Estados nación contra globalización
Xa fai tempo que asistimos ao proceso de Globalización e o debilitamento dos Estados-Nación, cara un Goberno Mundial “Estado Imperio”. Mais recentemente, este obxectivo do Capital globalizado enfróntase ao xurdimento de obstrucións que atrancan o seu camiño, as cales fan dubidar do seu progreso e éxito final. A creación do mercado mundial sen limitacións en extremo detrimento dos nacionais liberando trabas, obstáculos ,regulacións e as intervencións dos Estados-Nación, facilitaron o establecemento da libre circulación do Capital financeiro.
A mundialización das finanzas tamén fixo posíbel a deslocalización do proceso produtivo na súa totalidade, para abaratar custes en todas e cada unha das fases da cadea industrial e distributiva. O capital financeiro dominando os poderes políticos, coa previa ou simultánea eliminación e domesticación dos instrumentos socías de defensa das e dos traballadores, aproveitou tamén o saqueo das materias primas e auxiliares dos paises periféricos . A deslocalización dos focos de produción, por unha banda e a mobilidade da forza de traballo en precario por outra, tivo como consecuencia a elevación do ritmo de acumulación capitalista. A riqueza concentrouse progresivamente nunha oligarquia financeira cosmopolita máis reducida, co empobrecemento das maiorías sociais que tamén engloban as clases medias, para a obtención de súper beneficios nos seus investimentos a través das multinacionais, producindo estragos no aparello produtivo das nacións subordinadas.
Mais estos procesos económicos destrutivos, lexitimados pola ideoloxia neo liberal, tamén incidiron nas fraccións industriaís, públcas e privadas, do centro imperialista comezando polos EEUU. O sector estatal foi practicamente liquidado, e levou a ruína aos activos do Capital industrial dependente dos mercados nacionais nos Estados-Nación que constitúen o cerne da cadea imperialista, co desmantelamento dos Estados de Benestar e empobrecemento de partes importantes das súas privilexiadas poboacións. O Imperio Unipolar alicerzado no pais máis poderoso do mundo, os EEUU, non puído soportar máis as consecuencias da Globalización cosmopolita, pola destrución de moitas capacidades produtivas propias en beneficio dos intereses desta reducida élite global apátrida situada na cúpula do Capital financeiro, beneficiando de rebote a xeopolítica dos Estados-Nación independentes da competencia que contestan a súa dominación mundial.
A élite globalista financeira e tecnolóxica do Club Bilderberg, tense laiado da súa incapacidade para ordenar o sistema capitalista mundial e limar as súas contradicións mediante unha planificación da produción e distribución económica, du xeito análogo a como sucedía na antiga Unión Soviética, cando menos para atenuar as crises periódicas co acompañan. Pero este desexo topa coa propia natureza dun sistema cimentado xuridicamente na propiedade privada das empresas multinacionais, e a concorrencia no mercado pugnando polo seu lucro privado libre de regulacións políticas. Asimesmo este fenómeno trasládase aos distintos Estados-Nación en competencia con conflitos polo reparto do mundo.
Na actualidade a cadea de Estados-Nación capitalistas, liderados pola maior potencia, os EEUU, que coa axuda da Covid-19 afondou na crise xa existente, abre unha fenda interna económica e política entre os distintos sectores do Capital dentro do pais dominante e nos seus achegados. Entre a parte financeira e produtiva dos EEUU e dos Estados capitalistas subordinados converténdose no principal problema que os leva a inestabilidade e crise socio-política. Ata onde ?. A súa hexemonia tamén se debilitou como cabeceira da cadea imperialista, afectando a unidade da mesma ao cuestionarse a súa xerarquía actual, que a pon en perigo de rotura.
Na práctica, o papel dos marcos nacionaís foi diminuído dun modo descomunal coa Globalización do decadente modelo capitalista. Ao capital financeiro globalizado xa non lle serven como antes os Estados-Nación, incluído o estadounidense se non están subordinados a éste, pois precisan dun Centro Mundial “Estado-Imperio” que traballe sen condicións polos seus intereses. Pero este obxectivo hoxe parece inalcanzábel, por iso ainda aposta pola recuperación do seu control, desde o Estado profundo dos EEUU como o poder estatal hexemónico do Capital Global, desbotando en principio outras alternativas dubidosas e arriscadas.
O certo é, que o conflito entre o Capital Global e o Capital Nacional en todo o mundo esta servido. Ante isto, o Fascismo moderno atopa apoios populares nas clases medias subalternas seducidas polo discurso anti-comunista de salvación nacional elaborado por segmentos do capital nacional de cada país cos halos relixiosos de seu, co racismo, a exclusión, e as súas tradicións máis reaccionarias....O paradigma desta nova realidade e ben visíbel nos EEUU con Trump, pero non so aquí, tamén se observa en pequenos Estados -Nación de dependencia capitalista. Namentres o Capital Global segue a financiar manipuladas Revolucións de Cores no Mundo cara a unha Gobernanza Mundial cosmopolita ao seu servizo.
A diferencia dos Estados-Nacións imperialistas e neofascistas, marcados pola firme tendencia a conquista e dominación doutros pobos, o nacionalismo como ideoloxia baseada na defensa e emancipación dos pobos oprimidos, convértese no factor máis dinámico dos cambios positivos para a inmensa maioría da humanidade que hoxe se producen no mundo, independentemente das formas políticas adoptadas. Descartando unha guerra mundial. chegarase a un novo consenso mundial?. En todo caso, con Goberno ou sen Goberno Mundial, as loitas das e dos traballadores e dos pobos oprimidos do mundo continuarán, con máis forza se cadra , en tanto non sexa erradicado o expolio e opresión imperante no mundo que o levan a inevitábel auto destrución.