poder dentro duns días é tolearnos facéndonos crer que xa estamos papados. Xa falou a Voz do Poder...
Si xa valemos tan pouco e estamos tan mortos,¿ porque tanto empeño ten o poder en que nos refuxiemos en podemos? Si resulta que estamos tan “noqueados” deixarnos caer.
Como se trata de tirarnos a piscina preguntei na asemblea de Lugo onde está a piscina e si ten auga. Por ningures aparece nin si quer o plano da piscina.
As mareas seranlle útiles ao poder si son capaces de envolver ao BNG e desfacelo. Si non o logra deste xeito os catro elixidos para refundar España estarán no seu lugar e nos teremos o noso, mais grande ou pequeno pero estaremos vivos.
Falando tanto de espazos véñenme a mente dous espazos e un nome: Grecia,AGE e Beppe Grilo.
¿ Será certo que partidos políticos que con acertos e desacertos estiveron sempre loitando entre a xente e defendendo os dereitos nacionais e sociais galegos sexan un atranco de cara a vencer ao PP e galeguizar o Parlamento e a sociedade, e pola contra, un revolto de persoeiros, moitos deles rodeados de si mesmos, sexan a solución e a salvación para saír da encrucillada da maltratada Galiza.? ¿Porque temos que buscar fora fórmulas de traballo político, social, cultural,,artístico,etc que levamos nos practicando e perfeccionando dende fai mais de 40 anos?. Si queremos sumar non vaiamos pescar os peixes onde non son os nosos caladoiros, despois nin nun lado nin no outro,xa hai experiencias pouco acertadas. Mellor ir falando con quen está nas nosas ribeiras que noutras non podemos. O BNG ten bos cimentos e boa cantería, non lle metamos a pa para que despois nos acollan, si queren e baixo as súas condicións, nun pendello prestado os mesmos que están fai tempo a producir goteiras. ¿Agardamos que un cónsul galego nos marque os candidatos por orde dun César do pobo do oso e o érvedo ou a caraxica.?
Non é normal tirar o que está sólido para traer solucións líquidas como fai días indicaba alguén. O do líquido,¿ non será que van a mexar por nos e dicir que chove?
Xa é moito hora de deixar de ter pesadelos con pantasmas. Nin o Cid está tan vivo nin o cabalo tan de pe.Non lle fagamos o boca a boca ao cabalo nin ao Cid.Deixémonos xa de leadas e vaiamos ao noso.Non perder mais tempo e saúde cos que xa teñen o seu circulo, os seus xoguetes, os seus lobies e algúns o seu propio partido que se chama igual que eles.Creo recordar ter visto un día da Patria algo así.Fai unhas horas topei no Hospital Xeral con un veciño de Baleira co que tivera que verme nas concentracións parcelarias e preguntoume:¿Ti segues no BNG de vello ou no BNG do vello?. ¿Que lle pasa ao Beiras? Primeiro con uns logo con outros, ese home estalle facendo moitísimo dano ao nacionalismo, e a Galicia venlle ben un partido que nos de a respectar”....
Non serven a dia de hoxe as propagandas derrotistas e pesimistas para defender posicións que están no cerne do desesperado refuxio en podemos. O panorama está clarificado.Segundo a prensa do sistema, as mareas xa deixaron de existir, chámanse PODEMOS e ademais PODEMOS MADRID.Temos Goberno a vista, español e centralista. Saia o que saia no Goberno Galego terá a obediencia de Madrid por enriba. O BNG e o nacionalismo estarán:1- como única forza rebelde e galega.2- como co-goberno defendendo o único galeguismo que queda.3-confluídos, diluídos ou desaparecidos.
Que perdemos a representación do programa e proxecto nacionalista en Madrid.Razón sobrada para reafirmala no Parlamento galego.
