España, España; bandera, bandera

España, España; bandera, bandera

Na España respírase comprensión, igualdade, respecto, progreso, liberdade, fraternidade... vamos; todo o que ven sendo propio dunha democracia madura e experimentada, ou non...? esperade aí que me estou liando:

-Compáranse con outras monarquías pero esquecen o pequeno detalle de que esta foi imposta por un dictador, nun país arruinado, actualmente o terceiro en pobreza de toda Europa, a ver si vai ser a monarquía unha cadea que estrangula e paraliza o progreso? A historia relatao, a historia das monarquías é o da barbarie, o colonialismo, a explotación, a opulencia e sobre sobre todo a indecencia, agora, nas últimas décadas déuselle un barniz de modernidade conseguindo así colala e idelizar a súa valía en política, co respaldo e complicidade destes. Reis e nobles, sangue azul, sangue AZUL! queda claro, monarquía = progreso.

-Igualdade...? España convirteuse neste 2018 no primeir país en implantar políticas contra a desigualdad salarial... aii non!! que iso foi en Islandia, aquí hai un presidente que di "no nos metamos en eso". Síguese pensando que o soldo dun home é o principal sustento, e o da muller un complemento. A obriga dun presidente, de todo político decente é eliminar calquer obstáculo que supoña discriminación de xénero, pero estes prefiren ver a vida pasar.

-Liberdade...? temos toda a que queremos, en España non existen presos políticos, non hai tuiteros, músicos e manifestantes na cadea por expresar o que pensan, podes falar do que che pete pero sen mencionar aos Borbóns, os Franco, as cofradías, o clero, a patriotas con contas en Suiza e Panamá, en xeral, a fascistas sensibles, a eses non, advertidos estamos. Tal é o nivel de enaxenaxenación e inquina que fan meter na cadea aos que nos fan rir, e soltan a quen se ríe de nós.

-Comprensión, respecto e fraternidade...? España sempre se caracterizou por a súa diversidade de culturas que conviven fraternidade, temos o claro exemplo en Cataluña, o respecto hacia outras linguas que non sexa o castelán ou a comprensión que destilan sobre os refuxiados. Podémosllo agradecer aos seus medios de comunicación a eses pseudoperiodistas, que de todo entenden manipulando a realidade, producen e fomentan o odio, instalan prexuizos e empregan a mentira e o marketing político creando un efecto nocivo e enfermizo hacia o espectador inoculándolles un chute velenoso de patriotismo españoleiro galopante... España é así, excesiva, contradictoria, incontrolable, cómica, incoherente, demagoga.

Como anestesia para calmar esa rabia contida, hai un placebo infalible, acaparador e potente como é o negocio do fútbol, o deporte que máis fai estallar si cabe ese patriotismo chabacano e cuñadil, o Santo patriotismo de todas as Patrias, ese patriotismo prepotente de "soy español, ¿a qué quieres que te gane?" pois mira, non viría mal que gañases a pensar por ti mesmo, sen que a bandeira che nuble a vista, pero sobre todo, gustaríame que gañases en educación. España é como o típico alumno, ese fenómemo que tivemos todos en clase no cole que só se lle daban ben os deportes e relixión, dúas asignaturas imprescindíbeis para de maior ser un exemplar español alienado, coa súa correspondente pulsera vermella e amarela, para cando teña que emigrar a outro país en busca de traballo non ter que dar explicacións ao respecto. Quería fuxir das xeneralizacións mais cando tropezo co estandarte dese sentimento común, ese sentimento carente de argumento, sen ningunha base firme, non son capaz, non podo...

En fin... eu son galega, que queres que che recorde a que tes que gañar?