A nosa conexión mediática coa xente está moi interceptada pero nos espazos onde estamos a pe de obra chegamos as persoas. Aquilo que se chamaba proselitismo e formación ¿ pode refundarse sen que desapareza? Nalgún tempo os ensinantes nacionalistas interesados polo país cumprían un bo papel, inda que o profesorado o mesmo que os pais perderon moito espazo fronte ao consumo de outras distraccións sigue sendo importante para a autoestima das persoas e de Galiza que na relación do profesorado alumnos/as haxa un pouco de canseira.
De como rexurdir e enfrontar a loita por esa liberación galega e de toda forma de opresión; cos pes na terra e non so nas institucións, podemos dar fe persoas que neste conflito do leite enfrontamos a forzas españoleiras que tiñan todo mercado e contaminado coa facciosa mensaxe de que a política e os partidos sobran.E moi preocupante que estas mensaxes estean dentro de documentos que estamos a discutir.
Onde se quita a política so quedan os ditadores ou os salvadores, que son a versión populista dos anteriores.Os labregos e a moitos mais sérvenlle as solucións do BNG pero espántanos de xunto de nos co espantallo da política. De nada lle serviu ao Sindicato Labrego Galego quitarse de enriba o mantra da política e o nacionalismo: Os seus afiliados mais activos e clarificados son os do BNG. Si hai nacionalistas que queiran pillar o tren da marea que quiten billete pronto, e logo que agarden, que o ave faise dende Madrid para a periferia.
As urnas non teñen tanto erotismo:En toda parte do mundo, e en concreto en América Latina estanse a dar procesos de liberacións e loitas polas liberdades nacionais e sociais. Deixo aquí opinións de loitadores, non teóricos, que saben moito das urnas e os seus usos.
TODO O SOLIDO DESVANÉCESE NAS URNAS. (Raúl Cebinchi). “Fai catro decadas o intelectual e militante peruano Alberto Flores Galindo degrañaba a súa opinión sobre as eleccións”. “O voto universal,individual e segredo foi unha invención xenial da burguesía, o día da votación os grupos sociais e as crases disgréganse nunha serie de individuos que deixan de pensar colectivamente como si acontece nas folgas, manifestacións ou calquera outro acto de protesta, e na “cámara segreda” aparecen as dubidas e incertidumes que os levan a votar polo establecido e non polo cambio.”
O autor de “buscando un inca: Identidade e socialismo” di “ Si as liberdades foron conquistadas por longas e potentes loitas colectivas dos oprimidos as eleccións son o modo de dispersar esa potencia plebeia”. “non critica a participación electoral so advirte sobre o feito incontestábel que se trata de xogar no terreo das clases dominantes.....na individualización impóñense o medo e os prexuizos”. Galindo conecta co Walter Bejamin neste terreo cando este último afirma: “Si os oprimidos non están organizados son incapaces de comprender o mundo, están cegos e son presa do modo de ver dos poderosos”.
Dicía un ditador arxentino diante dunha situación de grandes protestas: “ Hai que convocar eleccións, quitar a xente da rúa, metela nas casas e poñela diante dos televisores” “ Porque a lóxica do elector e da televisión é sempre a mesma:Ao poder non lle importa o que cada quen pense, sempre que o faga na soidade da súa casa”sentenciou nalgún intre Noam Chomsky. O problema para os de arriba, é a acción e reflexión colectivas.
Xa que no Antroido este ano faltaron en Lugo coplas satíricas acóllome a algúns versos dalgún poetastro crítico que me caeron nas mans:
“ Por mais voltas que lle deron
Seguiu o bipartidismo
Unhos están en fodemos
E outros seguimos fodidos.
Maiormente os galegos Por ser débiles de esprito....”
,-------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota da Fundación Bautista Álvarez, editora do dixital Terra e Tempo: As valoracións e opinións contidas nos artigos das nosas colaboradoras e dos nosos colaboradores -cuxo traballo desinteresado sempre agradeceremos- son da súa persoal e intransferíbel responsabilidade. A Fundación e mais a Unión do Povo Galego maniféstanse libremente en por elas mesmas cando o consideran oportuno. Libremente, tamén, os colaboradores e colaboradoras de Terra e Tempo son, por tanto, portavoces de si proprios e de máis ninguén.